O PP mantén a súa hostilidade contra o galego ao rexeitar a ILP da Mesa avalada por 28.000 persoas

Tras dar a   benvida ao presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e persoas convidadas ao debate da Iniciativa Lexislativa Popular para garantir os dereitos lingüísticos das galegas e galegos  no ámbito socioeconómico, a deputada, Olalla Rodil remarcou a importancia da ILP para resolver  situacións absolutamente cotiáns como, contactar coa compañía telefónica, presentarse a […]

Empezan unha campaña para solicitarlle a Ikea atención en galego

Actualmente teñen na páxina web opción en castelán, catalán e euskera pero non en galego. O mesmo sucede na atención telefónica e na tenda onde todo está en castelán. Desde a A MESA pola Normalización Lingüística, estiveron meses recollendo sinaturas até chegar a 28.000 apoios e a adhesión de diversas asociacións comerciais e empresariais para […]

A Mesa denuncia que as aseguradoras Liberty e Caser Seguros néganse a realizar contratos en galego

Tan só unha semana despois de que Génesis anunciase que disporá de documentación en galego, tal e como lle obriga a lei, a Mesa volta rexistrar unha denuncia contra dúas aseguradoras. Neste caso  Liberty e Caser Seguros negáronlle a posibilidade de facer un contrato en lingua galega a un cliente, contrariando o que a lexislación […]

O banco Santander e Ministerio de Xustiza negan a posibilidade de pagar de multas en galego según denuncia A Mesa

O último caso coñecido a través do servizo Liña do Galego aconteceu nunha sucursal de Ferrol o pasado  1 de decembro cando un cidadán quixo aboar o pagamento dunha sanción na conta do xulgado e solicitou expresamente poder asinar o resgardo da operación en lingua galega. A entidade bancaria negoulle esta posibilidade dicíndolle que só […]

Ambuibérica impídelle a comunicación en galego ao seu persoal

O día 19 deste mes A Mesa pola Normalización Lingüística recibiu varias queixas sobre a empresa de ambulancias Ambuibérica porque lles impide facer aos traballadores e traballadoras a comunicación coa propia empresa en lingua galega. A empresa aduce, baixo a desculpa de “evitar erros” de interpretación, que os comunicados deben facerse en castelán. Cando Ambuibérica […]

Descobren un manuscrito inédito escrito en galego culto en plenos Séculos Escuros

É unha longa carta en verso, sen asinar e sen datar, pero de arredor de 1770, con 50 décimas dirixidas contra don Diego Zernadas, o coñecido Cura de Fruíme, unha das figuras máis sobranceiras da Galicia da Ilustración. O profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución Xosé A. Fernández Salgado acaba de publicar o libro Cincuenta […]

A Mesa reclama investigar e sancionar as actitudes reiteradas contra o galego da Garda Civil de Gondomar

A Mesa pola Normalización Lingüística solicitou ao Ministerio de Interior a apertura dunha investigación para determinar e depurar as responsabilidades nos casos de ataques sistemáticos e persecucións ao uso do galego producidos na cuartel da Garda Civil de Gondomar. “A actitude contra a lingua propia e cooficial en Galiza neste cuartel é reiterada”, sinala Marcos […]

Lídia Senra reclama en galego no Parlamento Europeo o cumprimento da Carta Europea das Linguas

Lidia tomou a palabra este luns pola noite no pleno do Parlamento Europeo, que se está a desenvolver esta semana en Estrasburgo, para facendo uso da lingua propia e coincidindo co 25 aniversario da adopción da Carta Europea das Linguas Rexionais, Minoritarias ou Minorizadas denunciar que pasado un cuarto de século nin a propia UE, nin o Goberno do […]

Maniféstate pola lingua. En galego sen limites! #17MQueremosGalego

A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo, anunciou hoxe a convocatoria dunha multitudinaria manifestación para o 17 de maio baixo o lema “en galego sen límites”. A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda. O anuncio foi realizado hoxe polo voceiro […]

O BNG celebra o 17M cunha campaña para animar á xente moza a usar o galego nas redes sociais

O galego é a única lingua do Estado que perde falantes en particular entre a mocidade. Neste contexto, o BNG lanza unha a campaña con motivo do Día das Letras Galegas especialmente dirixida ao colectivo de xente moza e centrada no que, a día de hoxe, é o seu espazo de comunicación de referencia: as […]

Política lingüística convoca as axudas á promoción do uso do galego no ámbito local

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria. A nova liña de subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia, por […]

“Rebélate, fala galego”, nova campaña de Galiza Nova

Na mañá de onte Galiza Nova realizou unha rolda de prensa onde presentou a súa nova campaña nacional en defensa da lingua, baixo o lema “Rebélate, fala galego”. A parlamentaria Olalla Rodil, integrante da Comisión Permanente de Galiza Nova, apuntaba que “unha das cuestións que para nós é fundamental é potenciar o uso do galego […]

As xornadas Xosé Calviño 2017 analizan a implantación do portugués no ensino medio galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou onte á tarde no IES Arcebispo Xelmírez I as Xornadas Xosé Calviño 2017, que se desenvolverán ata o día 6 de abril na Aula Magna do instituto compostelán. A actividade formativa reúne este ano máis de medio cento de docentes que se centrarán en analizar a […]

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou en Lugo a campaña “Cárgate de sentido común”

A Mesa presentou onte, día 31 de marzo, na Galería Sargadelos en Lugo,  a nova campaña que se está a desenvolver para impulsar a Iniciativa Lexislativa Popular para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. A ILP naceu con motivo das múltiples queixas que chegan á aplicación A Liña do Galego, queixas que poñen de […]

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou a campaña “Cárgate de sentido común”, da ILP polos dereitos lingüísticos

Co lema “ Cárgate de sentido común e asina”, A Mesa pretende recoller como mínimo 10.000 sinaturas para o debate da ILP no Parlamento. Marcos Maceira: “A iniciativa defende cuestións de sentido común, facer efectivo o dereito básico a empregarmos o galego sempre”. A Mesa convocou onte, día 27 de marzo na cafetería Airas Nunes, […]

A discriminación da lingua galega no ensino dispárase coa aplicación da LOMCE

O 29 de setembro de 2016, a CIG-Ensino dirixiuse ao conselleiro de educación para deixar constancia das inmediatas consecuencias da aplicación da LOMCE: incremento da españolización do sistema educativo galego e redución do ensino en galego. Do mesmo xeito, na Mesa Sectorial do 11 de outubro volveu incidir na necesidade de atallar esta situación sen […]

Un cidadán viuse obrigado a devolver un ingreso de Facenda en protesta polo trato aos galegofalantes

Un cidadán viuse obrigado a devolver un ingreso de Facenda en protesta polo trato aos galegofalantes. A coacción de facenda contra o galego provoca molestias e trámites innecesarias só a quen utiliza o galego así o ven a denunciar A MESA pola Normalización Lingüística. A Axencia Tributaria alega excluír o galego e incumprir a lei por falta de […]

A MESA empeza unha campaña de solidariedade coas traballadoras e traballadores de Extel

As grandes empresas de luz, auga, telefonía, banca, seguros e incluso a administración pública teñen subcontratados os servizos de atención ao público a través de empresas de centros de chamadas. Na última década os centros de atención á clientela na Galiza foron pechando encanto as empresas centralizaron o servizo en grandes centros de traballo. Desde […]

O BNG ampliará a rede de bibliotecas de barrio e promoverá o uso do galego

– Serafín Otero cualificou de “nefasta” a política cultural dos últimos catro anos de goberno socialista en Vigo e animou aos vigueses e viguesas a participar na mobilización de Queremos Galego do vindeiro domingo. O candidato do BNG – Asembleas Abertas, Serafín Otero, defendeu, nunha rolda de prensa na librería Cartabón, a necesidade de potenciar a cultura e o uso […]