Denuncian desfragmentación, falta de previsión e ineficacia por parte dos responsables do deseño do operativo da loita contra os lumes en Galicia

Os responsables do Sector de Autonómica da Federación galega de empregados e empregadas dos Servizos Públicos (FeSP-UGT) e o responsable de Bombeiros Forestais denuncian desfragmentación, falta de previsión e ineficacia por parte daqueles que están ao fronte do deseño do operativo da loita contra os lumes en Galicia nesta última vaga que está a asolagar […]

Opóñense a que a Consellería de Política Social realice un convenio co Sergas para axilizar as listas de espera nos equipos de valoración e orientación de discapacidades

Neste proceso, o Comité intercentros, do que FeSP-UGT-Galicia forma parte, denuncia o escurantismo co que a Xunta realizou este convenio, parcheando así un problema de falta de recursos humanos e de cobertura de postos cunha solución externa aos órganos que teñen competencia nos procedementos en cuestión. O Comité intercentros, en reiteradas ocasións, solicitou por escrito […]

O «rotundo éxito» da folga educativa visibilizouse nas «multitudinarias» manifestacións por todo o país

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia, FeSP-UGT, Escola Viva, Sindicato de Estudantes, IESGA e STEG valoran como un «rotundo éxito» o seguimento maioritario da folga educativa: 63 % entre o profesorado e 90 % no alumnado. En opinión das organizacións convocantes, isto supón un «duro castigo» ás políticas do PP. A participación na folga visualizouse […]

Folga no ensino en Galicia o día 9 de marzo

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, da que forman parte as organizacións CONFAPA-GALICIA, CCOO-Ensino, FeSP-UGT, Sindicato de Estudantes, ESCOLA VIVA e IESGA, mais STEG, fan un chamamento á folga a toda a comunidade educativa o vindeiro 9 de marzo. O Goberno central afirma e anuncia que está disposto a acadar unha lei […]

As mobilizacións da comunidade educativa acabaron coas reválidas da LOMCE

As organizacións que integran a Plataforma en Defensa do Ensino Público consideran que a xornada de mobilización do mércores, día 26 de outubro, motivou a decisión de Mariano Rajoy de anunciar a fin das reválidas da LOMCE. A comunidade educativa «volveu falar democraticamente», sinala a Plataforma. A contestación social contra as reválidas e a LOMCE […]