Os traballadores e as traballadoras de Ferroatlántica nas fábricas de Cee e Dumbría e as Centrais Hidroeléctricas continuaron este mércores coas mobilizacións para amosar o total rexeitamento ao acordo marco que a empresa pretende levar adiante, coa complicidade das centrais sindicais estatais, e que suporía vincular os convenios colectivos vixentes nos diferentes centros de traballo. […]

O comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas amosou a súa satisfacción pola resolución que vén de emitir Augas de Galiza desestimando o recurso de alzada presentado pola empresa. A resolución confirma os argumentos defendidos polos traballadores e traballadoras dende o inicio do conflito: que o interese xeral que ampara a vinculación de actividades non mudou e […]

Este mesmo mércores, o Comité de Ferroatlántica recibía comunicación de parte do Conselleiro de Industria informando da resposta negativa de Augas de Galiza á petición de segregación de actividades formulada pola empresa. Esta noticia vén dar á razón aos argumentos defendidos polos traballadores e traballadoras que, dende hai dez meses, están desenvolvendo unha loita histórica […]

A portavoz nacional, Ana Pontón, definiu como “marcha pola dignidade e o emprego” a emprendida esta mañá polos traballadores e traballadoras de Ferroatlantica que completarán o percorrido entre Cee a Santiago o vindeiro sábado, culminando cunha gran manifestación en Compostela en contra do espolio das centrais do Ríos Xallas e Grande. Pontón, -quen arrancou as […]

A portavoz nacional, Ana Pontón, encabeza a representación do BNG que se suma ás mobilizacións contra a venda das centrais dos ríos Xallas e Grande que pretende Villar Mir, e que arrancan mañá 8.00 horas cunha marcha desde o Concello de Cee e concluirá ás 16.00 horas no Concello de Mazaricos. Pontón acompañará aos traballadores […]

A asembleas de traballadores e traballadoras celebradas o pasado mércores nos centros de traballo de Ferroatlántica avalaron a convocatoria de mobilizacións acordada polo Comité de empresa; isto é folga nas fábricas e centrais para o sábado 8 de xullo, manifestación ese mesmo día en Santiago de Compostela e marchas a pé dende Cee á capital […]

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas quere informar do novo calendario de mobilizacións, consensuado con todos os alcaldes da comarca, en rexeitamento á segregación das actividades que pretende a empresa e para esixir da Xunta de Galiza a non autorización da mesma. Un calendario reivindicativo que inclúe a convocatoria dunha nova xornada de folga de […]

A portavoz nacional do BNG avanzou que na vindeira sesión plenaria, o BNG buscará un acordo parlamentario para “sancionar a AUDASA”. A nacionalista explicou que a concesionaria da AP-9 ofrece un “servizo de terceira” que cobra como un servizo de calidade e “cunha estafa legalizada de peaxes”. Pontón lembrou que as obras de ampliación da […]

Santiago de Compostela, 24 de Maio 2017.- A portavoz nacional, Ana Pontón, ofreceu ao presidente da Xunta “man tendida” para evitar o pelotazo de 255M€ que pretende o imputado Villar Mir coa venda das centrais dos Ríos Xallas e Grande e para preservar o emprego na plantas de Cee e Dumbría. “O BNG téndelle a […]

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro cos alcaldes da Costa da Morte, dentro do compromiso de diálogo permanente e máxima transparencia durante a tramitación administrativa da solicitude presentada por Ferroatlántica. Na reunión, Núñez Feijóo trasladoulles aos rexedores que a Xunta […]

A portavoz nacional, Ana Pontón, insta ao presidente da Xunta a explicar “en que lei se recolle que hai que permitirlle a Villar Mir dar un pelotazo de 255 millóns de euros coas centrais do Xallas, un empresario investigado por presunto financiamento ilegal do seu partido”, argumentou tras as explicacións do xefe do Executivo galego. […]

O Comité de Ferroatlántica denuncia que a empresa “non se dá por satisfeita” con ameazar o emprego das fábricas de Cee e Dumbría e o futuro da Costa da Morte “e acaba de dar unha mostra da súa mala fe, vulnerando o exercicio da liberdade sindical ao negar o crédito de horas sindicais a dous […]

A postura defendida polo conselleiro de Industria na reunión que hoxe mantivo co Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas foi cualificada como “decepcionante” e “preocupante”. Tras meses agardando a que Francisco Conde respondera ás numerosas solicitudes de xuntanza trasladadas polo Comité, “acudimos esta mañá a Santiago agardando facer fronte única e poñer en común coa Xunta […]

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas, reunido de urxencia, acordou levar adiante todas as mobilizacións que sexan necesarias “para esixir á Xunta de Galicia que, de xeito inmediato e contundente, desautorice a solicitude de segregación de actividades presentada formalmente no día de onte pola empresa”. A tal fin, a representación do persoal non descarta convocar […]

A portavoz nacional, Ana Pontón, considera que coa presentación formal de Ferroatlántica para segregar e vender as centrais do Xallas acabáronse as escusas para o presidente da Xunta que xa non pode estar “nin un minuto máis parapetado detrás da súa calculada ambigüidade”. “Chegou a hora da verdade para Feijóo sobre Ferroatlántica e ten que […]

O Bloque tamén leva ao próximo pleno a demanda dunha comisión de investigación das concesións e adxudicacións públicas ao Grupo empresarial de Villar Mir, agora imputado na Operación Lezo por suposto financiamento ilegal do PP. “A cascada de corrupción do PP ten unha derivada moi clara para o noso país na venda ilegal das centrais […]

A dirección de Ferrotlántica insiste e convoca unha nova xuntanza cos comités e as centrais sindicais para o vindeiro xoves en Madrid. A CIG xa comunicou que non asistirá a este encontro, dado que non se produciu ningunha mudanza na cuestión de fondo: a empresa segue sostendo o seu ilegal plan industrial sobre a base […]

O Comité de Ferroatlántica considera que a empresa “está demostrando a súa verdadeira faciana”, coas “ameazas e chantaxes” feitas públicas nos medios de comunicación. Unhas manobras, denuncian, a través das que a compañía “pretende facer recaer no conxunto dos traballadores e traballadoras, a responsabilidade da ilegal operación que quere levar adiante”. Porque engaden, “non hai […]

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas, en reunión plenaria celebrada este venres 24 de marzo, como non podía ser doutro xeito, acordou non acudir á reunión convocada pola empresa para o vindeiro luns en Madrid. O Comité xa lle ten trasladado en infinitas ocasións á dirección “a súa total disposición” ao diálogo e á negociación […]

“A supresión ou cambio da prohibición de segregación en sociedades distintas dos aproveitamentos hidroeléctricos nos ríos Xallas e Grande e da actividade industrial de ferroaliaxes en Cee e Dumbría suporía unha alteración substancial que, alén da mera autorización administrativa, levaría á extinción das concesións actuais- coa conseguinte reversión á administración galega de usos e instalacións-” […]

O Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee, Dumbría, Centrais Hidroeléctricas recorrerá ante o xulgado do Social da Coruña a imposición por parte da empresa “duns servizos mínimos abusivos”. Explican que na reunión mantida o venres coa dirección non se chegou a acordo sobre os servizos mínimos necesarios para poder desenvolver con normalidade a xornada de […]

O Comité de Empresa de Ferroatlántica Cee, Dumbría, Centrais Hidroeléctricas ten convocada folga para o vindeiro 10 de marzo en resposta ao anuncio público realizado pola empresa de vender as centrais dos ríos Xallas e Grande na Costa da Morte. Coincidindo co paro de 24 horas, os traballadores/as van realizar unha manifestación ese mesmo día […]

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas demandou este mércores do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, unha declaración contundente de que a Xunta non vai autorizar a venda das centrais hidroeléctricas e a segregación de actividades, así como que interveña para acelerar a reunión que a representación do persoal ten solicitada co conselleiro de Industria […]

A portavoz nacional, Ana Pontón, propuxo facer unha fronte común de todas as forzas políticas para garantir o futuro de Ferroatlántica na Costa da Morte con dous puntos concretos: Pechar a porta a calquera venda ou segregación das centrais do Xallas e demandar da empresa que cumpra cos seus compromisos con Galiza en materia de […]

A portavoz parlamentaria de Industria, Noa Presas, cualificou de autocompracente e propagandística a estratexia da Xunta en materia de emprego e industria confirmada pola intervención do conselleiro, Francisco Conde. “Propaganda e publicidade, a dobre PP”, ironizou a deputada do Bloque, “porque a recuperación só chega nas notas de prensa da Xunta”. Presas iniciou a súa […]

Os traballadores e traballadoras de Ferroatlántica Cee-Dumbría -Centrais Hidroeléctricas irán a folga o venres 10 de marzo ante a teima da empresa de querer levar adiante a venda das plantas de xeración de electricidade e a segregación de actividades e na defensa dos postos de traballo e o futuro da comarca. Así llo trasladaron este […]

O BNG reacciona ante o anuncio de Ferroatlántica de que a empresa ten ultimado un acordo de venda dos saltos hidroeléctricos dos ríos Xallas e Grande ao seu paso por Cee e Dumbría e que, ademais, pretenden amortizar débeda con esta venda. A formación nacionalista avanza que vai promover unha declaración institucional no vindeiro pleno […]

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas mantivo este mércores unha reunión cos alcaldes da comarca para aclarar a situación na que se atopa o conflito, “fronte ás informacións interesadas vertidas pola empresa, co obxectivo de xerar confusión”. No decurso da entrevista, o Comité informou “dos fracasos” que está a recoller Ferroatlántica no seu intento de […]

A reunión coa dirección de Ferroatlántica celebrada no día de mercores, 21 de decembro, confirmou o que dende este Comité levan semanas denunciando: que o plan da empresa leva á perda de emprego, ao desmantelamento e ao peche progresivo das fábricas de Cee e Dumbría. Un obxectivo que non ocultan nin a ofensiva mediática nin […]

Traballadores e traballadoras de Ferroatlántica marcharon este xoves a pé desde a fábrica de Brens, de onde partiron contra as 10:00 horas, até a central do Ézaro, onde se concentraron, contra as 13:00 horas, en protesta pola decisión empresarial de vender as centrais. Á súa chegada á fervenza despregaron por unha ladeira do Monte Pindo […]

Nun salón de plenos ateigado, o Comité de Ferroatlántica e representantes sindicais anunciaban o inicio dun peche indefinido no Concello de Cee. Unha acción que estará acompañada de concentracións diarias entre as 18:30 e as 19:30 horas e coa que se pretende por unha banda esixir ao Presidente da Xunta que reciba á representación social […]

Logo da multitudinaria concentración do pasado sábado en Cee, o Comité de Ferroatlántica xa acordou novas mobilizacións para esixir a intervención inmediata da Xunta e a paralización da venda das centrais hidroeléctricas. A partir do vindeiro luns dará comezo un peche no Concello de Cee e haberá concentracións diarias diante da casa consistorial de 18:30h […]

Traballadores/as, familiares, representantes políticos e veciños e veciñas da comarca de Fisterra manifestaron na tarde do sábado o seu rexeitamento unánime á venda das centrais hidroeléctricas e á segregación de actividades produtivas que pretende levar adiante Ferroatlántica, conscientes de que esta operación “será a ruína da comarca”. “Ao Grupo Villar Mir pouco lle importan os […]

O Comité de Ferroatlántica iniciou este domingo unha campaña informativa coa que se pretende pór de manifesto a negativa repercusión que a venda das centrais hidroeléctricas ten para a comarca. A primeira acción desta campaña consistiu nun reparto de follas informativas no mercado municipal de Cee. A representación social lembra que a segregación de actividades […]

O Comité de Empresa de Ferroatlántica denuncia a “campaña de mentiras e contaminación” coa que a empresa “pretende enganar a opinión pública”. Estas afirmacións responden á visita que o Presidente de Ferroatlántica realizou esta semana á comarca para reunirse cos alcaldes de Cee e Dumbría. Unha viaxe que contrasta coa negativa de Pedro Larrea a […]

Traballadores de Ferroatlántica realizaron unha concentración este martes diante dos edificios administrativos de San Caetano en Compostela para reclamar ao Presidente da Xunta que atenda a solicitude de reunión e esixirlle que interveña, en uso das atribucións e competencias que con carácter exclusivo en materia de industria lle atribúe o Estatuto de Galiza, “para paralizar […]

Traballadores e traballadoras de Ferroatlántica concentráronse este venres pasado diante da fábrica que a empresa ten en Brens (Cee) para amosar o total rexeitamento á venda das centrais hidroeléctricas que o Grupo Villar Mir explota na comarca da Costa da Morte. Previamente á protesta, o comité e as centrais sindicais con representación (CIG, UGT e […]