Eva Solla presenta a campaña de afiliación de Esquerda Unida Galicia

Eva Solla, coordinadora de Esquerda Unida, xunto a membros da organización, vén de presentar esta mañá en rolda de prensa a nova campaña de afiliación de Esquerda Unida Galicia, que nace con “vocación permanente” e coa fin de “fortalecer a organización para medrar e construír políticas dende a esquerda”. “Estamos orgullosas desta campaña, coa que […]

Eva Solla denuncia a falta de previsión da Xunta de Galicia ante os colapsos nas urxencias

A coordinadora nacional de Esquerda Unida vén de denunciar que “a planificación da Consellería de Sanidade brilla pola súa ausencia ante a vaga de gripe, previsible nesta época do ano e que está a colapsar as urxencias do noso país”. Segundo explica Eva Solla, “se ben a Xunta traslada cada ano que é normal que […]

O PP impide modificar o regulamento do Parlamento que permitiría revisar o cumprimento dos acordos aprobados

En Marea presentou no pleno do Parlamento unha Proposición de Lei para a modificación do regulamento da Cámara para garantir un control ao Goberno real, algo que neste momento non se está a dar permitindo con total impunidade que a Xunta de Galicia incumpra a normativa e o propio Estatuto de Autonomía. A vicepresidenta da […]

En Marea insta á Xunta a realizar as xestións oportunas para usar ou adquirir o edificio Xeral Cíes

Esta semana coñecíase a nova de que a poxa do edificio Xeral Cíes que tivo lugar o pasado 15 de maio polo prezo de 3.552.500 euros quedou baleira. Ante esta situación, ábrese un prazo non superior a un ano, no que a Tesorería da Seguridade Social como propietaria do edificio, poderá adxudicar de xeito directo […]

En Marea pon o foco nos problemas e oportunidades da sanidade pública nunhas xornadas organizadas para este sábado

No Día da Enfermería, En Marea presenta as súa “Xornada de traballo sobre o sistema sanitario público” que se celebra mañá sábado 13 de maio na Facultade de Filosofía de Santiago para dar o debate sobre os principais problemas e retos que debe abordar a sanidade pública galega, vítima dos recortes e as privatizacións das […]

Eva Solla encabeza a candidatura “EU para a Unidade Popular”, que se presenta á coordinación de Esquerda Unida

Esta mañá Rubén Pérez, membro da Comisión Preparatoria da XII Asemblea Nacional e secretario de Organización de Esquerda Unida xunto a Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida presentaron en rolda de prensa o punto do proceso asembleario no que se atopan camiño á XII Asemblea Nacional de Esquerda Unida. Eva Solla presentouse como […]

A Xunta xustifica a venda a prezo de ´ganga` do edificio Xeral de Cíes

En Marea preguntou na comisión parlamentaria desta tarde polos motivos da Consellería de Sanidade para desbotar o edificio xeral Cies para o seu uso sanitario ou sociosanitario e a posibilidade da súa adquisición por parte da Xunta de Galicia. Despois de 40 anos acollendo intervención cirúrxicas ambulatorias, o Sergas en lugar de asumir o edificio […]

En Marea preguntará no Parlamento pola precarización do persoal de Ferrovial encargado do servizo de limpeza dos hospitais

As deputadas de En Marea Eva Solla e Paula Quinteiro, acompañadas do alcalde de Ferrol, Jorge Suárez e os concelleiros de Emprego e Benestar Social, Álvaro Montes e Saínza Ruíz, mantiveron unha reunión esta tarde con representantes do comité de empresa de Ferrovial (antiga Ferroser), adxudicataria do servizo de limpeza do Complexo Hospitalario Universitario de […]

O PPdeG bloquea a elaboración dun estudo técnico-económico para darlle uso sociosanitario ao antigo Hospital do Rebullón

Esta tarde o grupo parlamentario do PPdeG votou en contra da recuperación e posta en funcionamento do antigo Hospital do Rebullón (Mos) reperctuindo nos veciños e veciñas da comarca para atender as necesidades de servizos públicos de carácter sociosanitario. “Non esquezamos que en Galicia hai 1.700 persoas agardando por unha praza en residencia pública”, lembrou […]

Eva Solla acude este sábado á X Festa Republicana que se celebra en Cambre

Esquerda Unida Cambre organiza este sábado 22 de abril a súa Festa Republicana anual que contará coa visita da membro da dirección de Esquerda Unida e deputada de En Marea, Eva Solla, así como a presenza dos concelleiros da Asamblea Cidadá de Cambre. Este acto terá lugar o sábado 22 de abril a partir das […]

A Xunta permite a empresas privadas xestionar residencias da terceira idade sen persoal sanitario incumprindo a lei

Tralas numerosas as denuncias dos profesionais do Centro de Saúde da Laracha en relación á situación que viven na atención as persoas que se atopan no Fogar Residencial “Avós Felices”, de carácter privado e con ánimo de lucro, a vicepresidenta da Mesa do Parlamento preguntoulle ao xerente do SERGAS como é posible que a administración […]

En Marea denuncia as graves deficiencias do centro de saúde de Gondomar

A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, Eva Solla, denunciou a continua caída da capacidade de afrontar as infraestruturas necesarias en materia sanitaria, especialmente no relativo á atención primaria. Nunha rolda de prensa conxunta con Gondomar Concello Aberto presentaron unha iniciativa na que se denuncian as graves deficiencias que presenta o […]

En Marea insta á Xunta a desenvolver con carácter urxente un Plan de Saúde Mental

A deputada e vicepresidenta da Mesa do Parlamento Eva Solla defendeu hoxe no Pleno da Cámara a creación dun Plan de Saúde Mental con carácter urxente mediante unha comisión técnica que estableza un proceso participado por todas as profesionais da saúde mental e cun compromiso orzamentario que permita levalo a cabo. “A saúde mental é […]

Luz verde do Parlamento galego á iniciativa de En Marea de instar á Xunta a convocar as prazas de Enfermería Familiar e Comunitaria

A creación de prazas de Enfermeiría Familiar e Comunitaria é unha vella demanda que hoxe chegou á Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia da man dunha iniciativa de En Marea que defendeu a deputada Eva Solla. A iniciativa, aprobada por unanimidade, defende a necesidade de que o Sergas convoque canto antes estas prazas fundamentais […]

En Marea defende no pleno do Parlamento o mantemento do uso sanitario para o Hospital Provincial de Pontevedra

O grupo parlamentario de En Marea presentou na sesión plenaria de hoxe unha moción na que se instaba á Xunta de Galicia a adoptar unha serie de medidas para dar atención adecuada á área sanitaria de Pontevedra. A primeira das medidas propostas pola vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, é licitar […]

En Marea propón establecer un mecanismo de control á Xunta de Galicia para que teña que dar conta do grao de cumprimento das iniciativas aprobadas no Parlamento

A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea , Eva Solla, presentou esta mañá a proposición de Lei rexistrada polo seu grupo hoxe mesmo no Parlamento de Galicia na que se propón unha modificación do regulamento da Cámara galega para establecer un mecanismo de control para que a cidadanía poida ter coñecemento […]

En Marea insta á Xunta de Galicia a ampliar o Hospital de Montecelo deixando o Hospital Provincial de Pontevedra para atención especializada e primaria

En Marea insta á Xunta de Galicia a manter o uso sanitario de atención especializada e primaria no Hospital Provincial de Pontevedra e trasladar á futura ampliación Montecelo os servizos de hospitalización. Por este proxecto de ampliación que suma xa 8 anos de retraso sobre o que o grupo parlamentario de En Marea interpelará ao […]

Esquerda Unida denuncia a desidia do PP ante o incremento da sinistralidade laboral na que Galicia encabeza as cifras do Estado

Yolanda Díaz: “Se asumimos que a precariedade laboral mata, temos que dedicar recursos a frear unha lacra que non cae do ceo, senón que ten responsables”.  Eva Solla: “É hora de que o Goberno do PP se tome en serio a seguridade da clase traballadora, repoña os recortes en materia de seguridade no emprego e […]

En Marea considera incomprensible que a xerente do CHUO responsable do colapso deste inverno pase agora a dirixir o Hospital Clínico de Santiago

Tralas evasivas do presidente da Xunta á hora de responder a pregunta formulada onte no Pleno por Luís Villares sobre os recortes na sanidade pública, a noticia da remuda das xerencias nos catro grandes hospitais galegos só demostra a “improvisación” coa que xestiona o PP a política sanitaria. “Moven as xerencias para trasladar de Ourense […]

En Marea anuncia que solicitará un cambio de regulamento do Parlamento para facer seguemento das iniciativas aprobadas na Cámara

En Marea reuniuse esta mañá con SOS Sanidade Pública para respaldar a retirada do RD 16/2012 que deixa fóra do sistema a miles de persoas Un mecanismo de control e seguemento das iniciativas e preguntas que formulan os diferentes grupos parlamentarios na Cámara galega. É a proposta de En Marea, anunciada esta mañá pola vicepresidenta […]

En Marea preguntará pola investigación da Xunta en relación ás denuncias por presunto maltrato no centro de menores Hogar San José

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, e a deputada Paula Vázquez Verao, realizaron unha visita esta mañá ao centro de menores Hogar San José de Vigo. O grupo parlamentario ten previsto ir visitando os distintos centros públicos de política social do país, sendo este o primeiro en visitar a tenor […]

En Marea traslada á Mesa do Parlamento a solitude de información sobre o estado da transferencia da saúde penitenciaria a Galicia

A vicepresidenta 2º da Mesa do Parlamento, Eva Solla trasladará esta tarde á xuntanza da Mesa unha iniciativa para que este órgano lle reclame á Xunta información sobre o estado da transferencia competencial en materia de asistencia penitenciaria, aprobada por maioría absoluta da Cámara na anterior lexislatura (PNL 32617/PNP-002391). Dende a aprobación da proposición, o […]

En Marea trasladará ó Parlamento a recuperación dos dereitos do persoal sanitario perdidos dende 2009

A deputada e vicepresidenta da Mesa do Parlamento, Eva Solla, mantivo esta mañá unha xuntanza na Cámara galega cos sindicatos CIG-Saúde, UGT, CSIF, CCOO e SATSE da que saíu o compromiso de esixirlle á Xunta que convoque canto antes Mesa Sectorial para tratar a recuperación dos dereitos laborais que o persoal sanitario leva perdidos dende […]

Esquerda Unida acudirá á mobilización a favor da dotación de máis recursos para o centro de saúde de Navia

EVA SOLLA E RUBÉN PÉREZ PARTICIPAN MAÑÁ MÉRCORES NA MOBILIZACIÓN A PROL DA DOTACIÓN DE PERSOAL E RECURSOS PARA O CENTRO DE SAÚDE DE NAVIA Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e deputada de En Marea, e  Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida, participarán mañá mércores 11 ás 19h. na mobilización, convocada […]