🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O Plan forestal prevé incrementar en seis millóns de toneladas anuais a fixación de carbono por parte dos montes galegos

Os montes son o maior sumidoiro de carbono de Galicia. Os nosos montes fixaron máis de 93 millóns de toneladas de carbono, segundo estimacións recollidas no 4º Inventario Forestal Nacional (INF4), e no Plan Forestal de Galicia (PFG) prevese que cada ano se incremente esta cifra noutros 6 millóns de toneladas. Esta capacidade é fundamental […]

A vendima deste ano creceu un 3% situándose como a terceira máis abundante da última década

Os resultados globais da vendima deste ano foron positivos en Galicia xa que, a pesares dos episodios de xeadas e pedrazo que padeceu o sector nesta primavera, a súa produción creceu un 2,8% ao superar os 61 millóns de quilos de uva recollidos. Este incremento débese aos bos resultados da denominación de orixe (DO) Rías […]

Medio Rural investiu preto de 92 millóns de euros en procesos de reestruturación parcelaria nos últimos nove anos

A Xunta ten un forte compromiso coas reestruturacións parcelarias e o obxectivo de dar un salto cuantitativo no que queda de lexislatura. Así, nos últimos anos (de 2009 a 2017) investíronse preto de 92 millóns de euros nas obras e servizos técnicos destes procesos de ordenación territorial. En concreto, a longo destes anos executáronse 944 […]

Medio Rural aplaude o compromiso acadado por Vegalsa-Eroski de comercializar os produtos de horta das cooperativas asociadas a Agaca

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, presidiu esta mañá en Silleda o acto de sinatura de compromiso por parte de Vegalsa-Eroski de comercializar os produtos de horta das cooperativas da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca). A directora xeral agradeceu este tipo de colaboracións e compromisos porque redundan en […]

A Xunta destaca o pulo do porco celta na presentación do selo ‘100% raza autóctona’ que ampara estas producións

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, asistiu esta tarde en Silleda á presentación do novo selo “100% Raza autóctona celta” de porcino. Neste acto, que tivo lugar no marco da Feira Internacional de Galicia Abanca, degustáronse produtos da raza autóctona galega porco celta, acompañados de viños galegos. A directora […]