O persoal do Grupo Deus mobilízase en Ordes na segunda xornada de folga

A segunda xornada de folga no Grupo Deus está a rexistrar un seguimento total. Dende primeiras horas, as traballadoras volveron concentrarse ás portas da fábrica no Polígono Industrial de Ordes, berrando contra un ERE que consideran unha fraude e denunciando o impago dos salarios. Para dar máis visibilidade a súa loita, o persoal desenvolveu unha […]

O persoal de Pescanova convoca dúas xornadas de folga polo bloqueo da negociación do convenio

O cadro de persoal de Nueva Pescanova decidiu hoxe nunha multitudinaria asemblea celebrada en Redondela convocar dúas xornadas de folga os vindeiros martes 14 e 21 de marzo ante o bloqueo da renovación dos convenios colectivos tras máis de 10 meses de conversas. Ademais, os traballadores/as acordaron que no caso de que non se produzan […]

Os estibadores suspenden a folga convocada no conxunto do Estado para os días 6 e 8 de marzo

Os estibadores decidiron hoxe suspender a folga prevista no conxunto do Estado español para os vindeiros días 6 e 8 de marzo ante a negativa dos grupos políticos do Congreso a apoiar o decreto lei proposto de xeito unilateral polo Ministerio de Fomento para liberalizar o sector. As centrais con representación na estiba, entre elas […]

Convocada folga en todos os niveis educativos de Galiza para o día 9 de marzo

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga en todos os niveis educativos de Galiza para o día 9 de marzo.  “A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público pretende con esta folga asestar un golpe mortal e definitivo á LOMCE e aos recortes no ensino público para restituír os dereitos laborais e […]

O sector galego dos centros de chamadas volve á rúa para reclamar un convenio digno

Os traballadores/as galegos/as do sector dos centros de chamadas están a secundar amplamente a folga de 24 horas convocada pola CIG para reclamar un convenio colectivo xusto. Centos de empregados/as aproveitaron a xornada para mobilizarse polas rúas da Coruña, Vigo e Lugo en demanda dunhas condicións laborais dignas e para rexeitar a proposta patronal, que […]

A xuízo un integrante da CIG-Servizos por “aldraxe á bandeira” durante a folga da limpeza do Arsenal Militar

“Aldraxe á bandeira”. Ese é o “delito” polo que Pablo Fragoso irá a xuízo o próximo martes tras de ser denunciado por tres militares do Arsenal de Ferrol por supostas faltas de respecto á bandeira española durante o izado da mesma. Uns feitos que hai que contextualizar no marco das protestas que as traballadoras de […]

CCOO pídelle ao Goberno que non aprobe o decreto sobre a estiba e que reabra a negociación

O sindicato afirma que é falso que a Comisión Europea esixise a modificación do réxime laboral na estiba e cre que o Goberno pretende despedir unha boa parte dos 6600 estibadores, á custa dos contribuíntes, e precarizar as condicións dos demais. CCOO e os demais sindicatos con implantación entre os estibadores —UGT, Coordinadora, CIG e […]

Folga en CTAG-IDIADA para esixir mellores condicións

As traballadoras e traballadores de CTAG-IDIADA están chamados á folga o vindeiro 15 de febreiro. Reclaman a adhesión da empresa ao conveio do metal da provincia de Pontevedra. CCOO defende esta solicitude, tanto por ser coherente co traballo realizado no marco do sector da automoción como porque supón a mellora das condicións salariais e sociais […]

Convocan folga na estiba a nivel estatal para rexeitar a liberalización do sector

Os sindicatos con representación no sector da estiba, entre eles a CIG, veñen de anunciar a convocatoria de tres xornadas de folga na Sociedad Anónima de Gestión de Estibadores Portuarios (Sagep) a nivel estatal para rexeitar o decreto lei do Goberno español que liberaliza a actividade de carga e descarga de mercadorías nos portos. Dende a […]

Convocada folga indefinida no mantemento do alumeado de Vigo pola modificación das condicións de traballo

O persoal da UTE Luze Vigo, concesionaria do servizo de mantemento das instalacións de alumeado público, túneles, pasos inferiores, fontes e estanques do Concello, decidiu convocar folga indefinida despois de que a empresa modificase as súas condicións laborais no que respecta ao horario da xornada de traballo. Ao mesmo tempo, os traballadores/as denuncian o incumprimento […]

Amplo seguimento da folga convocada pola CIG nos centros de chamadas do país

A xornada de folga convocada pola CIG nos centros de chamadas do país para reclamar un convenio colectivo digno no sector está a rexistrar novamente un amplo seguimento. Coincidindo co paro, centos de traballadores/as mobilizáronse en Vigo, A Coruña e Lugo en defensa das súas condicións laborais. Dende central explican que decidiron promover o paro […]

A CIG convoca unha xornada de folga nos centros de chamadas o 26 de xaneiro

Na reunión da mesa de negociación do convenio do pasado 11 de xaneiro a patronal de Centros de Chamadas retiraba a súa proposta de suba salarial, por entender que se augura un incremento do IPC e que polo tanto teñen que estudar unha rebaixa na súa proposta salarial para manter os custes baixos. Retiraron tamén […]

Desconvocan a folga do lixo en Pontevedra tras o acordo en materia de antigüidade

O persoal da recollida do lixo de Pontevedra decidiu onte cun único voto en contra desconvocar a folga prevista para este domingo tras aceptar a proposta de convenio de Cespa-Ferrovial, que desiste da súa intención de que o persoal renuncie a reclamar a antigüidade dos contratos eventuais. O cadro de persoal da concesionaria do servizo […]

O estudantado galego irá novamente á folga o xoves 16 de febreiro

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou esta mañá en rolda de prensa novas mobilizacións en diversas localidades, para o vindeiro día 16 de febreiro, e o apoio á folga convocada pola organización estudantil Erguer. Estudantes de Galiza, para ese día. Así o explicaba o seu portavoz, Anxo Louzao, quen asegurou que “continuaremos […]

Traballadores/as da empresa de transporte de residuos de SOGAMA, Pacholo S.L, irán á folga en Nadal

Os traballadores e traballadoras de Transportes Pacholo, SL, subcontrata encargada do transporte de residuos sólidos urbanos da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), teñen convocada unha folga -que se iniciará o vindeiro 23 de decembro e que se estenderá de xeito ininterrompido até o 11 de xaneiro- en demanda de melloras nas súas condicións de […]

A folga na recollida do lixo de Pontevedra, cada vez máis preto pola actitude da concesionaria

O comité de empresa de Cespa-Ferrovial (CIG, CCOO, UGT e USO), concesionaria da recollida do lixo de Pontevedra, ve cada vez máis lonxe un acordo que permita desconvocar a folga indefinida prevista a partir deste domingo 25 de decembro xa que a empresa insiste en que os traballadores/as renuncien a cobrar a antigüidade derivada dos […]

Convocan folga no comercio de alimentación de Pontevedra para os días 5 e 7 de decembro

Despois de sucesivas xornadas de negociación sen avanzos, tres co AGA como mediador, as multitudinarias asembleas convocadas o pasado domingo polas centrais CIG, UGT, CCOO e USO aprobaron por unanimidade a convocatoria de folga no comercio de alimentación da provincia de Pontevedra para os vindeiros 5 e 7 de decembro. Tal e como referiron desde […]