A Coordinadora Local reuniuse no día de onte para renovar as responsabilidades locais e definir a política de Esquerda Unida para o vindeiro ciclo político, relanzando a actividade da organización local tanto nos espazos de confluencia onde participa como desenvolvendo actividade propia froito das campañas que se leven a cabo desde Esquerda Unida Nacional ou […]
Esquerda Unida esixe a nulidade da sentenza do xuízo farsa dos activistas de Gdeim Izik, despois de coñecer que esta madrugada o tribunal marroquí, usando como probas declaracións baixo tortura, ditaminara sentenzas (de entre vinte anos e cadea perpetua) contra os activistas saharauís, que xa levan sete anos en prisión. Esquerda Unida súmase á denuncia realizada polos Observadores […]
O Ateneo Ferrolán foi o esceario onde Esquerda Unida Ferrol organizou este tarde o coloquio que leva por título “Estaleiros de futuro, Comarca de futuro”, impartido por Yolanda Díaz, coordinadora de Esquerda Unida e voceira de Industria no Congreso, e Javier Galán, membro de Esquerda Unida e presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol. […]
Esquerda Unida fai un chamamento á participación e súmase á manifestación convocada polas Marchas da Dignidade, que terá lugar en Madrid. Dende Esquerda Unida denunciamos a degradación calculada dos dereitos sociais, a demolición progresiva dos servizos públicos, que seguen a ser atacados como consecuencia da reforma do artigo 135 da Constitución, e os recortes do […]
Esquerda Unida fai un chamamento á participación na manifestación de mañá 17 de maio ás 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela, convocada pola plataforma Queremos Galego baixo o lema “En galego sen límites”. Esquerda Unida apoia unha manifestación mediante a cal a plataforma cidadá pretende poñer en evidencia os obstáculos para “vivir en […]
Esta mañá no Hotel Coia de Vigo celebrouse a Asemblea da Comarca de Vigo preparatoria para a próxima XII Asemblea Nacional do 3 de xuño en Compostela. Afiliados e simpatizantes da organización na comarca debateron tanto o Informe-Balance de xestión da Dirección Nacional sainte, o Documento Político presentado pola candidatura para a próxima dirección e […]
Esta mañá Rubén Pérez, membro da Comisión Preparatoria da XII Asemblea Nacional e secretario de Organización de Esquerda Unida xunto a Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida presentaron en rolda de prensa o punto do proceso asembleario no que se atopan camiño á XII Asemblea Nacional de Esquerda Unida. Eva Solla presentouse como […]
Esquerda Unida, da man da eurodeputada de IU, Marina Albiol, preguntará á Comisión Europea (CE) se vai levar a cabo medidas para investigar a presunta malversación de diñeiro público investido en proxectos financiados con fondos Leader en Ourense e se a CE vai contactar co Goberno español para esixir explicacións sobre estas irregularidades vinculadas á construción dunha […]
A área de Educación de Esquerda Unida manifestou hoxe o seu frontal rexeitamento á modificación introducida pola Consellería de Educación da Xunta en relación aos requisitos para acceder ás listas de interinaxes e substitucións e insta á Consellería á retirada da mesma. Para Esquerda Unida, esta modificación de criterio supón un novo ataque á calidade […]
Esquerda unida súmase ás convocatorias do 1 de Maio co motivo do Día da Clase Traballadora. A coordinadora de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, estará na Coruña e, o secretario de Organización, Rubén Pérez, acudirá á mobilización de Vigo. Dende Esquerda Unida chaman á cidadanía galega a participar nestas mobilizacións nas que tamén estarán presentes os […]
O secretario de organización de Esquerda Unida Rubén Pérez e Carlos Portomeñe , membro da dirección nacional de EU, asistirán xunto con outros militantes á homenaxe, organizada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, ao camarada e líder da Revolución Cubana FIDEL CASTRO e que terá lugar hoxe sábado ás 19:30 no Teatro Principal de […]
Esta mañá Yolanda Díaz, coordinadora Nacional de Esquerda Unida, Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida e Raquel Bernárdez, membro da Comisión Preparatoria da XII Asemblea Nacional de Esquerda Unida, presentaron en rolda de prensa a XII Asemblea Nacional de Esquerda Unida que terá lugar este vindeiro 3 de xuño en Compostela co lema […]
Esquerda Unida considera unha irresponsabilidade fiscal, máxime en tempos de crise, así como un ataque ao principio constitucional da autonomía local, a medida presentada pola Xunta de Galicia que propón que os concellos reduzan ou supriman os impostos e as taxas municipais, ademais de abaratar o chan industrial, a cambio de ter prioridade na concesión […]
Este sábado 22 de abril, coincidindo co Día Mundial da Terra, a Ciencia mobilízase para a ser visibilizada e para defender a súa dignidade. No Estado español foron convocadas diversas marchas (Barcelona, Girona, Granada, Madrid, Sevilla, Valladolid…), sendo en todo o mundo máis de 500 as convocadas en defensa da Ciencia. A área de Educación […]
A operación Lezo, desatada este mércores pola Audiencia Nacional e dedicada a buscar irregularidades en diferentes contratos públicos que logo servían para financiar ilegalmente ao PP, está agora a investigar á empresa Indra, a quen o goberno lle adxudicara o Polo industrial do aeródromo lucense de Rozas. “O Partido Popular de Galicia artellou un concurso […]
Esquerda Unida Cambre organiza este sábado 22 de abril a súa Festa Republicana anual que contará coa visita da membro da dirección de Esquerda Unida e deputada de En Marea, Eva Solla, así como a presenza dos concelleiros da Asamblea Cidadá de Cambre. Este acto terá lugar o sábado 22 de abril a partir das […]
Esquerda Unida considera lamentable a decisión do auto emitido onte pola Audiencia Provincial de Lugo, na que os altos cargos do PP lucense saen impunes de delito electoral coa decisión da Audiencia de acordar o sobresemento provisional e arquivo de actuacións no caso do carrexo de votos. “Estes feitos tan execrables, e que todos puidemos […]
Esquerda Unida apoia a folga do persoal do 112 e 061, convocada para o vindeiro sábado 15 de abril, e motivada polo traslado forzoso do persoal á Estrada, a uns 30 quilómetros de Santiago de Compostela, sen negociar coas persoas afectadas as súas novas condicións e sen contemplar ningún tipo de compensación por este desprazamento. […]
Hoxe martes 11 de abril a agrupación local de Esquerda Unida de Vigo organiza un acto de reivindicación do republicanismo. Terá lugar ás 20:00h da tarde na sede comarcal (Porta do Sol, 11bis entrechán). O acto consistirá no proxección do documental “Flores Tristes” dirixido por Teo Manuel Abad. SINOPSE As últimas fosas comunes abertas en […]
Xabier Ron, membro da dirección de Esquerda Unida e José Cuenca, membro da área de Educación de Esquerda Unida, denunciaron esta mañá en rolda de prensa a anómala situación en que vive a educación pública en Galicia debido á existencia dos concertos educativos que teñen, cada vez máis, unha mera finalidade competitiva e de lucro. […]
Os datos da Seguridade Social confirman a consolidación dun dramático fenómeno no mercado laboral consistente na destrución de emprego, concretamente do emprego indefinido e de calidade, que é substituído polo emprego autónomo, onde o 80% das persoas, atosigadas polos baixos ingresos e impostos a pagar, só permanecen dous anos. A Seguridade Social fixo públicos uns […]
Nestes últimos días estanse a consumar uns brutais, inhumanos e inaceptables feitos na capital do Sáhara Occidental. Dende Esquerda Unida condenamos enerxicamente esta desproporcionada violencia exercida polas forzas de ocupación marroquí contra a pacífica poboación saharauí, maltratada e violentada sistematicamente. Tamén entendemos que o que sucede no Aaiún esixe unha resposta firme e contundente. Neste […]
Ante a proposta do Partido Popular de conceder o galardón de “Vigueses Distinguidos” aos centros de estudo Montecastelo e Las Acacias, e ante o máis que probable apoio do PSOE, a Área de Educación de Esquerda Unida empraza aos grupos a reconsiderala e non apoiala, como xa anunciou que fará a Marea de Vigo. A […]
As políticas de recortes seguen a xerar situacións discriminatorias e dramáticas na sociedade galega, tal e como mostran os datos desprendidos do informe: Dereitos sociais nas comunidades autónomas e crise económica, presentado no Foro da Autonomía celebrado no Senado. Segundo estes datos, Galicia é unha das comunidades onde as persoas usuarias perciben unha menor contía […]