🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

En Marea asegura que o acordo de cotas acadado en Bruxelas supón un “novo ataque” á frota artesanal galega

O grupo parlamentario de En Marea considera inaceptable o acordo de cotas acadado en Bruxelas que “demostra unha vez mais a nula capacidade negociadora e de presión da consellería de pesca de Galicia”. “Estamos ante un novo ataque á frota artesanal, a mais afectada polos recortes de cota, sobre todo nas rías baixas, que continúa […]

Lídia Senra lamenta o novo golpe que a UE asesta á pesca artesanal e de baixura no reparto dos TACs

A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ve no reparto dos Totais Admisibles de Capturas (TACs) para 2018 das especies pesqueiras do Atlántico e do Mar do Norte, acordado esta mañá en Bruxelas, unha mostra máis “do desleixo da UE cara a súa frota artesanal, de baixura e […]

Palestra “Existe prensa libre?“

O sábado 10 de de novembro no Café de Catro a Catro ás 20h José “Pepe” Ribas presentaranos a palestra “Existe prensa libre?”dentro das “Xornadas Comunicación, Poder e Contrapoder” impulsadas por ECOAR))) e todas as persoas que estades participando na campaña:https://pepaloba.org/gl/campanas/xornadas-comunicacion-poder-contrapoder/ Pepe Ribas é o fundador da revista contracultural Ajoblanco, publicación que acompañou a explosión social xurdida […]

CCOO e UGT lamentan a catástrofe forestal que asola Galicia e transmiten o seu pesar ás familias das vítimas

As comisións executivas do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e de UGT-Galicia lamentan a catástrofe forestal que está a sufrir Galicia nestas últimas horas polas súas dimensións dramáticas e consecuencias humanas, económicas e ambientais.Polo momento, esta vaga de lumes que asolan Galicia dende onte xa se cobrou catro vítimas. Ambos os sindicatos transmiten o […]

CUT: Queiman Galiza. Feijóo dimisión!

Galiza érguese outra mañá esfarelada pola traxedia. Pero non se debe e non se pode confundir a traxedia coa casualidade. Detrás desta vaga de lumes non hai “enfermos e enfermas” ou “delincuentes”, hai unha irresponsabilidade política estrutural que converteu os nosos montes en pasto para o lume e o drama. “Ademais da tristura e a […]

SOS MARCO de VIGO

Unha recollida de sinaturas que avalen unha loita veciñal para que o museo referencial de Vigo, o MARCO, non perda a identidade que o caracterizou. Dese fundado temor, desa ameaza inminente, xorde esta iniciativa da Agrupación de Amigos do MARCO, entidade independente, sen adscrición política e representante da sociedade civil amante da arte, que pretende […]

17 de agosto, día da Galiza Mártir

“Todos os que amamos Galiza levaremos sempre no noso labre como un caravel inmorredoiro o nome de Alexandre Bóveda. Esa é a súa vitoria, ese é o noso compromiso” Avilés de Taramancos O vindeiro 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, xuntámonos en Poio e Pontevedra para lembrar a Alexandre Bóveda no día en que foi […]

O Anteproxecto de Lei que modifica a Lei de Saude de Galicia

Ante o Anteproxecto de Lei que modifica a Lei de Saude de Galicia desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública reaccionan e vense a manifestar que pretendese crear a Axencia Galega do Coñecemento para ampliar e dar cobertura á participación privada nas actividades de Investigación e Desenvolvemento que agora se ampla á […]

Lídia Senra levará ante a Comisión Europea a problemática que están a padecer os traballadores/as do 112

Reuniuse este mércores pola tarde na súa oficina en Santiago de Compostela con representantes do Comité de Folga do  Servizo de Atención a Emerxencias de Galiza 112, que levan un mes e unha semana secundando un paro indefinido en protesta polas consecuencias do traslado da súa sede, da capital galega á Estrada, efectuado a mediados […]

Orixes do Día Mundial do Lupus

Orixes do Día Mundial do Lupus No ano 2001, durante o Congreso Internacional de Lupus representantes de múltiples organizacións internacionais pediron o establecemento dunha Semana Mundial de Lupus, para centrar a atención das organizacións de saúde do Mundo sobre as descoñecidas necesidades dos pacientes de Lupus e os seus especialistas. Discutíronse os plans iniciais e […]

70 entidades convocan a manifestación nacional en solidariedade coas independentistas da “Operación Jaro”

Quase 70 associaçons, centros sociais, partidos, organizaçons políticas e juvenis, sindicatos, grupos feministas, coletivos de defesa da Terra, etc. convocam neste domingo a manifestaçom nacional que reclamará plenas liberdades democráticas na Galiza, o arquivo definitivo do sumário da Operación Jaro e a finalizaçom das montagens policiais rumados a modelar os estados de opiniom da sociedade galega […]

Formación en Violencia de xénero 2017

Desde a Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo informan a veciñanza da area de Vigo das xornadas de formación en violencia de xénero, dita formacion a levan impartindo tódos os anos. Adicado a coñercer a labor que realizan as/os diferentes profesionais que atenden ás mulleres que sufren a violencia de xénero. […]

O sistema sanitario público galego en estado crítico tralos recortes do 18% do orzamento sanitario

A grave situación do sistema sanitario público galego en estado crítico tralos recortes do 18% do orzamento sanitario, eliminación de máis de 1.800 postos de traballo dos que 513 foron prazas de médicos, 200 de enfermeira ou de máis de 450 camas; a utilización da colaboración Público Privada para financiar e xestionar os novos centros […]

Medio Rural abre ata o 15 de abril o prazo de matrícula dos cursos de teleformación para incorporación dos mozos ao agro

A web da Consellería do Medio Rural publica hoxe o anuncio da apertura do prazo de matrícula para os cursos de incorporación á empresa agraria na modalidade de teleformación. Estas accións formativas teñen que realizalas os mozos que solicitaran axuda para a súa integración no agro na convocatoria de 2016 e que non teñan convalidados […]

Vázquez Almuiña destaca o posicionamento de Galicia como referente en innovación no eido sanitario

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, salientou hoxe que a estratexia e os investimentos no ámbito das TICs supoñen unha vantaxe competitiva de Galicia con respecto a outros sistemas de saúde, non só a nivel nacional senón incluso internacional, polo que nos últimos anos Galicia se posicionou como un referente en innovación no ámbito […]

A CIG chama a mobilizarse, este 10 de Marzo, para derrotar as reformas e recuperar os dereitos

Con mobilizacións en Vigo, Ferrol, Lugo, Ourense, Vilagarcía, Pontevedra, Compostela e Cee conmemorará a CIG o 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. Unha data reivindicativa na que a central sindical dá continuidade á campaña posta en marcha xa no mes de decembro e que se desenvolverá baixo o lema “2017, un ano de […]

Para termos futuro na Galiza, xestionemos nós os nosos impostos

POR QUE NON NOS VALE O ACTUAL SISTEMA DE FINANCIAMENTO? Galiza ten que atender servizos básicos fundamentais, como a sanidade, o ensino ou os servizos sociais. Destina 7 de cada 10 euros do gasto público a esas políticas sociais. En cambio, non ten capacidade legal para xestionar os seus propios ingresos. Os impostos que pagamos […]

Alertan de posíbeis colapsos no 112 polos fallos do sistema que entrará en uso co traslado á Estrada

O servizo de atención a emerxencias, 112, trasladarase á Estrada en menos dun mes. Con el trasladaranse todas as traballadoras/es que, nese momento, comezarán a utilizar unha nova plataforma informática. A CIG denuncia que se trata dun programa que non está abondo testado, que dá fallos e que isto pode provocar un colapso do servizo. […]

O incremento do paro rexistrado en Galiza en decembro duplica a media estatal

O incremento do paro rexistrado en Galiza durante o mes de decembro duplicou a media estatal, ao contabilizar unha subida do 2,99% (6164 persoas) fronte ao 1,55% no conxunto do Estado. Ademais, o noso país perdeu neste período un total de 12.998 afiliados/as á Seguridade Social, o que supón tamén o dobre do que medra […]

Galiza lidera a subida do paro no conxunto do Estado en decembro

Galiza rexistrou o maior incremento do paro en termos absolutos do Estado español en decembro ao contabilizar 2360 persoas máis anotadas nos servizos públicos de emprego con respecto a novembro, o que sitúa a cifra total de parados/as en 205.914. A subida foi do 1,16%, mentres que na media estatal baixou un 2,29% (86.849 desempregados/as menos). […]

Os datos do paro do mes de setembro amosan unha nova baixada da afiliación á Seguridade Social en Galiza

Galiza rematou o mes de setembro cun novo incremento do paro e un descenso da afiliación á Seguridade Social. Os cotizantes baixaron neste período en máis de 6000, mentres que o incremento dos desempregados/as foi de 1291, alcanzando un total de 194.336. Este desfase entre o número de afiliados/as que se perden e o de […]

Luís Bará: “O BNG ten proxecto e solvencia para levar adiante a mellor política social: poñer Galiza a producir”

“Non hai mellor política social que a que aposta por poñer o país a producir, por desenvolver todo o seu potencial, por crear riqueza e emprego de calidade e por garantir desde o público servizos para toda a poboación”. Así o dixo hoxe en Redondela o cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, quen […]

Ao final haberá o clásico galego do mes de xullo

Tal como comprometiámonos a informar o respecto do torneo a catro en Uruguai, hoxe a Federación Galega de Fútbol conseguiu salvar sobre a bucina o clásico galego que se disputará en Uruguai, todo isto é grazas nunha certa medida ao papel da embaixada española no Uruguai. Despois dunha semana de incertezas e complicacións por parte do […]

O clásico de Xullo do Celta VS Deportivo

A principios da semana pasada anunciábase que o Real Club Celta e o Deportivo da Coruña disputaran do 21 ao 23 de xullo un torneo organizado pola Federación Galega coa colaboración da Asociacion de Fútbol Uruguaia. No torneo estarán os dous equipos máis importantes da república do Uruguai, o Club Nacional de Football e o Club […]