🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Xunta porá en servizo as prazas residenciais do centro de maiores de Redondela no primeiro semestre de 2018

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou este mediodía o centro de maiores de Cesantes, nesa localidade pontevedresa, integrado na rede autonómica e dependente da Consellería de Política Social. Esa infraestrutura, na que a Xunta investiu máis de 2 millóns de euros, entrou en servizo en decembro de […]

Mos bonifica no pago de impostos e taxas ás empresas que decidan asentarse no municipio

O Pleno do Concello de Mos aprobou esta mañá na súa sesión ordinaria do mes de outubro a adhesión ao convenio asinado entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP “Concellos Doing-Business Galicia” para fomentar a implantación e fixación de empresas no termo municipal de Mos. Segundo informaron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o […]

O conselleiro de Sanidade invita á Fegamp a que achegue as súas propostas sobre a Lei de saúde

Dentro da rolda de de xuntanzas informativas que está a manter con distintos colectivos, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, reuniuse hoxe cos representantes da Federación galega de municipios e provincias (Fegamp), para aclararlles as súas dúbidas respecto do anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de […]

En Marea esixe que o Parlamento de Galicia se posicione fronte aos atrancos que o Estado impón á remunicipalización dos servizos públicos

O grupo parlamentario de En Marea denuncia as trabas que a Administración central impón aos concellos que traballan para recuperar a xestión directa dos servizos que se foron privatización. Prestacións básicas para a cidadanía como a xestión das augas das que agora son responsables concesionarias “atrápao todo”. Os vicevoceiros de En Marea sinalan que os Orzamentos […]

Medio Rural acorda coa Fegamp os criterios de reparto do Plan Marco de mellora de camiños municipais para 2017

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, reuniuse esta mañá co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, e demais membros da xunta de voceiros para avanzar no deseño e execución do Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal para este ano. A xuntanza de traballo serviu […]

Analízase o papel do arquivo electrónico como vertebrador da Administración electrónica

O II Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica iniciou esta mañá a segunda e última xornada cunha mesa sobre o papel do arquivo electrónico como vertebrador da Administración electrónica, que foi presentada e moderada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. A mesa contou coas intervencións da subdirectora xeral de Arquivos e […]

Aprobada a iniciativa do BNG que instará ao Goberno central a cambiar a Lei da Tesourería Municipal

O BNG acadou hoxe un acordo por unanimidade na comisión de Administración  para que o Parlamento galego inste ao Goberno central a demandar do Goberno do Estado a eliminación da obrigatoriedade de habilitación nacional para os tesoureiros e tesoureiras dos concellos de 10.000 habitantes e un segundo punto dedicado aos concellos de entre 10.000 e […]