Lídia Senra denuncia na Comisión Europea a parálise na que se atopa o saneamento integral da ría do Burgo

A eurodeputada rexistra en Bruxelas unha pregunta por escrito dirixida á CE na que lle pide explicacións pola contaminación da zona a pesar dos fondos europeos destinados supostamente a arranxar a situación. A europarlamentaria reclama que se destine algunha partida económica para lucro cesante dos mariscadores e mariscadoras mentres non se leve a cabo o […]

Lídia Senra reclama na UE que Cuntis sexa incluída xa no mapa galego de áreas con risco de inundación

Rexistra unha pregunta por escrito dirixida á CE instando a adoptar as medidas necesarias para evitar o perigo de enchentes do río Gallo. A europarlamentaria galega critica que a Xunta se desentendese desta situación e que non vaia facer nada até polo menos o ano 2022.  A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada Grupo Confederal da Esquerda […]

Lídia Senra di ‘Non ao CETA’ no Parlamento Europeo por ser un acordo para as multinacionais que atenta contra o pobo

A eurodeputada oponse á aprobación do tratado económico e comercial global entre Canadá e a UE denunciando que é perigoso para a alimentación, a saúde, o medio ambiente, a agricultura e as pemes.  A europarlamentaria galega asegura que este texto vai contra os dereitos humanos e alerta de que as grandes empresas terán, cando entre […]

Chegan ao Parlamento Europeo os trinta alcaldes e concelleiras/os galegos acompañados por Lídia Senra

A deputada galega Lídia Senra participará este mércores en Bruxelas, a partir das 15:00 horas, no Parlamento Europeo, no encontro anual REALPE de representantes locais electos, que organiza o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) baixo o título de “Emprego, dereitos sociais e solidariedade desde os municipios”. Senra asistirá á xornada de debate acompañada por trinta persoas […]

A CE propoñerá un novo trazado da liña de alta tensión que unirá Galiza e Portugal ante a inaceptabilidade social

A eurodeputada Lídia Senra, acompañada pola concelleira de Arbo, Fabiola Durán, reuníronse hoxe en Bruxelas con Catharina Sikow-Magny, xefa da unidade B1 da Dirección Xeral de Enerxía da CE. A europarlamentaria e a edil galegas destacan, tras a confirmación da representante comunitaria, que a mobilización social foi fundamental para parar este proxecto que afectaba a […]

Lídia Senra esixe unha solución definitiva ao retraso das xubilacións do persoal de barcos conxeladores

A eurodeputada galega esixe que a harmonización do rexistro comunitario de buques non afecte aos coeficientes redutores. A CE indica nunha resposta por escrito á europarlamentaria que os Estados terán un ano para adaptar os seus rexistros á norma europea. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), […]

A Eurodiputada Lídia Senra esixe que se garanta unha investigación independente sobre as causas do accidente de Angrois

A eurodeputada galega denuncia que o Estado español lles segue a negar ás vítimas do Alvia e á sociedade o seu dereito á verdade.  En presenza das vítimas, a Eurocámara pide unha investigación supervisada pola Comisión sobre as raíces profundas do sinistro. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde […]

Lídia Senra reclama no Parlamento Europeo que as/os menores de idade non poidan participar en cacerías

A eurodeputada insta á CE a elaborar unha normativa que protexa á infancia e mocidade destas actividades de risco nas que se usan armas. A representante de AGEe rexistra unha pregunta por escrito dirixida á Comisión na que lle pide que se posicione sobre esta reivindicación. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en […]

As xornadas de Vigo rematan lanzando o “Manifesto pola recuperación dos centros sanitarios privatizados”

Recolle 6 puntos reivindicativos e pretende a adhesión de todas as forzas políticas e sociais que loitan na defensa dos servizos públicos.  Lídia Senra e Manuel Martín clausuraron o encontro que durante dous días promoveu o intercambio de experiencias e fomentou o debate.  As xornadas “A privatización da Sanidade na Unión Europea”, -organizadas por Lídia […]

Na procura de respostas conxuntas para poder pararlle os pés aos intereses da privatización sanitaria

Lídia Senra inaugurou estes venres en Vigo as xornadas en defensa da sanidade pública que se prolongarán até o sábado pola tarde.  Denuncian o roubo da Colaboración Público-Privada e que as empresas grandes coa axuda dos Gobernos fagan negocio cos dereitos humanos. Procurar respostas conxuntas para poder artellar mellor a maneira de pararlle os pés […]

Vigo converterase a próxima semana en cita internacional de denuncia da privatización sanitaria

Unha xornada aberta ao público reunirá o venres e sábado na cidade olívica a unha vintena de ponentes para tecer alianzas de loita común. Lídia Senra, que exercerá de anfitrioa e organizadora do evento, denuncia o negocio de entregarlle os servizos públicos a multinacionais. A cidade de Vigo converterase os próximos venres e sábado, 28 […]

Unha vintena de mariñeiros galegos e mariñeiras galegas irán a Bruxelas para abordar no Parlamento Europeo os problemas da pesca

Debaterán mércores e xoves no seminario ‘Defensa e protección da pesca artesanal e a pequena escala’ organizado polo GUE/NGL, AGE, Sinn Féin e PCP.  Lídia Senra destaca a importancia deste tipo de citas internacionais para loitar polo desenvolvemento dun sector pesqueiro sustentable mundial. Ao redor dunha vintena de mariñeiros e mariñeiras de Galiza desprazaranse a Bruxelas esta […]