🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O sector de ambulancias reclama a implicación da Xunta para que se negocie o convenio colectivo

Delegados e delegadas do sector de transporte sanitario concentráronse esta mañá diante do Sergas para reclamar a negociación do convenio colectivo, caducado desde hai dous anos, e en demanda de que a Xunta aclare se aceptou a renuncia das contratas que as empresas concesionarias solicitaron; se eses lotes se van sacar de novo a concurso […]

Política Social prima o baixo custe dun contrato público e deixa na rúa o persoal dun centro especial de emprego

Logo de adiar  a adxudicación do lote 3 correspondente á comarca de Ferrolterra, a Consellaría de políticas Sociais vén de adxudicar finalmente o concurso público do 065, á UTE Monforte S.A.-Castromil S.A.- Rías Altas S.A. A FGAMT-CIG xa alertou no seu momento que a nova empresa comunicara a actual concesionaria do servizo  a súa intención […]

A CIG lamenta que a Fiscalía desista de investigar as irregularidades no transporte sanitario do CHUAC

O transporte sanitario non urxente para as áreas da Coruña e Cee (prestado pola UTE Servizos Sanitarios da Coruña e Ambuibérica) está marcado polos incumprimentos do contrato co SERGAS: menos vehículos dos estipulados, UVIs móbiles sen dotación de persoal e mesmo  realización de servizos privados con ambulancias destinadas aos hospitais públicos. Malia recoñecer estas irregularidades […]

Política Social “insire no paro” os/as traballadores/as dun centro especial de emprego de Ferrol

A FGAMT-CIG advirte que non vai consentir que os/as traballadores/as que viñan prestando o servizo de apoio á mobilidade para persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de dependencia fiquen sen emprego, “porque a nova concesionaria non quere respectar a legalidade mentres a Consellaría de Política Social mira para outro lado”. Explica o secretario confederal […]

Seguimento total na cuarta xornada de folga na planta de Leche Celta en Pontedeume

As traballadoras e traballadores da planta de Leche Celta en Pontedeume desenvolveron este luns a cuarta xornada de folga en demanda dun convenio que dignifique os seus salarios e as súas condicións. O paro (de 12 a 16 horas) está tendo un seguimento do 100% do persoal que hoxe tamén celebrou unha asemblea ás portas […]

A terceira xornada de folga en Leche Celta rexistra un seguimento do 100%

A terceira xornada de folga na factoría de Leche Celta en Pontedeume está a rexistrar un seguimento do 100%. Ao igual que nos días anteriores, o persoal mantivo unha concentración permanente durante as catro horas que dura o paro laboral (das 12 e ás 16 horas). Logo de tres días de paros e de parálise […]

Seguimento total e xantar reivindicativo na 2ª xornada de folga en Leche Celta

O 100% dos traballadores e as traballadoras de Leche Celta SLU están secundando este luns a segunda xornada de folga convocada nas fábrica de Pontedeume contra a parálise patronal na negociación do convenio de empresa. Nesta ocasión, o persoal, ademais de concentrarse diante das instalacións, ten organizado un xantar reivindicativo no que non faltan nin […]

A FGAMT-CIG pídelle axilidade á Xunta no proceso de rescate da concesión da liña Viveiro-Ribadeo

Diante do anuncio de que a Xunta vai iniciar o proceso para a retirada  da concesión da liña de autobús A Mariña-Viveiro-Ribadeo á UTE Autos Morán-Autocares Rodríguez Domínguez, a FGAMT-CIG urxe á administración galega que formalice o rescate do servizo para non seguir prexudicando os traballadores/as afectados/as. O secretario comarcal da FGAMT-CIG de Lugo-A Mariña, […]

A falta de decisións da Consellaría mantén nunha total incerteza ao persoal do transporte non subrogado

Este martes tiveron lugar as conciliacións previas polo proceso frustrado de subrogación entre as empresas Arriva Noroeste e a UTE Autos Morán-Autocares Rodríguez Domínguez -compañía que actualmente se encarga de liña “A Mariña-Viveiro-Ribadeo, con anexos” e que se negou a asumir a totalidade do persoal subrogábel para este servizo-. As demandas presentadas -relativas ao persoal […]

Solicitan á Delegación que investigue o exceso de peso das ambulancias en todas as empresas do sector

A CIG vai presentar denuncia na Delegación do Goberno solicitando que promova unha investigación no conxunto dos sector de ambulancias para determinar cales exceden o peso máximo autorizado, ao entender que esta ilegalidade pon en risco a seguridade dos traballadores/as e dos usuarios/as. Con esta medida, explica o responsábel de Transportes, Xesús Pastoriza, a central […]

A UTE adxudicataria da liña A Mariña-Viveiro-Ribadeo négase a subrogar a 15 traballadores/as

As negativas consecuencias do plan de transportes de viaxeiros/as por estrada da Xunta estanse a notar dende o primeiro día: a UTE Autos Morán-Autocares Rodríguez Domínguez (que ten adxudicada a liña regular “A Mariña-Viveiro-Ribadeo, con anexos”) négase a asumir á totalidade dos traballadores e traballadoras de Arriva Noroeste que son sobrogábeis para este servizo. O […]

As asembleas de persoal do transporte ratifican por ampla maioría os acordos e desconvocan a folga

As asembleas de traballadores e traballadoras realizadas a última hora da tarde do mércores aprobaron por ampla maioría os acordos acadados nas mesas provinciais e na mesa galega do transporte para os novos convenios colectivos. Deste xeito queda desconvocada de maneira definitiva a folga nos autobuses de viaxeiros/as -que permanecía suspendida dende o pasado día […]

Grupo Pescanova impón de maneira unilateral o inicio da quenda de noite na fábrica de Arteixo

O Grupo Pescanova vén de impoñer, de maneira unilateral e sen a negociación correspondente, o inicio da quenda de noite no centro de traballo de Arteixo. A medida foi comunicada ao comité de empresa o pasado venres 21 de xullo e ten efectos a partir deste mesmo luns. Dende o comité e as centrais sindicais […]

Asembleas do transporte aproban case por unanimidade suspender a folga

Traballadores/as do sector de Transporte de Viaxeiros/as ratificaban esta mañá, nas asembleas celebradas simultaneamente en todo o país, o preacordo acadado onte entre os sindicatos e a patronal do sector. Un preacordo ao que se chegaba na xuntanza auspiciada pola CIG no Consello Galego de Relacións Laborais, organismo ao que a central sindical solicitou a […]

Preacordo entre sindicatos e patronal do Transporte

Sindicatos e patronal do Transporte veñen de acadar un preacordo polo que se recupera o Marco Galego de Negociación e a creación de comités provincias para discutir os convenios de cada provincia. Os avances deses comités pasarán despois ao Marco Galego e terán que ser posteriormente ratificados polas asembleas. Se as asembleas de traballadores/as, que […]

A CIG rexeita o acordo asinado por CCOO, UGT e Xunta por non recoller medidas contra a precariedade no sector do transporte

UGT e CCOO asinaron a última hora deste luns día 10 de xullo un acordo coa consellaría de Infraestruturas e Vivenda -da que depende a Dirección Xeral de Mobilidade- no que se eliminan precisamente as dúas medidas contra a precariedade que permitirían avanzar na mellora das condicións laborais das traballadoras e traballadores do sector do […]

Folga indefinida no sector de transporte de viaxeiros/as a partir do día 13 de xullo

Traballadores/as do sector de transporte de viaxeiros/as acordaron por unanimidade, nas asembleas simultáneas celebradas a primeira hora da mañá en toda Galiza, convocar folga indefinida a partir do vindeiro xoves, día 13 de xullo. A decisión tómase coincidindo cunha nova xornada de paro na que, ao igual que nas anteriores, o seguimento é masivo, secundada […]

Avanzan as negociacións coa Consellaría, pero mantéñense as xornadas de paro no transporte

A xuntanza deste venres entre as centrais sindicais e a Consellaría de Infraestruturas deixa avances nas cuestións referidas ao persoal, mais dende a representación social xa se advertiu que o plan de transportes da Xunta segue estando en cuestión, polo que se manteñen as dúas xornadas de folga convocadas no sector para o martes e […]

A Xunta reacciona por fin e convoca xuntanza tripartita do transporte

O sector de transportes da FGAMT-CIG saúda que a Consellaría de Infraestruturas teña reaccionado por fin e convoque unha reunión tripartipa para esta mesma tarde, no formato que fora pactado hai dúas semanas entre a administración, a patronal e as centrais sindicais. Porén, a central non pode deixar de lamentar a tardanza desta reacción e […]

“A Xunta debe aclarar que pasará coas rutas de autobús se, como todo indica, quedan contratos desertos”

Ante as informacións que a Consellaría de Infraestruturas está difundindo interesadamente a través dos medios de comunicación a respecto do anteproxecto do plan de transportes e os motivos que levan á convocatoria de folga, a FGAMT-CIG quere facer as seguintes aclaracións: 1. Non é certo que haxa máis de 80 empresas presentadas aos contratos do […]

A folga do transporte dá un paso adiante coa ocupación de edificios administrativos da Xunta na Coruña, Compostela e Pontevedra

A folga no transporte de viaxeiros deu onte un paso adiante coa ocupación simbólica polos piquetes informativos da Dirección Xeral de Mobilidade en Compostela e a Dirección Provincial da Coruña; mentres que en Pontevedra o peche tiña lugar no despacho do delegado da Xunta. Con esta acción búscase que a Consellaría reaccione ante o conflito […]

Seguimento masivo da 2ª xornada de folga no transporte, mentres a Xunta segue sen reaccionar

A segunda xornada de folga no transporte de viaxeiros/as está a rexistrar novamente un seguimento maioritario, que acada case o 100% do persoal no transporte de liña e ten unha “elevadísima incidencia” tanto nos autobuses dos obreiros/as como no escolar. Á vista deste éxito, a FGAMT-CIG cualifica de irresponsábel a actitude da Consellaría de Infraestruturas, […]

O transporte de viaxeiros/as para de xeito masivo na 1ª xornada de folga

A primeira xornada da folga convocada no sector de transporte de viaxeiros/as está rexistrando un seguimento superior ao 95%, tal e como se deixaba notar a primeiras horas da mañá nas estacións de autobuses de todo o país, que hoxe teñen unha actividade practicamente nula. “As traballadoras e os traballadores tomaron moi a serio a […]

Denuncia na Fiscalía para que investigue as irregularidades no transporte sanitario non urxente

UVIs móbiles sen persoal asignado, vehículos sanitarios parados nunha nave ou servizos privados realizados con ambulancias destinadas ao servizo dos hospitais públicos son algunhas das irregularidades que esta mañá a CIG puxo en coñecemento da Fiscalía para que abra investigación sobre o que está a acontecer no concerto do transporte sanitario non urxente da EOXI […]

O persoal da estiba encara a primeira xornada da folga ininterrompida de 48 horas

O sector da estiba volveu á folga este mércores, logo de que non se producira ningún avance significativo na reunión que onte mantivo a representación social coa patronal Anesco en Madrid. Pois o empresariado continúa sen atender a principal demanda dos/as traballadores/as: garantías para o mantemento de todos os empregos. Desta volta, a folga vaise […]

Denuncia contra empresas da estiba de Ferrol por suplantar traballadores en folga

A CIG presentou denuncia este venres diante a Inspección de Traballo e da Autoridade Portuaria de Ferrol contra as empresas Pérez Torres Marítima e COP Galicia por enviar a persoal propio a realizar as tarefas en dous barcos asignados a traballadoras que estaban secundaron a folga en horas alternas. A FGAMT-CIG denuncia que con esta […]

O persoal da estiba secunda a 1ª xornada de folga en defensa do emprego

Os/as traballadores/as da estiba están secundando este luns a primeira das xornadas de folga convocadas para esta semana en defensa do mantemento dos empregos. A decisión de convocar os paros (que se desenvolven dende ás nove da mañá durante as horas impares) tomouse logo de rachar as negociacións coa patronal Anesco, que está a incumprir […]

Denuncian o abandono da vixilancia nas zonas de extracción de percebe na ría de Ferrol

A FGAMT-CIG vén de denunciar o deixamento na actuación das administracións públicas no que ten a ver coa vixilancia da zona de extracción do percebe na ría de Ferrol. A Federación denuncia que nos últimos tempos están actuando furtivos/as e que “moitas destas persoas dedícanse a outras actividades laborais e veñen actuando con total impunidade”. […]

“A piques de quedar sen emprego, as traballadoras seguen a ser vítimas das ruíns actuacións do Grupo Deus”

Case un mes despois de iniciar folga, as traballadoras de Grupo Deus volvían marchar este mércores polas rúas de Ordes para denunciar os 103 despedimentos e o impago dos salarios, que xa acada as seis mensualidades. Aínda que a folga continúa, esta é a última manifestación que as traballadoras van realizar pola vila, xa que […]

O persoal de transporte de residuos exixe a Sogama responsabilidades polo incumprimento dos acordos

Os traballadores do transporte de residuos sólidos urbanos de Sogama denuncian que desde que a UTE COPASA-Renfe-Logirail asumiu esta concesión pública subcontratando a Transportes Pacholo S.L. o servizo “está sendo un caos” e as presións ao persoal son continuas, o que está xerando un clima de traballo insoportábel. Os traballadores responden así á imaxe “idílica” […]

Nin a sarabia nin o frío paralizan a loita das traballadoras do Grupo Deus

As traballadoras do Grupo Deus non se arredan nin diante das alertas meteorolóxicas, nin do frío, nin da sarabia nin da choiva. Coa dignidade que as caracteriza, as traballadoras realizaron este mércores outra marcha a pé dende a fábrica até a Alameda de Ordes para reclamar contra un ERE que é unha fraude e na […]

Prepotencia do Grupo Deus non ten límites: entrega as cartas de despedimento reiterando que non pode pagar a indemnización

A prepotencia do Grupo Deus non coñece límites. Mentres as traballadoras van camiño de cumprir as tres semanas en folga, a empresa comezou onte mesmo a entregar as cartas de despedimento, que terán efecto o vindeiro 3 de abril. Nas comunicacións, a empresa fai constar que non pode pagar a indemnización que legalmente lles corresponde […]

As traballadoras do Grupo Deus continúan esta semana coa folga e realizarán unha marcha a pé este mércores

As traballadoras do Grupo Deus continúan esta semana coa folga para esixir o cobro dos seus salarios e rexeitar o ERE de extinción co que a empresa pretende despedir a 103 empregadas. O persoal tomou a decisión de manter o paro logo de que a dirección confirmara que non ten intención de pagar ás nóminas […]

Seguimento total no primeiro día de folga no Grupo Deus

O 100% das traballadoras do Grupo Deus están a secundar a primeira xornada de folga convocada na empresa en rexeitamento ao ERE de extinción para 103 empregadas e para esixir o cobro dos salarios adebedados. Para visibilizar a súa loita, as traballadoras permanecen concentradas dende primeira hora da mañá diante da fábrica do grupo no […]

Folga no Grupo Deus para esixir o cobro dos salarios e rexeitar o ERE de extinción

As traballadoras do Grupo Deus irán á folga o martes 7, mércores 8, xoves 9 e venres 10 de marzo para esixir o cobro dos salarios adebedadas (que nestes momentos xa ascende a cinco mensualidades) e en rexeitamento ao ERE presentado pola empresa en tres das sociedades do grupo, a través do que pretende despedir […]

Madrid recoñece o erro nos coeficientes redutores da idade de xubilación dos mariñeiros e di que revisará “caso por caso”

A FGAMT-CIG de Pontevedra revelou hoxe que o Goberno central vén de recoñecer a existencia de erros na modificación dos coeficientes redutores da idade de xubilación da xente do mar e que se comprometeu a revisar “caso por caso”. Dende a central agardan que nun prazo máximo de tres meses se solucione unha problemática que […]

Se hai imputación formal, a CIG persoarase na investigación do concurso de ambulancias do 061

Diante das últimas informacións que sacuden ao sector de ambulancias de Galiza, a FGAMT-CIG compareceu en rolda de prensa para avaliar a investigación xudicial aberta por presunta prevaricación, información privilexiada e tráfico de influencias no concurso de adxudicación do transporte sanitario urxente do 061, adiantando que, no momento que haxa unha imputación formal, a central […]

O persoal de Nueva Pescanova denunciará a “mala fé” da empresa e “cortará” as horas extra como medida de presión

Boa parte do cadro de persoal de Nueva Pescanova decidiu onte nunha multitudinaria asemblea celebrada en Redondela denunciar na Inspección de Traballo a “mala fe negociadora da empresa” -que pretende impoñer un convenio que precariza as condicións laborais- e, como primeira medida de presión, “cortar” tanto as horas extras dos sábados como as que se poidan […]

O persoal de Refesa irá á folga en xaneiro se non hai acordo no convenio colectivo

A asemblea de traballadores de Remolcadores Ferrolanos SA (Refesa) acordou iniciar mobilizacións e ir á folga, diante da parálise na negociación do convenio colectivo (en ultravixencia dende 2013) e a negativa da patronal a asumir ningunha mellora nos salarios e na regulación da xornada de embarque. Así o explicaron este xoves en rolda de prensa […]

O persoal das ambulancias volve á rúa para reclamar un convenio colectivo digno

Un grupo de traballadores/as e delegados/as sindicais da CIG no sector das ambulancias desenvolveu a mañá de onte unha concentración no acceso ao hospital de día do Álvaro Cunqueiro de Vigo para reclamar un convenio colectivo digno. Dende a central denuncian que a patronal mantén paralizadas as negociacións coa complicidade da Xunta e apostan por […]