Esquerda Unida celebra a retirada da acusación contra Diego Lores

Esquerda Unida de Vigo únese á celebración pola retirada da acusación que lle pedía ao activista Diego Lores tres anos de prisión e o pago de máis de 30.000 euros de indemnización por agredir supostamente a un axente de policía durante as mobilizacións de 2014 contra a instalación do barco Bernardo Alfageme na rotonda de […]

Esquerda Unida celebra que se reabra a causa dos crimes do Tarajal

Esquerda Unida mostra o seu acordo coa reapertura da causa sobre “Os Crimes do Tarajal”, uns feitos que aconteceron o 6 de febreiro de 2014 no que 15 persoas migrantes foron, presuntamente, asasinadas cando intentaban entrar en territorio español, na fronteira de Ceuta. “Con este paso agardamos que, por fin, se faga xustiza e que […]

CONCENTRACIÓN NON AO CETA!! sábado 21 ás 12:00h. no MARCO

Vigo súmase aos centos de cidades de todo o mundo que conformarán unha fronte común no día europeo de accións descentralizadas contra o CETA, nunha concentración no MARCO ás 12h o día 21 de xaneiro coa lectura dun manifesto. CHAMAMENTO: O Tratado Económico e Comercial entre a Unión Europea e Canadá, (CETA polas súas siglas […]

Esquerda Unida denuncia a complicidade coa que algúns medios de comunicación manteñen argumentos que xustifican comportamentos machistas

Esquerda Unida reitera o seu compromiso de loita contra a violencia machista denunciando que algúns medios de comunicación permiten que nas súas páxinas se recollan artigos “de opinión” onde se denigra á muller. “Concretamente, onte padecemos esta miseria machista nun artigo aparecido en algúns medios galegos onde un home equiparaba á vítima e verdugo, mantendo […]

Esquerda Unida acudirá á mobilización a favor da dotación de máis recursos para o centro de saúde de Navia

EVA SOLLA E RUBÉN PÉREZ PARTICIPAN MAÑÁ MÉRCORES NA MOBILIZACIÓN A PROL DA DOTACIÓN DE PERSOAL E RECURSOS PARA O CENTRO DE SAÚDE DE NAVIA Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e deputada de En Marea, e  Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida, participarán mañá mércores 11 ás 19h. na mobilización, convocada […]

Esquerda Unida denuncia a precarización e a destrución do emprego de calidade en Galicia, que encabeza este mes a suba do paro en España

Foto: arquivo noticiasvigo.es O Ministerio de Emprego fixo públicos os datos de desemprego e afiliación á Seguridade Social. Galicia perdeu no pasado mes 4.809 persoas afiliadas á Seguridade Social, sendo a primeira comunidade onde máis incrementa o desemprego en España. Por desgraza, nos últimos anos, o incremento do paro é unha constante, así como o resultado […]

Esquerda Unida denuncia a precarización e destrución do emprego en Galica que encabeza este mes a suba do paro en España

O Ministerio de Emprego fixo públicos os datos de desemprego e afiliación á Seguridade Social. Galicia perdeu no pasado mes 4.809 persoas afiliadas á Seguridade Social, sendo a primeira comunidade onde máis incrementa o desemprego en España. Por desgraza, nos últimos anos, o incremento do paro é unha constante, así como o resultado dunhas políticas neoliberais […]

Xabier Ron: “Hoxe temos 16 millóns de euros menos que no 2012 para Cultura, limitando así o dereito de acceso para a cidadanía”

Xabier Ron, membro da dirección de Esquerda Unida e ex deputado de AGE, trasladou está mañá que “os Orzamentos que a Xunta dedica no 2017 á Cultura seguen a perpetuar unha senda de empobrecemento do dereito ao acceso á mesma, xa que, se ben a cultura ten que servir para socializar e ser redistribuída por […]

Esquerda Unida esixe o cese inmediato de Felix Rubial e Carolina Gómez, imputados polos casos da hepatite C

A audiencia provincial da Coruña vén de ditaminar que os dous cargos do Servicio Galego de Saúde encausados pola dilación nos tratamentos da Hepatite C deben ser imputados polos delitos de homicidio imprudente. Dende Esquerda Unida esiximos o cese inmediato do que foi o Director Xeral de Asistencia Sanitaria do SERGAS, Felix Rubial, e actual […]

E. Santiago: “Este proceso é o único onde ambas partes decidiron someterse a examinar de forma íntegra as súas responsabilidades de guerra”

Esquerda Unida Coruña organizou este xoves 22 de decembro, na Fundación ONCE, a charla: “Colombia: Paz con Xustiza Social”, un proceso en que, en palabras de Enrique Santiago “todas as partes aceptaron voluntariamente someterse de forma íntegra a examinar as súas responsabilidades de guerra para lograr a paz”. Eva Solla foi a encargada de presentar a charla e […]

Esquerda Unida súmase ás mobilizacións contra a pobreza enerxética

Esquerda Unida súmase á iniciativa nomascortesdeluz.org que apoian diferentes organizacións e colectivos para, entre outros obxectivos, reivindicar a través dun Manifesto a paralización inmediata dos cortes de electricidade a familias sen recursos, así como a aprobación de diferentes medidas contra os abusos tarifarios das compañías eléctricas. O Manifesto que apoiamos inclúe unha serie de reivindicacións fundamentais […]

Esquerda Unida recorda que detrás de cada feminicidio hai un sistema patriarcal

Dende Esquerda Unida temos que manifestar, unha vez máis, a nosa condena máis rotunda á violencia machista que cobrouse esta fin de semana dúas vítimas en Galicia, unha en Compostela e outra en Vigo. Neste senso, Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e vicepresidenta segunda do Parlamento por En Marea, traslada a súa […]

EU presenta o Manifesto do Día das Persoas Migrantes e traslada a súa preocupación pola vulneración constante dos seus dereitos

Xabier Ron, membro da dirección de Esquerda Unida e ex deputado de AGE, trasladou está mañá en rolda de prensa a súa preocupación respecto á vulneración constante dos dereitos das persoas migrantes, así como a inxusta situación na que están a vivir na actualidade. No acto presentouse o Manifesto do Día Internacional das Persoas Migrantes […]

Esquerda Unida apoia a mobilización do 15-D e coincide cos sindicatos na necesidade de saír ás rúas para pular pola recuperación dos nosos dereitos

Esquerda Unida apoia a folga dos sindicatos que terá lugar mañá, xoves 15 de decembro, en toda Galicia coa fin de mudar o escenario do noso país e pular por diferentes demandas baseadas na recuperación dos nosos dereitos, tales como un emprego de calidade, salarios dignos, pensións sostibles, garantías de poder adquisitivo para a cidadanía, […]

Eva Solla: “A pesar de que Galicia é a comunidade con máis sinistralidade, recortan máis do 96% nas partidas de seguridade no traballo”

Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e vicepresidenta segunda do Parlamento de Galicia por En Marea, valorou en Compostela os Orzamentos Autonómicos da Xunta de Galicia para o 2017. Segundo a deputada, “con estas cifras se consolidan as contas da pobreza e da degradación das condicións de acceso ao servizos públicos para a […]

Esquerda Unida denuncia a privatización dos 69 albergues públicos do Camiño de Santiago

A Xunta fuxe das súas responsabilidades como Administración Pública e usa o diñeiro de galegas e galegos para lucrar os intereses mercantís de ACS.  A privatización do noso sistema público ideada polo executivo de Feijóo segue adiante sen ningún tipo de rubor. O Camiño de Santiago, patrimonio histórico, cultural e natural de Galicia, así como […]

Esquerda Unida súmase á mobilización das Marchas da Dignidade en apoio a Emilio Cao e contra a Lei Mordaza

Mañá sábado 3 de decembro, ás 12h., Esquerda Unida sumarase á mobilización en apoio a Emilio Cao, que terá lugar na Praza Maior do Carballiño. O obxectivo principal é manifestar o apoio ao compañeiro Emilio Cao, a quen a Fiscalía lle pide 5 anos e 8 meses de cárcere por ter participado na mobilización das Marchas […]

EU felicita á comunidade educativa polo triunfo da mobilización contra as reválidas

Esquerda Unida felicita á comunidade educativa pola retirada definitiva das reválidas acordada entre o Ministerio de Educación e as Comunidades Autónomas. “Atopámonos, sen dúbida, ante un triunfo da loita levada a cabo durante os últimos anos. Con esta medida, estudantes, nais, pais e profesorado continúan impoñendo ao Partido Popular o inevitable enterro da LOMCE”, explica […]

EU amosa a súa solidariedade con todas as persoas afectadas polo VIH, coincidindo co “Día mundial da Loita contra a Sida”

Mañá, 1 de decembro, é o Día Mundial da Loita Contra a SIDA e, dende Esquerda Unida, amosamos toda a nosa solidariedade coas persoas afectadas e, máis polo miúdo, coa complicada situación económica que soportan os Comités Cidadáns Anti-SIDA de Galicia, provocada pola agresiva e prolongada política de recortes da Xunta de Galicia, que sempre […]

“Camilo, o último guerrilleiro de Galicia”

A Agrupación Local de Esquerda Unida de Vigo ten o pracer de convidarte a proxección do filme documental: “Camilo, o último guerrilleiro de Galicia” que terá lugar o vindeiro xoves 1 de decembro na sala principal dos Multicines Norte a partires das 20:15h. Entrada de balde ata completar aforo.

EU súmase á denuncia do Foro Galego de Inmigración contra a brutal expulsión dun veciño de Compostela de 19 anos

Esta mañá de domingo estase a  consumar a brutal e inhumana expulsión, contraria ao dereito, dun mozo de 19 anos veciño de Compostela e que leva vivindo con nós desde que tiña 4 anos. A súa nai, enferma, así como a súa familia residen na capital Xacobea. “O aeroporto de Barajas convértese así, e por […]

Yolanda Díaz e Eva Solla denuncian que ningunha lei contra a violencia machista será suficiente se non existe vontade para levala a cabo

Esta mañá, Yolanda Díaz, coordinadora de Esquerda Unida e deputada de En Marea no Congreso, xunto a Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e vicepresidenta segunda do Parlamento de Galicia por En Marea, denunciaron en Compostela que o día contra a Violencia Machista, que se conmemora o 25-N, é un bo momento para […]

A deixadez do goberno do PP compromete os Fondos Europeos ao incumprir en Compostela, Vigo e Ribeira a Normativa Europea de tratamento de residuos

O Estado español e diversas comunidades autónomas, entre elas Galicia, xóganse percibir decenas de millóns de euros en axudas da Unión Europea para pór en marcha plans de acción para a xestión de residuos. A Comisión Europea advertiu desta situación hai tempo ao Goberno do PP e, até agora, non se coñece que foi o […]

Vanessa Angustia participa na charla “Xaque mate ao patriarcado”

Vanessa Angustia, membro da dirección de Esquerda Unida, senadora de En Marea e voceira adxunta do Grupo Parlamentario Confederal UP-En Comú Podem-En Marea participa mañá sábado 19 de novembro na xornada contra a violencia machista que leva por título: “Xaque Mate ao patriarcado”, organizada por Izquierda Unida. Nesta xornada, que busca destacar a construción dunha […]