🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Evega organiza a primeira Semana Vitivinícola de Galicia entre o 5 e o 8 de xuño

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), dependente da Consellería do Medio Rural, organiza a primeira Semana Vitivinícola de Galicia, que se celebrará entre o 5 e 8 de xuño na cidade de Ourense. O evento pretende ser unha gran cita para o sector do viño que combinará actividades técnicas con outras de […]

Constituído o grupo de traballo para o fomento da contratación de seguros no sector vitivinícola

Onte quedou formalmente constituído, na Consellería do Medio Rural, o grupo de traballo dentro da Comisión Territorial de Seguros Agrarios encargado de avaliar e fomentar a contratación de seguros no sector vitivinícola. Deste órgano forman parte, ademais de técnicos de distintos departamentos de Medio Rural, Agroseguro, a Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa), o Consorcio […]

Ángeles Vázquez enxalza o labor dos viticultores e adegueiros galegos como “artífices do éxito dos nosos viños”

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, agradeceu hoxe o traballo dos adegueiros e viticultores galegos, que definiu como “os grandes artífices dos grandes éxitos que están acadando os nosos viños no panorama nacional e tamén no eido internacional”. Vázquez fixo este recoñecemento na inauguración do VII Salón do viño e licores galegos de calidade […]

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia invita aos viticultores e adegueiros das Neves a unha charla de presentación

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), centro dependente da Consellería do Medio Rural, fará unha presentación oficial aos adegueiros e viticultores do concello das Neves mañá, 18 de marzo, no auditorio municipal. O evento encádrase no marco dun acordo de colaboración para potenciar o sector do viño nese municipio asinado polo director […]

A Evega organizará en xuño o “I Encontro de Viticultura Galicia-Norte de Portugal”

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), adscrita á Consellería do Medio Rural, organizará no mes de xuño o I Encontro de Viticultura Galicia-Norte de Portugal. Este foro servirá para avanzar na estratexia de traballo conxunto entre ambos territorios, co fin de dar resposta aos novos retos e necesidades aos que se enfronta […]