🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Ana Pontón advirte a feijóo que se autoriza a venda das centrais do Xallas perderanse 284 empregos

A portavoz nacional, Ana Pontón, propuxo facer unha fronte común de todas as forzas políticas para garantir o futuro de Ferroatlántica na Costa da Morte con dous puntos concretos: Pechar a porta a calquera venda ou segregación das centrais do  Xallas e demandar da empresa que cumpra cos seus compromisos con Galiza en materia de […]

Noa Presas tilda de “compracente e propagandística” a estratexia da Xunta en emprego e industria

A portavoz parlamentaria de Industria, Noa Presas, cualificou de autocompracente e propagandística a estratexia da Xunta en materia de emprego e industria confirmada pola intervención do conselleiro, Francisco Conde. “Propaganda e publicidade, a dobre  PP”, ironizou a deputada do Bloque, “porque a recuperación só chega nas notas de prensa da Xunta”. Presas iniciou a súa […]

O persoal de Ferroatlántica responde ao acordo de venda das centrais cunha folga o venres 10 de marzo

Os traballadores e traballadoras de Ferroatlántica Cee-Dumbría -Centrais Hidroeléctricas irán a folga o venres 10 de marzo ante a teima da empresa de querer levar adiante a venda das plantas de xeración de electricidade e a segregación de actividades e na defensa dos postos de traballo e o futuro da comarca. Así llo trasladaron este […]

O BNG pedirá no Parlamento o apoio de todos os grupos para frear a venda das centrais do Xallas

O BNG reacciona ante o anuncio de Ferroatlántica de que a empresa ten ultimado un acordo de venda dos saltos hidroeléctricos dos ríos Xallas e Grande ao seu paso por Cee e Dumbría e que, ademais, pretenden amortizar débeda con esta venda. A formación nacionalista avanza que vai promover unha declaración institucional no vindeiro pleno […]

Ferroatlántica recolle fracaso tras fracaso na busca de apoios entre os comités ao seu ilegal plan industrial

O Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas mantivo este mércores unha reunión cos alcaldes da comarca para aclarar a situación na que se atopa o conflito, “fronte ás informacións interesadas vertidas pola empresa, co obxectivo de xerar confusión”. No decurso da entrevista, o Comité informou “dos fracasos” que está a recoller Ferroatlántica no seu intento de […]

Ferroatlántica continúa a campaña de mentiras para ocultar o seu “Plan de Reconversión”

A reunión coa dirección de Ferroatlántica celebrada no día de mercores, 21 de decembro, confirmou o que dende este Comité levan semanas denunciando: que o plan da empresa leva á perda de emprego, ao desmantelamento e ao peche progresivo das fábricas de Cee e Dumbría. Un obxectivo que non ocultan nin a ofensiva mediática nin […]

Marcha a pé de traballadores/as de Ferroatlántica contra a pretensión de Villar Mir de vender a empresa

Traballadores e traballadoras de Ferroatlántica marcharon este xoves a pé desde a fábrica de Brens, de onde partiron contra as 10:00 horas, até a central do Ézaro, onde se concentraron, contra as 13:00 horas, en protesta pola decisión empresarial de vender as centrais. Á súa chegada á fervenza despregaron por unha ladeira do Monte Pindo […]

Iníciase o peche indefinido no Concello de Cee contra a venda das centrais

Nun salón de plenos ateigado, o Comité de Ferroatlántica e representantes sindicais anunciaban o inicio dun peche indefinido no Concello de Cee. Unha acción que estará acompañada de concentracións diarias entre as 18:30 e as 19:30 horas e coa que se pretende por unha banda esixir ao Presidente da Xunta que reciba á representación social […]

Traballadores/as de Ferroatlántica iniciarán un peche no Concello de Cee contra a venda das centrais

Logo da multitudinaria concentración do pasado sábado en Cee, o Comité de Ferroatlántica xa acordou novas mobilizacións para esixir a intervención inmediata da Xunta e a paralización da venda das centrais hidroeléctricas. A partir do vindeiro luns dará comezo un peche no Concello de Cee e haberá concentracións diarias diante da casa consistorial de 18:30h […]

A comarca de Fisterra mobilízase contra a venda das centrais hidroeléctricas

Traballadores/as, familiares, representantes políticos e veciños e veciñas da comarca de Fisterra manifestaron na tarde do sábado o seu rexeitamento unánime á venda das centrais hidroeléctricas e á segregación de actividades produtivas que pretende levar adiante Ferroatlántica, conscientes de que esta operación “será a ruína da comarca”. “Ao Grupo Villar Mir pouco lle importan os […]

Que repercusións ten para a comarca de Fisterra a segregación de actividades de Ferroatlántica?

O Comité de Ferroatlántica iniciou este domingo unha campaña informativa coa que se pretende pór de manifesto a negativa repercusión que a venda das centrais hidroeléctricas ten para a comarca. A primeira acción desta campaña consistiu nun reparto de follas informativas no mercado municipal de Cee. A representación social lembra que a segregación de actividades […]

O Comité denuncia a campaña de Ferroatlántica “para enganar a opinión pública con proxectos fantasiosos”

O Comité de Empresa de Ferroatlántica denuncia a “campaña de mentiras e contaminación” coa que a empresa “pretende enganar a opinión pública”. Estas afirmacións responden á visita que o Presidente de Ferroatlántica realizou esta semana á comarca para reunirse cos alcaldes de Cee e Dumbría. Unha viaxe que contrasta coa negativa de Pedro Larrea a […]

Comité de Ferroatlántica lembra á Xunta que está nas súas mans paralizar a venda das centrais

Traballadores de Ferroatlántica realizaron unha concentración este martes diante dos edificios administrativos de San Caetano en Compostela para reclamar ao Presidente da Xunta que atenda a solicitude de reunión e esixirlle que interveña, en uso das atribucións e competencias que con carácter exclusivo en materia de industria lle atribúe o Estatuto de Galiza, “para paralizar […]

Traballadores/as de Ferroatlántica concéntranse na fábrica de Cee contra a venda das centrais hidroeléctricas

Traballadores e traballadoras de Ferroatlántica concentráronse este venres pasado diante da fábrica que a empresa ten en Brens (Cee) para amosar o total rexeitamento á venda das centrais hidroeléctricas que o Grupo Villar Mir explota na comarca da Costa da Morte. Previamente á protesta, o comité e as centrais sindicais con representación (CIG, UGT e […]