🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Os Gardacostas requisan máis de 1,5 toneladas de peixe e marisco e 458 útiles en diversos controis nos últimos días Escoitar

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 1,5 toneladas de peixe e marisco en diversos controis realizados nos últimos días e 458 útiles, entre eles dúas embarcacións e unha furgoneta. Tamén se aprehenderon de 16.900 metros de artes de enmalle. A ría de Arousa foi a zona […]

Mos vólcase cos colaboradores na extinción dos lumes do mes pasado

Onte pola tarde celebrouse no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos unha xornada de recoñecemento ao traballo e o esforzo realizado por colectivos, particulares e empresas durante os días 15 e 16 de outubro nos que os incendios asolaron Mos e á provincia de Pontevedra e Galicia en xeral. Estiveron presentes neste […]

Xunta, Delegación do Goberno e Fegamp manteñen unha xuntanza para tratar as medidas de reforzo de seguridade na nosa comunidade

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá unha reunión co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; o presidente da FEGAMP, Alfredo García, para tratar as medidas de reforzo de seguridade en Galicia, que actualmente atopase en situación de nivel 4 de alerta. Alfonso Rueda, participou na reunión que tivo lugar na sede […]

O Museo Quiñones de León custodiará 400 moedas históricas incautadas pola Garda Civil

O alcalde recibiu este xoves de man do SEPRONA o material da época romana, Idade Media e dos séculos XII ao XVII que se deposita no Pazo de Castrelos por orde xudicial, logo dunha investigación iniciada en Murcia, que continúa aberta. Abel Caballero transmitiu o seu agradecemento á Garda Civil pola entrega das 400 moedas […]

A Mesa reclama investigar e sancionar as actitudes reiteradas contra o galego da Garda Civil de Gondomar

A Mesa pola Normalización Lingüística solicitou ao Ministerio de Interior a apertura dunha investigación para determinar e depurar as responsabilidades nos casos de ataques sistemáticos e persecucións ao uso do galego producidos na cuartel da Garda Civil de Gondomar. “A actitude contra a lingua propia e cooficial en Galiza neste cuartel é reiterada”, sinala Marcos […]