🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Preacordo entre sindicatos e patronal do Transporte

Sindicatos e patronal do Transporte veñen de acadar un preacordo polo que se recupera o Marco Galego de Negociación e a creación de comités provincias para discutir os convenios de cada provincia. Os avances deses comités pasarán despois ao Marco Galego e terán que ser posteriormente ratificados polas asembleas. Se as asembleas de traballadores/as, que […]

A CIG rexeita o acordo asinado por CCOO, UGT e Xunta por non recoller medidas contra a precariedade no sector do transporte

UGT e CCOO asinaron a última hora deste luns día 10 de xullo un acordo coa consellaría de Infraestruturas e Vivenda -da que depende a Dirección Xeral de Mobilidade- no que se eliminan precisamente as dúas medidas contra a precariedade que permitirían avanzar na mellora das condicións laborais das traballadoras e traballadores do sector do […]

O persoal do 112 acorda en asemblea pór fin á folga de 83 días tras seren aceptadas todas as súas demandas

A unidade, persistencia e convicción do persoal do 112 que durante 83 días mantivo un pulso coa empresa e a Xunta de Galiza, fixo posíbel que a última hora de onte –mércores día 6 de xullo- se puxera fin ao conflito tras o AGA emitir un laudo no que se ven recoñecidas todas as súas […]

O Comité do 112 denunciará á Xunta ante o Comité de Peticións do Parlamento Europeo

Representantes do comité do 112 compareceron este mércores en rolda de prensa xunto coa representante do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, para anunciar a presentación dunha denuncia perante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, pola situación do servizo universal de emerxencia europeo 112 e a aplicación deficiente, por parte do Goberno da Xunta […]

A Xunta de Galiza non responde ás solicitudes de diálogo do persoal do 112

A nove días de que o comité de folga do 112 teña solicitado formalmente unha reunión coa Dirección xeral de Emerxencias e Interior, a Xunta de Galiza aínda non tivo a ben dar unha resposta. O pasado 2 de xuño representantes do cadro de persoal do servizo de emerxencias entregaron no Rexistro da Xunta un […]

O persoal do 112 pon en marcha unha campaña de “crowdfunding” para axudar a financiar a folga

A Asemblea de Traballadores e Traballadoras do 112, en folga desde o pasado 15 de abril, vén de facer pública unha campaña de financiamento colectivo, crowdfunding, coa que pretende recadar fondos para garantir a continuidade da súa loita, nunha xornada en que cumpren 47 días de paro indefinido. É a primeira vez que se lanza […]

O persoal do 112 exixe responsabilidades políticas polo deterioro do servizo

A Asemblea de Traballadores e Traballadoras do 112, en folga indefinida desde o pasado 15 de abril, exixe a asunción de responsabilidades políticas por parte dos dirixentes do Governo autonómico que xestionaron o traslado do 112 á Estrada, tendo en conta que desde que a central de emerxencias foi deslocalizada os tempos de resposta ante […]

Comezan as negociacións do persoal do 112 coa empresa a un mes do inicio da folga

A un mes do inicio da folga que comezou o pasado 15 de abril no 112, o Comité de Empresa saúda o inicio de negociacións con Telemark Spain SL grazas á intervención da Axencia Galega de Arbitraxe (AGA), que convocou unha primeira reunión para este xoves 18 de maio ás 11:00 na sede do Consello […]

Fallos informáticos obrigan ao persoal do 112 a atender as emerxencias cos seus móbiles

O persoal do 112, en folga desde o pasado 15 de abril, viña advertindo desde hai meses dos fallos que se estaban a producir na plataforma informática que entraría en uso coincidindo co traslado do centro de atención de emerxencias a Estrada. Hoxe denuncian que durante toda a mañá eses fallos impediron facer chamadas de […]