🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A UTE adxudicataria da liña A Mariña-Viveiro-Ribadeo négase a subrogar a 15 traballadores/as

As negativas consecuencias do plan de transportes de viaxeiros/as por estrada da Xunta estanse a notar dende o primeiro día: a UTE Autos Morán-Autocares Rodríguez Domínguez (que ten adxudicada a liña regular “A Mariña-Viveiro-Ribadeo, con anexos”) négase a asumir á totalidade dos traballadores e traballadoras de Arriva Noroeste que son sobrogábeis para este servizo. O […]

As asembleas de persoal do transporte ratifican por ampla maioría os acordos e desconvocan a folga

As asembleas de traballadores e traballadoras realizadas a última hora da tarde do mércores aprobaron por ampla maioría os acordos acadados nas mesas provinciais e na mesa galega do transporte para os novos convenios colectivos. Deste xeito queda desconvocada de maneira definitiva a folga nos autobuses de viaxeiros/as -que permanecía suspendida dende o pasado día […]

Avanzan as negociacións coa Consellaría, pero mantéñense as xornadas de paro no transporte

A xuntanza deste venres entre as centrais sindicais e a Consellaría de Infraestruturas deixa avances nas cuestións referidas ao persoal, mais dende a representación social xa se advertiu que o plan de transportes da Xunta segue estando en cuestión, polo que se manteñen as dúas xornadas de folga convocadas no sector para o martes e […]

A Xunta reacciona por fin e convoca xuntanza tripartita do transporte

O sector de transportes da FGAMT-CIG saúda que a Consellaría de Infraestruturas teña reaccionado por fin e convoque unha reunión tripartipa para esta mesma tarde, no formato que fora pactado hai dúas semanas entre a administración, a patronal e as centrais sindicais. Porén, a central non pode deixar de lamentar a tardanza desta reacción e […]

“A Xunta debe aclarar que pasará coas rutas de autobús se, como todo indica, quedan contratos desertos”

Ante as informacións que a Consellaría de Infraestruturas está difundindo interesadamente a través dos medios de comunicación a respecto do anteproxecto do plan de transportes e os motivos que levan á convocatoria de folga, a FGAMT-CIG quere facer as seguintes aclaracións: 1. Non é certo que haxa máis de 80 empresas presentadas aos contratos do […]

A folga do transporte dá un paso adiante coa ocupación de edificios administrativos da Xunta na Coruña, Compostela e Pontevedra

A folga no transporte de viaxeiros deu onte un paso adiante coa ocupación simbólica polos piquetes informativos da Dirección Xeral de Mobilidade en Compostela e a Dirección Provincial da Coruña; mentres que en Pontevedra o peche tiña lugar no despacho do delegado da Xunta. Con esta acción búscase que a Consellaría reaccione ante o conflito […]

CCOO repróchalle a Ethel Vázquez que «engane a cidadanía» sobre o modelo de transporte que propón a Xunta

Comisións Obreiras (CCOO) repróchalle á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que «engane a cidadanía» sobre o modelo de transporte de viaxeiras e viaxeiras en autobús que propón a Xunta. No sindicato coidan «vergoñento» que a dirixente autonómica se «escude» na experiencia de Castela e León, cando o sistema que fuciona nesa comunidade é diferente ao […]

Seguimento masivo da 2ª xornada de folga no transporte, mentres a Xunta segue sen reaccionar

A segunda xornada de folga no transporte de viaxeiros/as está a rexistrar novamente un seguimento maioritario, que acada case o 100% do persoal no transporte de liña e ten unha “elevadísima incidencia” tanto nos autobuses dos obreiros/as como no escolar. Á vista deste éxito, a FGAMT-CIG cualifica de irresponsábel a actitude da Consellaría de Infraestruturas, […]