🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Medicina Interna do HULA liderou o grupo de traballo para a aplicación do Telea na Comunidade autónoma a pacientes con insuficiencia cardíaca crónica

O Hospital Universitario Lucus Augusti ten implantado o TELEA para o seguimento domiciliario de pacientes crónicos con insuficiencia cardíaca, que son monitorizados no seu domicilio e seguidos de xeito pormenorizado polo Servizo de Medicina Interna do Hospital Universitario Lucus Augusti. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, desprazouse hoxe a Lugo, onde coñeceu os primeiros […]

CCOO-Sanidade amosa a súa preocupación pola supresión da área sanitaria da Mariña

O sindicato comarcal de CCOO-Sanidade amosa a súa preocupación pola supresión da área sanitaria da Mariña, medida prevista pola Xunta na súa pretensión de modificar a actual Lei de saúde de Galicia. O sindicato lembra que hai servizos xa «precarizados e con elevada listaxe de espera», como a reumatoloxía, ou cun só especialista, como a […]

Advirten da saturación do HULA a tres días do peche de Cirurxía

A CIG-Saúde de Lugo vén de denunciar que a 3 días do programado peche da planta de Cirurxía, o hospital está completamente ocupado. “Esta mañá Urxencias amenceu coa unidade de Observación chea de doentes e adiante 4 doentes de observación e 2 pendentes de ingreso na súa camiña”, aseguran. Diante desta situación a CIG-Saúde insiste […]

Denuncian a “parálise” do HULA durante dous meses no verán polo peche de plantas

A CIG-Saúde de Lugo vén de denunciar o peche de camas e plantas; o desprazamento do persoal para cubrir ao que está de vacacións e a situación de parálise que isto provoca  durante dous meses de verán no HULA. Uns peches que a dirección xustifica en base a “estatísticas varias que levan ao invariable argumento […]

Olalla Rodil: “En Galiza chove e en Lugo tamén, non é normal que no HULA entre a auga como se veu onte”

A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, presentou, esta mesma mañá, unha serie de preguntas no Parlamento Galego en relación as filtracións de auga derivadas da choivas de onte nalgunhas dependencias do HULA. Rodil dixo que “o BNG quere que se esclareza se a auga entrou por un defecto construtivo ou por fallos no mantemento do […]

“Adecuación dos recursos de hospitalización á actividade asistencial”, novo eufemismo para o peche de camas

CIG-Saúde denuncia que, un ano máis haberá peche de camas no HULA, aínda que desta volta o Sergas pretende ocultar esta realidade cualificando a decisión de “adecuación dos recursos de hospitalización á actividade asistencial”. Deste xeito, engaden, unidades co 100% de ocupación ao longo do ano son pechadas sen consideración ningunha, “sen ter en conta […]

O centro de saúde da Milagrosa exemplifica o abandono sanitario do Goberno de Feijóo

Son catro plantas de consultas, pero só hai un ascensor para que os pacientes poidan subir para ser atendida. O centro de saúde da Milagrosa atende a 30.000 persoas e o edificio no que está instalado non ten capacidade física para ofrecer todas as coberturas. Os profesionais do centro aseguraron ao voceiro do GP de […]

“Clece despide e o Sergas consinte”

As traballadoras e traballadores da limpeza do HULA están desenvolvendo esta semana concentracións para reclamar a readmisión inmediata dunha compañeira á que Clece (empresa concesionaria do servizo) despediu “por non cumprir os obxectivos”, debido a que estivo de baixa laboral por unha enfermidade crónica. As concentracións están desenvolvéndose pola mañá e pola tarde na entrada […]