Persoal do Sergas concéntrase diante da Consellaría de Sanidade en demanda da recuperación dos acordos suspendidos

Persoal do Sergas concentrouse esta mañá, coincidindo coa segunda xornada de folga, diante da consellaría de Sanidade para exixir a recuperación dos seus dereitos laborais e salariais, suspendidos desde o ano 2010. Ao remate da mobilización a CIG-Saúde, convocante da folga, fixo entrega dun escrito no que se resumen todas as súas demandas. A secretaria […]

A CIG lanza unha campaña de mobilizacións pola recuperación de dereitos laborais e sociais

O secretario xeral da CIG , Suso Seixo, compareceu esta mañá en rolda de prensa, acompañado polo secretario confederal de Comunicación, Francisco Miranda Vigo, para anunciar unha campaña de mobilizacións pola recuperación de dereitos laborais e sociais que, polo momento, se traduce na convocatoria dunha manifestación nacional en Compostela, o 28 de xaneiro, en defensa […]

En Marea pide o indulto para os traballadores vigueses condenados por participar nunha folga xeral

En Marea rexistrou no Congreso dos Deputados unha Proposición Non de Lei (PNL) para o seu debate na Comisión de Xustiza, relativa ao indulto dos traballadores vigueses condenados por participar nunha folga legal. Trátase de Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, condenados en 2011 a tres anos de cadea por exercer o dereito de folga. Tanto Rivas […]