Ofensiva de CCOO contra o recurso aos falsos autónomos no sector cárnico

A Federación de Industria de CCOO de Galicia intensifica as súas accións para rematar coa fraude laboral que, na súa opinión, constitúe o recurso aos falsos autónomos no sector cárnico. O labor do sindicato está a dar froitos, como proba a acta de infracción aberta pola Inspección de Traballo contra unha gran cooperativa do ámbito. […]

Convocan unha nova protesta contra a explotación laboral en Coren

A federación de Alimentación da CIG desenvolverá unha nova mobilización diante da planta principal de Coren en Ourense en solidariedade coa loita do persoal autónomo de Servicarne en Frigolouro, compañía porriñesa que pertence ao grupo cooperativo orensán. A concentración para denunciar “a explotación e as condicións laborais do século XIX” que padecen os traballadores/as terá […]

O cadro de persoal de Servicarne clama en Ourense contra a explotación laboral en Coren

Empregados/as de Servicarne -cooperativa de traballo asociado que presta servizo na empresa Frigolouro do Porriño, do grupo ourensán Coren- retomaron este sábado a loita contra a explotación laboral tras varios meses sen avances nas súas reivindicacións. Máis dun cento de traballadores/as e delegados/as sindicais da FGAMT-CIG, central que apoia as demandas destes/as falsos/as autónomos/as dependentes, […]

Os traballadores/as de Servicarne retoman a loita contra a explotación laboral en Frigolouro e Coren

Os empregados/as de Servicarne -cooperativa de traballo asociado que presta servizo na empresa Frigolouro do Porriño, do grupo ourensán Coren- retoman a loita contra a explotación laboral tras varios meses sen avances nas súas reivindicacións. A FGAMT-CIG, central que apoia as demandas destes/as falsos/as autónomos/as dependentes da firma porriñesa de alimentación, convoca unha concentración diante […]

A Federación de Industria de CCOO pide a constitución dunha mesa de traballo en Frigolouro

A Federación de Industria de CCOO pide a constitución «urxente» dunha mesa de traballo en Frigolouro, a planta que o Grupo Coren posúe no concello pontevedrés do Porriño. Tras o comunicado emitido pola empresa o pasado día 2, no que deixaba no aire a continuidade da factoría pola «alta conflitividade» laboral, Comisións púxose en contacto […]

  Os grupos da corporación apoiaron por unanimidade a moción presentada polo BNG na que se solicitaba da corporación os seguintes acordos: Solicitar da dirección de Frigolouro e do Grupo Coren que modifique as condicións contractuais coa cooperativa Servicarne coa finalidade de igualar as condicións laborais dos/as Traballadores/as autónomos /as,que prestan os seus servizos en Frigolouro, aos de plantilla. […]