A CIG chama a participar na manifestación nacional de mulleres que terá lugar o domingo 4 de marzo en Vigo

A CIG fai un chamamento a participar na manifestación nacional de mulleres que o domingo 4 de marzo, dende ás 12:00 horas, percorrerá as rúas de Vigo, no marco das mobilizacións organizadas arredor do Día Internacional da Muller Traballadora e da folga de mulleres convocada para este 8 de Marzo. A convocatoria, impulsada pola Asemblea […]

8 e 10 de Marzo: recuperando os nosos dereitos, recuperando a orixe obreira e reivindicativa de ambas datas

Coa ollada posta no 8 de Marzo e no 10 de Marzo, a CIG realizou este martes asembleas de delegadas e delegados en todas as comarcas (agás en Ourense, onde será este mércores) para abordar a convocatoria de folga de mulleres, coincidindo co Día Internacional da Muller Traballadora, e as mobilizacións convocadas co gallo do […]

20.000 euros cos que seguir espallando a cultura da igualdade de xénero entre as novas xeracións

Xornadas, conferencias, mesas redondas, ligas de debate, exposicións, ciclos de cine, concursos, talleres de lectura… o único requisito é que sexan actividades que promovan a perspectiva de xénero e que estean dirixidas ao alumnado de calquera área de coñecemento da Universidade de Vigo. A Unidade de Igualdade acaba de facer pública a convocatoria do ano 2018 […]

Educación non se toma en serio a formación do profesorado en igualdade, convivencia e inclusión

CIG-Ensino denuncia a falta de seriedade coa que se toma, a Consellaría de Educación, algo tan importante como a formación do profesorado nas áreas de igualdade, convivencia e inclusión. “Non é máis que un mero trámite legal que intenta cubrir cun curso “autoxestionado”, no que inscribe, sen comunicarllo previamente, a todo o profesorado que está […]

A Xunta e a Federación Galega de Loita forman a máis de 500 mulleres en defensa persoal ante situacións de violencia machista Escoitar

A Xunta, en colaboración coa Federación galega de Loita, está a formar a máis de 500 mulleres en defensa persoal e autocapacidades ante situacións de violencia machista a través de cursos que se están a impartir en distintas partes de Galicia. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, […]

A Xunta incide na importancia da educación para avanzar cara a igualdade e acadar unha sociedade libre de prexuízos e estereotipos

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella incidiu onte na importancia da educación para avanzar cara a Igualdade, ensinando aos nenos e nenas dende pequenos a ter unha visión do mundo e da sociedade libre de prexuízos e estereotipos, traballando deste xeito, desde a raíz para construír unha sociedade onde todas as persoas poidan […]

A secretaria xeral da Igualdade reúnese coa asociacion ‘Si, hai saída’ de loita contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse esta mañá coa presidenta da asociación de loita contra a violencia de xénero ‘Si, hai saída’, Marta Rodríguez Engroba. López Abella valorou o traballo de asociacións como esta, que busca facer visible en todos os ámbitos da sociedade a terrible lacra que supón a violencia de […]

A Xunta recibe do Estado máis de 326.000 euros para axudas destinadas a mulleres e menores vítimas da violencia de xénero

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella participou hoxe na conferencia sectorial de Igualdade, onde foron acordadas a distribución das axudas para as comunidades autónomas polas que Galicia percibirá do Estado, un total de 326.776 euros para o desenvolvemento de programas e servizos de asistencia social integral a vítimas da violencia de xénero. A […]

28-X, Día do Orgullo LGTBIQ: unha data de denuncia, reivindicación e combate

A CIG reitera o seu compromiso e a súa aposta pola igualdade social, a visibilidade da diversidade afectivo sexual e a non discriminación. Ao tempo, a central sindical denuncia a hipocrisía do Partido Popular que pese a contar cunha Lei pola igualdade e non discriminación de persoas LGTBI en Galiza, permitiu que a organización ultracatólica […]

A Xunta informa a área de Vigo das axudas e subvencións ás entidades locais para a promoción da igualdade neste 2017

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, vén de convocar as axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade correspondentes ao 2017. As subvencións obxecto de esta convocatoria achegan 4.247.778,04 euros en toda a Comunidade, o que supón un aumento do 0,29% respecto ao importe do pasado exercicio, […]

A Xunta anima aos concellos de Pontevedra a solicitar as axudas para a promoción da igualdade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentou hoxe en Pontevedra a orde de axudas do Goberno galego para o desenvolvemento de programas de fomento da conciliación; de prevención e tratamento integral da violencia de xénero; e de apoio aos centros de información ás mulleres. Estas axudas contan cun orzamento este ano de máis […]

A Xunta impulsa unha nova campaña para concienciar á mocidade dos riscos do sexting

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentaron esta mañá unha nova campaña para concienciar á mocidade dos riscos do sexting, unha práctica que consiste no envío de imaxes íntimas de forma voluntaria por parte de quen as protagoniza a través do smartphone. […]

A Policía Autonómica detén un home na Coruña por un suposto delito de violencia de xénero

Axentes da Policía Autonómica da Coruña informaron hoxe da detención dun home por un suposto delito de violencia de xénero contra a súa parella. Axentes do grupo Viogen, de Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Policía Autonómica da Coruña, foron requiridos para desprazarse ata o lugar onde aparentemente se estaba producindo un […]

Publicadas as axudas para os traballadores que se acollan á redución de xornada para o coidado de crianzas

Sae publicada a convocatoria das axudas económicas para os traballadores e familias monoparentais que, entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de maio de 2017, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas. Estas axudas teñen como obxecto a conciliación da vida familiar […]

17 de Maio: combatendo as agresións á nosa lingua, combatendo a LGTBI fobia

Dende o 17 de maio de 1990, a Asemblea Xeral da OMS aprobou a retirada do código 302.0 (relativo á homosexualidade) da Clasificación Internacional de Doenzas. A nova clasificación entrou en vigor entre os países-membro das Nacións Unidas en 1993. A pesares do recoñecemento da homosexualidade como unha manifestación da diversidade sexual, as lésbicas, gais, […]

Formar para previr e dar resposta ao acoso sexual e por razón de sexo

Os dereitos á igualdade, á non discriminación, á salvagarda da dignidade, á integridade moral, á intimidade e ao libre desenvolvemento son básicos nos estados democráticos e están recollidos e garantidos na Constitución Española, na Lei para a igualdade efectiva entre homes e mulleres e en diversas normativas da Unión Europea. Así e todo, é necesario […]

Denuncian actos de intolerancia e discriminación contra as persoas refuxiadas e migrantes

Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial, que se conmemora hoxe, CCOO denuncia os actos de intolerancia e discriminación contra as persoas refuxiadas e migrantes. O sindicato defende que esta data é «unha oportunidade» para renovar o compromiso de construír un mundo de xustiza e igualdade, no que non existan discriminacións por […]

Os concellos do BNG comprometidos coa igualdade

Arredor do Día Internacional da Muller o concello de San Sadurniño organiza a vindeira semana diversos actos para conmemorar o 8 de marzo. Entre eles destacamos a presentación do libro “Máis aló do azul e do rosa”, de Ana Torres Jack, previsto para o venres 24 de marzo, ás 18 h, na Casa da Xuventude, […]

CCOO censura a «hipocrisía» da Xunta por lle impedir a unha traballadora conciliar a vida familiar e laboral

As iniciativas de conciliación familiar son unha das promesas recorrentes da Xunta de Galicia, especialmente no marco do reto demográfico do país. Aínda esta mesma semana, na xornada «Lidera, avanzando en igualdade», o presidente galego anunciaba que nesta lexislatura se poría en marcha o I Plan Galego de Conciliación. Con todo, a Administración autonómica teima […]

Gondomar Concello Aberto denuncia a perda de subvencións en materia de igualdade do Concello de Gondomar

Este 8 de marzo de 2017, conmemórase nun contexto histórico e político cheo de dificultades para as mulleres en particular. Levamos 16 asasinadas por violencia machista no que vai de ano, o peor número da década. Pero iso só é a punta do iceberg dun sistema cultural chamado patriarcado, que está profundamente instalado na nosa […]

Ana Pontón: “Cando loitamos gañamos, e as mulleres loitadoras somos un desafío para un mundo desigual”

Na manifestación do Día Internacional das Mulleres e baixo o lema contra o acoso laboral, a portavoz do BNG, Ana Pontón lembrou que grazas a loita feminista ao longo de moitos anos  anos e do traballo, a veces en silencio, de miles de mulleres, pouco a pouco as mulleres estamos conseguindo introducirnos no ámbito público, […]

O BNG leva á Cámara o incremento da desigualdade das mulleres que se plasma en salarios e pensións

Pontón confía que no segundo intento por acadar a transferencia da AP9, “o PP non volva traizoar a Galiza e vote en Madrid o mesmo que aquí”. Suspensión das oposicións e deslocalización na automoción centran as outras iniciativas nacionalistas no próximo pleno. A portavoz nacional, Ana Pontón, anunciou un pleno “social e laboral” especialmente centrado […]

En Marea insta á Xunta a traballar pola igualdade efectiva apostando por acabar coa fenda salarial e involucrando nesta tarefa aos homes

O grupo parlamentario de En Marea preguntará ao presidente da Xunta de Galicia no vindeiro pleno polas accións que está a desenvolver o Goberno galego para acadar a igualdade real entre homes e mulleres. O portavoz parlamentario Luís Villares destacou na rolda de prensa posterior a xunta de voceiros, a necesidade de avanzar cara acabar […]

Denuncia na Fiscalía contra Asepeyo por denegar unha prestación por risco no embarazo a unha socorrista

O Comité de Gaia Complexos Deportivos presentou a mañá do pasado día 24 de febreiro a denuncia diante da Fiscalía, solicitando que abran dilixencias informativas contra Asepeyo coa finalidade de determinar se hai delito de risco no caso dunha traballadora embarazada á quen a mutua lle atrasou a prestación por risco, a pesar dos informes […]