Preto de 1.500 persoas incorpóranse á bolsa de emprego temporal para traballar na Xunta de Galicia

A bolsa de emprego temporal para traballar na Xunta de Galicia vén de incorporar 1.481 novas persoas admitidas, segundo figura nas listas para o desempeño transitorio de postos de persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral, publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). Das case 1.500 solicitudes admitidas, 405 correspóndense con listas elaboradas para o […]

A Xunta abre o prazo para inscribirse na bolsa de emprego temporal de bombeiros forestais e condutores de motobomba

A Xunta de Galicia abrirá en xaneiro un prazo de inscrición na bolsa de emprego temporal da Administración galega en dúas listas correspondentes ao servizo de defensa e extinción de incendios forestais: a de bombeiro forestal e a de bombeiro forestal-condutor de motobomba. A Consellería de Facenda, a través da Dirección Xeral da Función Pública, […]

O persoal de Unipost protestará en Santiago diante de Facenda para pedir «solucións políticas» que eviten o peche

Comisións Obreiras (CCOO) intensifica as mobilizacións do persoal de Unipost para esixir unha saída política que permita a compra deste operador postal privado e evitar o peche. O sindicato defende que a compra de Unipost por parte doutra empresa é viable, mais para iso precisa que a Axencia Tributaria, como principal acredor, o favoreza. Isto […]

O orzamento da Xunta para Política Social crece un 9% ata os 700 millóns de euros para que a recuperación económica chegue a todos os fogares

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, presentou esta tarde no Parlamento de Galicia o Orzamento do seu departamento para o vindeiro exercicio que crece nun 9% ata os 700,6 millóns de euros para “dar un forte impulso ás políticas sociais, que de novo volven ser unha prioridade en 2018 co obxectivo de […]

Xustiza, Emerxencias e Cooperación ao Desenvolvemento centran as subas nas contas de Vicepresidencia para 2018

O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, compareceu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento de Galicia para explicar os orzamentos do seu departamento para o vindeiro exercicio 2018, onde Administración de Xustiza, Emerxencias e Cooperación para o Desenvolvemento centran os incrementos nas contas de Vicepresidencia, que se incrementan […]

Os sindicatos ANPE, SATSE e CESM-OMEGA súmanse ao acordo coa Xunta para impulsar o Plan de estabilidade no emprego público

Os sindicatos do eido sanitario SATSE e CESM-OMEGA, xunto ao sindicato educativo ANPE, decidiron sumarse hoxe ao acordo sindical para desenvolver un plan de estabilidade no emprego público, que permitirá ofertar 14.750 prazas nos servizos públicos ata o ano 2020. Este acordo foi acadado o pasado 18 de outubro entre representantes da Xunta de Galicia […]

Galicia continúa entre as comunidades que pagan máis rápido aos seus provedores, 18 días antes que a media

Galicia mantense entre as comunidades autónomas que pagan máis rápido aos seus provedores, ao pechar o mes de agosto cun tempo medio de pago 18 días inferior á media autonómica, segundo mostran os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda e Función Pública. O período medio de pago de Galicia situouse en agosto en […]

O conselleiro de Facenda aposta por consolidar o crecemento san de Galicia para levar a recuperación a todos os fogares

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, reafirmou onte no Parlamento a aposta da Xunta por consolidar en Galicia un novo modelo de crecemento san, que permita completar a recuperación económica iniciada na pasada lexislatura e levala a todos os fogares galegos. Na súa intervención na Cámara galega para expoñer as liñas xerais de funcionamento do […]

Galicia sitúase como a segunda Autonomía con maior investimento per cápita do ministerio de Fomento, que destinará á nosa comunidade 900 millóns de euros en 2017

O proxecto de Presupostos Xerais do Estado coñecido hoxe sitúa Galicia como a segunda autonomía con maior investimento per capita do Ministerio de Fomento, cun gasto previsto de máis de 307 euros por habitante. En total, o esforzo presupostario do Ministerio de Fomento na nosa Comunidade chega a case 900 millóns de euros, cifra que […]

Galicia consolídase entre as comunidades con menos débeda ao estabilizar o seu endebedamento por segundo ano consecutivo

A Xunta de Galicia conseguiu manter estabilizado o seu endebedamento por segundo ano consecutivo e, deste xeito, consolídase entre as comunidades autónomas con menos débeda de toda España, segundo reflicten os datos oficiais do Banco de España publicados hoxe. Segundo explicou onte o director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, David Cabañó, a […]

Ana Miranda valora que a Eurocámara saia en defensa das persoas emigrantes retornadas acosadas por Facenda

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda valora que a Eurocámara saia na defensa dos emigrantes galegos retornados acosados por Facenda. No debate da denuncia de “acoso de Facenda ás persoas emigrantes galegas retornadas”,celebrado onte no Parlamento europeo,  a portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda e a Plataforma de afectad@s demandaron da Comisión […]

O BNG leva á Eurocámara a persecución de Facenda aos emigrantes galegos e galegas retornados

Á instancias do BNG, a Eurocámara debaterá na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, o vindeiro mércores 22 de marzo ás 11:15hs, a denuncia de persecución  a persoas emigrantes galegos retornados por parte de Facenda. A denuncia será examinada na Eurocámara a petición da portavoz do BNG, en Europa, Ana Miranda, a través do Grupo […]

Un cidadán viuse obrigado a devolver un ingreso de Facenda en protesta polo trato aos galegofalantes

Un cidadán viuse obrigado a devolver un ingreso de Facenda en protesta polo trato aos galegofalantes. A coacción de facenda contra o galego provoca molestias e trámites innecesarias só a quen utiliza o galego así o ven a denunciar A MESA pola Normalización Lingüística. A Axencia Tributaria alega excluír o galego e incumprir a lei por falta de […]