A Xunta abrirá expedientes informativos ante o elevado incumprimento dos servizos mínimos na folga de transporte, con miles de alumnos e familias afectados

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, xunto cos secretarios xerais técnicos das respectivas consellerías, Joaquín Macho e Jesús Oitavén, e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantiveron un encontro para analizar a incidencia da folga do transporte público, no que acordaron […]

O xoves comeza a folga do metal da provincia da Coruña

O xoves, día 22 de xuño, será a primeira xornada de folga do sector do metal da provincia da Coruña. CCOO, UGT e CIG chaman as traballadoras e traballadores a daren un apoio «masivo» á convocatoria para que a patronal desbloquee a negociación do convenio colectivo, estancada desde hai meses. A folga terá continuidade os […]

Seguimento masivo da 2ª xornada de folga no transporte, mentres a Xunta segue sen reaccionar

A segunda xornada de folga no transporte de viaxeiros/as está a rexistrar novamente un seguimento maioritario, que acada case o 100% do persoal no transporte de liña e ten unha “elevadísima incidencia” tanto nos autobuses dos obreiros/as como no escolar. Á vista deste éxito, a FGAMT-CIG cualifica de irresponsábel a actitude da Consellaría de Infraestruturas, […]

O transporte de viaxeiros/as para de xeito masivo na 1ª xornada de folga

A primeira xornada da folga convocada no sector de transporte de viaxeiros/as está rexistrando un seguimento superior ao 95%, tal e como se deixaba notar a primeiras horas da mañá nas estacións de autobuses de todo o país, que hoxe teñen unha actividade practicamente nula. “As traballadoras e os traballadores tomaron moi a serio a […]

A Xunta chama á responsabilidade no cumprimento dos servizos mínimos na folga de transporte e o respecto aos dereitos dos traballadores e ás necesidades dos escolares

A Xunta de Galicia chama á responsabilidade para facer posible o dereito á folga co cumprimento dos servizos mínimos establecidos e o respecto ás necesidades dos escolares e das súas familias, así como aos dereitos dos traballadores que decidiron acudir hoxe aos seus postos de traballo. Ante a convocatoria sindical de dúas xornadas de folga […]

Folga en defensa do emprego e das condicións de traballo no sector de transporte en autobús

CCOO, UGT e CIG manteñen mantén a convocatoria de folga no sector de transporte de viaxeiras e viaxeiros en autobús. Os paros terán lugar os días 20 e 21 de xuño e repetiranse cada martes e mércores. Deste xeito os sindicatos protestan cpmtra a conxelación das condicións laborais no ámbito e tamén contra a reordenación […]

A Xunta mantén a súa oferta de diálogo e negociación sobre un Plan de transporte que ten por obxectivo garantir os servizos aos cidadáns e os empregos no sector

A Xunta mantén a súa oferta de diálogo e negociación sobre a primeira fase do Plan de transporte público de Galicia, unha iniciativa que ten como único obxectivo garantir os servizos aos cidadáns e os postos de traballo no sector. Este plan é a resposta do Goberno galego á decisión de parte das empresas de […]

O persoal da estiba encara a primeira xornada da folga ininterrompida de 48 horas

O sector da estiba volveu á folga este mércores, logo de que non se producira ningún avance significativo na reunión que onte mantivo a representación social coa patronal Anesco en Madrid. Pois o empresariado continúa sen atender a principal demanda dos/as traballadores/as: garantías para o mantemento de todos os empregos. Desta volta, a folga vaise […]

Denuncia contra empresas da estiba de Ferrol por suplantar traballadores en folga

A CIG presentou denuncia este venres diante a Inspección de Traballo e da Autoridade Portuaria de Ferrol contra as empresas Pérez Torres Marítima e COP Galicia por enviar a persoal propio a realizar as tarefas en dous barcos asignados a traballadoras que estaban secundaron a folga en horas alternas. A FGAMT-CIG denuncia que con esta […]

Lídia Senra levará ante a Comisión Europea a problemática que están a padecer os traballadores/as do 112

Reuniuse este mércores pola tarde na súa oficina en Santiago de Compostela con representantes do Comité de Folga do  Servizo de Atención a Emerxencias de Galiza 112, que levan un mes e unha semana secundando un paro indefinido en protesta polas consecuencias do traslado da súa sede, da capital galega á Estrada, efectuado a mediados […]

Convocan paros en Faurecia Asientos por incumprimentos en saúde laboral e aumento dos ritmos de produción

As seccións sindicais da CIG e da CUT na compañía viguesa Faurecia-Asientos de Galicia veñen de convocar paros de seis horas durante tres días ante os incumprimentos en saúde laboral e o aumento da produción. Ao mesmo tempo, desenvolverán concentracións diante da empresa coincidindo coas tres xornadas de folga, previstas para o mércores 10, xoves […]

Representantes de servizos de emerxencias denuncian problemas de coordinación por fallos no 112

A Xunta de Galiza emitía este luns un comunicado negando todas as denuncias recollidas no manifesto conxunto que acababan de facer público os colectivos dos servizos de atención a emerxencias de Galiza. Onte estes colectivos compareceron en rolda de prensa non só para reiterar esas denuncias senón tamén para pór exemplos concretos nos que a […]

O persoal da Axencia Galega de Emerxencias, 112, anuncia folga indefinida a partir do 15 de abril

Representantes do comité de empresa do Servizo de Atención a Emerxencias de Galiza, 112, acompañados por membros do comité do 061, compareceron esta mañá en rolda de prensa para anunciar a convocatoria dunha folga indefinida que comezará na quenda de mañá do sábado 15 de abril. Os traballadores e traballadoras levan meses mobilizándose para denunciar […]

“A piques de quedar sen emprego, as traballadoras seguen a ser vítimas das ruíns actuacións do Grupo Deus”

Case un mes despois de iniciar folga, as traballadoras de Grupo Deus volvían marchar este mércores polas rúas de Ordes para denunciar os 103 despedimentos e o impago dos salarios, que xa acada as seis mensualidades. Aínda que a folga continúa, esta é a última manifestación que as traballadoras van realizar pola vila, xa que […]

Convocada folga na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium en defensa dos empregos e a actividade destes museos

As traballadoras e os traballadores dos museos científicos municipais da Coruña irán á folga varios días durante o mes de abril para defender os seus empregos e o mantemento da actividade na Casa das Ciencias, a Casa dos Peixes e a Casa do Home (Domus), que, de non actuar o Concello con urxencia e eficacia, […]

A asemblea de Pescanova ratifica a suspensión da folga indefinida mentres se celebran as negociacións sobre o convenio

A asemblea de traballadores/as de Pescanova celebrada hoxe en Chapela aprobou por unanimidade a proposta das centrais de suspender a folga indefinida prevista para o vindeiro día 4 mentres se celebran as xuntanzas fixadas pola mediación laboral para intentar chegar a un consenso sobre os novos convenios colectivos. Con todo, o cadro de persoal da […]

A mediación fixa tres xuntanzas para abordar o incremento salarial, a flexibilidade e as novas categorías laborais en Pescanova

A Inspección de Traballo, que esta tarde iniciou a mediación no conflito laboral de Pescanova a instancias da Xunta, fixou tres xuntanzas entre a CIG, CUT, UGT e USO e a dirección -CCOO participa nunha mesa de negociación distinta tras o veto dos outros sindicatos polo seu comportamento desleal- para abordar o que até o […]

Centos de persoas solidarízanse coa loita do persoal de Nueva Pescanova na segunda xornada de folga

Varios centos de persoas participaron hoxe na manifestación convocada en Vigo polo cadro de persoal de Nueva Pescanova coincidindo coa segunda xornada de folga para reclamar uns convenios colectivos dignos na empresa de alimentación. Durante a marcha berráronse consignas a prol da posta en liberdade do traballador detido pola Policía española a primeira hora da […]

Un detido na folga de Pescanova

Hoxe ás oito da mañá era detido Luis Bar, traballador de Pescanova e activista sindical da CUT, membro da Executiva Comarcal de Vigo. Dende as cinco da mañá o piquete das traballadoras e traballadores agardaban a saída das compañeiras e compañeiros da quenda de noite. A partitura ademais, como non podería ser doutra maneira, estivo […]

“Levantámonos porque non imos precarizar o emprego nin ser propiedade deles de luns a domingo”

Ana Bélen Vázquez Martínez Operaria de produción no centro industrial de Pescanova España en Chapela. Leva 14 anos na empresa e é a única representante da CUT na negociación do Convenio Colectivo. Pescanova vive un momento histórico. É a primeira vez que paran as máquinas dende a creación da empresa en 1960. Case 11 meses […]

O cadro de persoal de Pescanova convoca unha manifestación coincidindo co segundo día de folga

O cadro de persoal de Nueva Pescanova decidiu convocar unha manifestación en Vigo coincidindo coa segunda xornada de folga deste martes 21 para reclamar uns convenios colectivos dignos. Ao mesmo tempo, as centrais CIG, CUT, UGT e USO revelaron que barallan denunciar na Fiscalía a “actitude chulesca” da Policía española durante o primeiro día de […]

A totalidade do cadro de persoal de Nueva Pescanova secunda o primeiro día de folga polo bloqueo do convenio

O 100% do cadro de persoal de Nueva Pescanova está a secundar a primeira das dúas xornadas de folga convocadas polas centrais CIG, CUT, UGT e USO para reclamar uns convenios colectivos dignos e rexeitar a precarización das condicións laborais. Coincidindo co paro, centos de empregados/as concentráronse dende primeira hora da mañá ás portas dos […]

Empregados de Pescanova impiden a entrada do persoal de ETT na empresa

Os traballadores/as de Nueva Pescanova impediron este sábado a entrada do persoal de ETT nas instalacións da empresa para evitar que se fagan horas extras. O empregados/as da compañía de alimentación decidiran en asemblea deixar de facer horas extras como medida de presión ante o bloqueo das negociación do convenio colectivo, polo que a dirección […]

Exitosa a folga estudantil na cidade de Vigo e en toda Galiza

A folga en todos os niveis educativos de Galiza se estipulou que se secundou nun 90% das aulas baleiras nos centros de ensino da Galiza este xoves, día 9 de marzo, a folga a nivel de toda a rama educativa, desde a primaria a secundaria a bachillerato e universitario, a folga unitaria contra a  LOMCE, […]