O 97% do persoal de Extel secunda a folga contra a brutal modificación das condicións laborais

As traballadoras e traballadores de Extel realizaron este xoves unha estrondosa concentración (armados de chifres e potas), en resposta á modificación substancial das condicións laborais que pretende impor a dirección. A protesta, no marco dunha xornada de folga de 24 horas que rexistra un seguimento de arredor do 97% na plataforma da Coruña, foi convocada […]

Novo ataque de Extel ao emprego: pretende aplicar unha modificación brutal das condicións laborais

Logo do fraudulento ERE que a empresa aplicou a finais do pasado ano, Extel volve atacar o emprego, desta volta cunha modificación substancial colectiva das condicións laborais que, de efectivizarse, afectará a 334 traballadores/as da Coruña, dun total de 857 persoas afectadas no estado. Ao igual que ocorreu co ERE, a modificación das condicións de […]

Convocada nova xornada de folga nos centros de chamadas en Galiza

Trancorridos 26 meses desde que venceu o Convenio Estatal de Contact Center e ante o bloqueo por parte da patronal e o inmobilismo do sindicalismo español, a CIG convocou unha nova xornada de folga a nivel galego para o vindeiro día 20 de febreiro, que en empresas como Extel, Atento e Abetne contará ademais co […]

Non, segue sendo non! A loita contra os ataques de Extel non rematou

A Sección Sindical da CIG en Extel entende que hai que seguir na loita “ante os constantes ataques da empresa aos postos de traballo nesta plataforma”. Neste senso, aclaran que a central vai impugnar o ERE, porque en ningún caso a voluntariedade das baixas valida a falta de causas e ante o temor de que […]

As 107 baixas voluntarias comunicadas por Extel confirman que o ERE non ten causa

Este venres, Extel comunicou ao Comité que vai proceder ao despedimento de 239 traballadoras e traballadores en todo o Estado, das/os que 107 pertencen á plataforma da Coruña. En calquera caso, estamos ante unha intolerábel destrución de postos de traballo, cunha voluntariedade acompañada en moitos casos de coaccións por parte da dirección da empresa. O […]

Nova xornada de paros e manifestacións para rexeitar o ERE en Extel

A loita contra o ERE que Extel pretende aplicar continúa este mércores con paros laborais de dúas horas por quenda de traballo e manifestacións dende as oficinas que a empresa ten en Matogrande (A Coruña) até unha das oficinas de Adecco (propietaria de Extel). A CIG reitera que non existen causas que xustifiquen “un ERE […]

A MESA empeza unha campaña de solidariedade coas traballadoras e traballadores de Extel

As grandes empresas de luz, auga, telefonía, banca, seguros e incluso a administración pública teñen subcontratados os servizos de atención ao público a través de empresas de centros de chamadas. Na última década os centros de atención á clientela na Galiza foron pechando encanto as empresas centralizaron o servizo en grandes centros de traballo. Desde […]

A representación sindical acorda por unanimidade non asinar o ERE de Extel “porque non existen causas”

A representación sindical manifestou unha vez máis o seu rotundo non ao fraudulento ERE presentado por Extel, que hoxe deu por concluído período de consultas. O acordo que a empresa pretendeu até o último momento mercadeando coas contías económicas foi rexeitado polo conxunto da representación sindical que, por unanimidade, acordou non asinar o expediente. Neste […]

Os deputados de En Marea no Parlamento e no Congreso sumáronse a concentración en apoio aos traballadores esta mañá

O portavoz de En Marea, Luís Villares, xunto cos deputados e deputadas de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, Luca Chao e Manolo Lago, xunto coa deputada de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, e o deputado Antón Gómez Reino, sumáronse esta mañá a concentración en apoio aos traballadores e traballadoras de Extel na Coruña. […]

En Marea esixe ao goberno en funcións da Xunta de Galicia que medie no conflito laboral dos traballadores de Extel que pretende acabar con 205 empregos cun ERE inxustificado

O portavoz de En Marea, Luís Villares, os deputados electos Antón Sánchez, Manolo Lago, Luca Chao e Pancho Casal, e os representantes da Marea Atlántica, Loli Prieto, Rocío Fraga e Carmen Castro, mantiveron unha xuntanza esta tarde cos traballadores e traballadoras de Extel no local da Marea Atlántica da Coruña.  Tras o encontro, Villares denunciou […]

Traballadoras/es de Extel mobilízanse masivamente en rexeitamento ao ERE

A xornada de paros laborais enmárcase no calendario de accións xa convocadas en todo o sector polo bloqueo na negociación do convenio. Ao berro de “Este ERE ímolo parar”, as traballadoras e traballadores de Extel mobilizáronse este xoves contra o expediente de extinción que a empresa pretende aplicar e que afectará a 205 persoas na […]

En Marea contra o ERE de EXTEL que pretende despedir máis de 200 traballadores no seu centro

Os deputados electos de En Marea Antón Sánchez, Manolo Lago e Pancho Casal participaron esta mañá na concentración convocada polos traballadores e traballadoras de EXTEL diante do Edificio Proa da Coruña, contra un ERE que prevé a redución de 205 postos de traballo na sede docontact center na cidade. “Estamos apoiando ao sector dos teleoperadores, o que […]