Traballadoras/es de Xustiza toman as rúas de Compostela en demanda de que rematen as discriminacións

Miles de funcionarias e funcionarios de Xustiza tomaron as rúas compostelás, portando maletas, e ao berro de “Eu non me vou”. Respondían así ao convite que lles fixo en mesa de negociación o Director Xeral de Función Pública, Xosé María Barreiro, quen os/as convidou a pedir o traslado a outra comunidade autónoma se estaban descontentos/as […]

O persoal de Masol Iberia Biofuel, en folga para esixir melloras salariais e laborais

Os traballadores e as traballadoras de Masol Iberia Biofuel están secundando este luns a primeira das catro xornadas de folga convocadas nas instalacións de Ferrol para esixir a equiparación das súas condicións laborais, salariais e sociais coas que xa ten o persoal doutras plantas da empresa no Estado español. A folga, cun seguimento de practicamente […]

Seguimento masivo da segunda xornada da folga indefinida na xustiza

A segunda xornada de folga indefinida na administración de Xustiza está a ser un éxito e nalgunhas cidades, como Ourense e Lugo, mesmo se supera o seguimento acadado no día de onte. Dende CIG-Xustiza valórase de xeito moi positivo a resposta que as traballadoras e traballadores de Galiza están dando á convocatoria e que amosa […]

O persoal de xustiza está chamado a mobilizarse en Santiago o 25 de xaneiro

Á espera de que se produza unha nova reunión entre a representación social e a Xunta de Galiza, o comité de folga continúa adiante coa convocatoria do paro xeral na administración de xustiza galega do vindeiro xoves 25 de xaneiro. Coincidindo coa folga, para ese día está convocada tamén unha manifestación en Santiago de Compostela, […]

Mantense a folga do día 25 na xustiza ante as propostas insuficientes da Xunta

As centrais sindicais con representación na administración de Xustiza de Galiza manteñen a convocatoria de folga para o vindeiro 25 de xaneiro tras resultaren insuficientes as propostas trasladadas pola Consellaría durante a xuntanza mantida este martes. Aínda que no encontro, con mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, se produciron avances en tres dos cinco […]

A segunda xornada de folga no sector de xustiza de Galiza rexistra un seguimento do 90%

As traballadoras e traballadores da Administración de xustiza responderon á falta de vontade negociadora da Xunta secundando masivamente a segunda xornada de folga convocada no sector, que este mércores rexistra unha participación no conxunto do país do 90%.  Dende CIG-Xustiza manifestaron a satisfacción polo apoio logrado, que provocou que numerosos xulgados e servizos estean pechados […]

Convocada folga indefinida no servizo de recollida do lixo de Ponteareas para reclamar uns soldos dignos

O cadro de persoal de FCC, concesionaria da recollida do lixo do Concello de Ponteareas, decidiu finalmente convocar folga indefinida a partir do vindeiro luns 18 para reclamar un novo convenio colectivo que fixe uns soldos dignos. Os 20 traballadores/as do servizo, cunha xornada que se estende de luns a sábado, ingresan pouco máis do […]

A primeira xornada de folga na Administración de xustiza galega rexistra un seguimento do 85%

O primeiro día de folga dos dous convocados na Administración de xustiza galega para rexeitar o desmantelamento do sector e reclamar unhas condicións laborais dignas rexistrou un seguimento do 85% no conxunto do país. Dende as centrais promotoras valoran moi positivamente a incidencia do paro, que provocou o peche de numerosos centros de traballo, e […]

Noveno día de folga das traballadoras de Bershka: “Non nos moverán, queremos traballar en igualdade salarial”

As traballadoras das tendas Bershka da provincia de Pontevedra cumpriron hoxe o noveno día de folga consecutiva para esixir que se equiparen as súas condicións coas  condicións laborais e salariais que se aplican nas tendas da firma doutras provincias. Unha xornada máis, o persoal secundou a folga ao 100%, polo que as tendas de Vigo, […]

O seguimento da folga nos centros sanitarios é do 2,68% e estanse a cumprir ao 100% os servizos mínimos

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde destacan que a folga convocada pola organización sindical CIG para o día de hoxe foi secundada nos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde na quenda de maña por un 2,68% do total dos convocados. Na quenda de noite a convocatoria non tivo ningún seguimento. […]

CIG-Saúde valora positivamente o seguimento da folga xeral no Sergas

A CIG-Saúde vén de valorar positivamente tanto o seguimento da folga xeral convocada no Sergas para hoxe e mañá venres como as mostras de apoio recibidas das traballadoras e traballadores da sanidade pública galega. O persoal do Sergas súmase ao rexeitamento da posición da consellaría de Sanidade, que se negou a establecer un calendario de […]

SAGAP e ante os recentes acontecementos derivados da convocatoria de folga para os días 2 e 3 de novembro comunica

SAGAP e ante os recentes acontecementos derivados da convocatoria de folga para os días 2 e 3 de novembro, transmite e consideran que o acordo firmado polas centrais sindicais CCOO, UXT, CSIF, SATSE e USAE e indigno e irresponsable, que amosa unha política de sumisión que supón un retroceso na defensa dos dereitos dos/as traballadores/as, téndose […]

A maioría sindical desconvoca a folga na sanidade pública

Os sindicatos CCOO, CSI-F, SAE, SATSE e UGT, que representan a maioría do persoal sanitario, confirmaron esta mañá nunha comparecencia de prensa conxunta que desconvocan a folga na sanidade pública prevista para os días 2 e 3 de novembro. O detonante desta decisión foi o acordo asinado do SERGAS para desbloquear a carreira profesional, que […]

As traballadoras de Bershka da provincia de Pontevedra levan as súas reivindicacións á sede de Inditex

Traballadoras de Bershka da provincia de Pontevedra, que están en folga indefinida dende o 26 de outubro, trasladaron este luns até a sede de Inditex en Arteixo as súas protestas en demanda da aplicación das melloras laborais pactadas noutras provincias e rematar así coa discriminación que padecen. O persoal desenvolveu unha concentración ás portas da […]

CIG-Saúde mantén convocatoria de folga no Sergas o 2 e 3 de novembro

A CIG-Saúde mantén a convocatoria de folga para os días 2 e 3 de novembro. Asegura que non se vai sumar a sinatura do acordo do Sergas coas organizacións sindicais da plataforma porque “simplemente non se solucionou ningún conflito”. Considera que a proposta presentada polo Sergas sobre carreira profesional deixa máis dúbidas que certezas e denuncia […]

A Xunta acada un acordo con CCOO, UGT, Satse, CSIF e SAE para desconvocar a folga prevista para principios de novembro

Entre os aspectos firmados neste acordo, destaca a negociación das bases da carreira ordinaria de todo o persoal do Sergas, que deberá estar rematada no mes de xuño do vindeiro ano. Nestas bases de carreira ordinaria, contemplarase un sistema transitorio de encadre para o acceso, por unha soa vez, a un único grao (grao I […]

A ver se entendo o que esta pasando en Catalunya cos controladores

1º O goberno privatiza os controis aéreos de España o 15 decembro 2010 por aquel entón José Luis Rodríguez Zapatero era o presidente. 2º Sacan a concurso para facerse cos servizos dos controis que por aquel entón facia á GARDA CIVIL. 3º O concurso gáñao a empresa EULEN, empresa que por aquel entón era un […]

As centrais sindicais chaman os traballadores/as do sector do metal coruñés a seguir na loita por un convenio provincial digno

Os tres sindicatos con representación na mesa de negociación do convenio do metal da provincia da Coruña, CIG, CCOO e UGT veñen de emitir un manifesto no que avalían o estado actual das negociacións, detallan as súas reivindicacións e chaman a todas as traballadoras e traballadores a loitar por conseguilo. MANIFESTO A plataforma reivindicativa que […]

Paros consolidados na cuarta xornada de folga do metal da provincia da Coruña

CCOO salienta o «éxito» da xornada de folga de hoxe no sector coruñés do metal, cos paros consolidados desde primeiras horas. Igual que nas anteriores xornadas de folga, a actividade está completamente parada nos polígonos industriais. Durante a mañá e o mediodía haberá diferentes actos reivindicativos na Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela. Ante a […]

Parálise nos polígonos industriais coruñeses con motivo da folga do metal

​A folga do sector do metal da provincia da Coruña volveu paralizar os principais polígonos industriais. Malia os avances nas negociacións no día de onte, mañá mércores terá lugar igualmente a cuarta xornada de folga. O secretario xeral de CCOO-Industria, Víctor Ledo, informa de que a patronal persiste en bloquear nas negociacións cuestións como a […]

A práctica totalidade do cadro de persoal de GKN en Vigo secunda os paros para reclamar un convenio xusto

A folga convocada na empresa GKN Driveline de Vigo para reclamar un convenio colectivo xusto está a ter un seguimento prácticamente total por parte dos traballadores/as, xa que ao inicio das tres primeiras quendas unicamente entraron a traballar tres técnicos/as. Os paros na compañía da automoción, que emprega a 980 persoas no polígono de Balaídos, […]

Éxito total na segunda xornada de paro no metal da Coruña

A segunda xornada de folga no metal da provincia da Coruña está resultando un total éxito ao rexistrar un seguimento aínda maior que o do paro realizado o pasado xoves, e confirma así a vontade dos traballadores e traballadores do sector para pelexar por recuperar os seus dereitos e o poder adquisitivo perdidos nos últimos […]

Desconvocada a folga en Denso tras acordar un convenio por tres anos

A asemblea de traballadores/as de Denso Sistemas Térmicos, compañía de automoción con sede en Vigo, decidiu este luns desconvocar a folga indefinida prevista para as 6.00 horas tras ratificar o preacordo acadado entre o comité de empresa e a dirección por 275 votos a favor e 39 en contra. Deste xeito, o novo convenio colectivo […]

Convocan folga indefinida en Denso polos incumprimentos da empresa e o desacordo na negociación do convenio

O comité de empresa de Denso, compañía do sector da automoción con sede en Vigo, vén de convocar folga indefinida a partir deste luns 26 para denunciar os incumprimentos da empresa no que respecta ao convenio colectivo en vigor e a parálise da negociación do novo convenio. A contratación, os ritmos de traballo e a […]