🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A primeira pregunta de En Marea a Feijóo no Parlamento será sobre a situación de Ferroatlántica

No primeiro pleno ordinario que se celebrará este martes e mércores, En Marea poñerá sobre a mesa cales serán as súas prioridades políticas ao longo de toda a lexislatura: a economía e o emprego, os servizos públicos e a e xustiza social. En matería de economía e emprego, En Marea centrará a súa actividade política […]

Traballadores/as de Ferroatlántica iniciarán un peche no Concello de Cee contra a venda das centrais

Logo da multitudinaria concentración do pasado sábado en Cee, o Comité de Ferroatlántica xa acordou novas mobilizacións para esixir a intervención inmediata da Xunta e a paralización da venda das centrais hidroeléctricas. A partir do vindeiro luns dará comezo un peche no Concello de Cee e haberá concentracións diarias diante da casa consistorial de 18:30h […]

A comarca de Fisterra mobilízase contra a venda das centrais hidroeléctricas

Traballadores/as, familiares, representantes políticos e veciños e veciñas da comarca de Fisterra manifestaron na tarde do sábado o seu rexeitamento unánime á venda das centrais hidroeléctricas e á segregación de actividades produtivas que pretende levar adiante Ferroatlántica, conscientes de que esta operación “será a ruína da comarca”. “Ao Grupo Villar Mir pouco lle importan os […]

EN MAREA leva ao Congreso a segregación de Ferroatlántica

Yolanda Díaz: “debemos defender os postos de traballo por enriba dos intereses económicos da empresa” Antón Gómez-Reino: “son as axudas económicas estatais as que fan viable esta empresa” En Marea presenta esta semana no Congreso dos Deputados varias iniciativas relativas á posible segregación en Ferroatlántica das centrais eléctricas das fábricas de ferroaleacións a través dos […]

Que repercusións ten para a comarca de Fisterra a segregación de actividades de Ferroatlántica?

O Comité de Ferroatlántica iniciou este domingo unha campaña informativa coa que se pretende pór de manifesto a negativa repercusión que a venda das centrais hidroeléctricas ten para a comarca. A primeira acción desta campaña consistiu nun reparto de follas informativas no mercado municipal de Cee. A representación social lembra que a segregación de actividades […]

Luís Villares: “É  inaceptable que a Xunta diga que non sabe nada da venda das plantas de Ferroatlántica, que pón en risco o 25% do PIB da comarca”

En Marea mantivo esta mañá unha xuntanza co comité de empresa de Ferroatlántica, na que os representantes dos traballadores lle trasladaron a súa preocupación polo futuro das centrais de Cee e Dumbría trala conversa que mantiveron a semana pasada co conselleiro de Economía en funcións, Francisco Conde e co director xeral de Enerxía, Ángel Bernardo […]

Primeiro xesto da Xunta: o conselleiro de Industria asiste á reunión co Comité de Ferroatlántica

O Comité de Empresa valora como un primeiro xesto positivo que, na reunión prevista para a tarde deste xoves co Director Xeral de Enerxía e Minas, comparecera tamén o Conselleiro de Industria, Francisco Conde. Non obstante entenden que o responsábel autonómico “non se expresou coa contundencia esperada polos traballadores e traballadoras, dada a gravidade da […]

O Comité denuncia a campaña de Ferroatlántica “para enganar a opinión pública con proxectos fantasiosos”

O Comité de Empresa de Ferroatlántica denuncia a “campaña de mentiras e contaminación” coa que a empresa “pretende enganar a opinión pública”. Estas afirmacións responden á visita que o Presidente de Ferroatlántica realizou esta semana á comarca para reunirse cos alcaldes de Cee e Dumbría. Unha viaxe que contrasta coa negativa de Pedro Larrea a […]

Comité de Ferroatlántica lembra á Xunta que está nas súas mans paralizar a venda das centrais

Traballadores de Ferroatlántica realizaron unha concentración este martes diante dos edificios administrativos de San Caetano en Compostela para reclamar ao Presidente da Xunta que atenda a solicitude de reunión e esixirlle que interveña, en uso das atribucións e competencias que con carácter exclusivo en materia de industria lle atribúe o Estatuto de Galiza, “para paralizar […]

Traballadores/as de Ferroatlántica concéntranse na fábrica de Cee contra a venda das centrais hidroeléctricas

Traballadores e traballadoras de Ferroatlántica concentráronse este venres pasado diante da fábrica que a empresa ten en Brens (Cee) para amosar o total rexeitamento á venda das centrais hidroeléctricas que o Grupo Villar Mir explota na comarca da Costa da Morte. Previamente á protesta, o comité e as centrais sindicais con representación (CIG, UGT e […]

En Marea esixiralle a Feijóo unha oposición rotunda da Xunta á segregación e venda das centrais galegas de Ferroatlántica

Os deputados de En Marea Antón Sánchez, Pancho Casal e Juan Merlo mantiveron esta mañá en Cee unha xuntanza co Comité de empresa de Ferroatlántica, preocupados pola ameaza dunha posible segregación de actividades da empresa que permitiría a venda das centrais, o principal motor industrial da comarca. O deputado Antón Sánchez comprometeuse a defender no […]