A Federación de Servizos de CCOO de Galicia cualifica de «insuficiente» o complemento salarial anunciado por Inditex para equiparar as condicións das tendas de Lugo e Ourense coas doutras provincias. O sindicato afirma que o complemento non foi negociado, senón que o importe o decidiu unilateralmente a empresa. Ademais, non equipara realmente as condicións laborais […]
O grupo Inditex e a representación sindical asinaron este martes un acordo salarial que afecta a todos os centros de traballo da provincia de Ourense e que suporá a incorporación de dous pluses mensuais, un de 80 euros e outro de 40. Estas cantidades foron pactadas entre a dirección e as traballadoras/es de Bershka na […]
O cadro de persoal de Bershka na provincia de Pontevedra decidiu por unanimidade en asemblea aceptar o preacordo pactado onte entre e representación sindical e a dirección e desconvocar a folga indefinida iniciada o pasado venres 26 de outubro para denunciar a discriminación laboral con respecto ás compañeiras/os doutras provincias. O acordo contempla a incorporación […]
As traballadoras das tendas Bershka da provincia de Pontevedra cumpriron hoxe o noveno día de folga consecutiva para esixir que se equiparen as súas condicións coas condicións laborais e salariais que se aplican nas tendas da firma doutras provincias. Unha xornada máis, o persoal secundou a folga ao 100%, polo que as tendas de Vigo, […]
O cadro de persoal de Bershka na provincia de Pontevedra ratificou na asemblea celebrada este mércores continuar coa folga ao considerar insuficiente a proposta da empresa, que se nega a equiparar salarialmente as traballadoras/as pontevedresas coas da Coruña. Deste xeito, o paro indefinido chegou hoxe ao seu oitavo día cun seguimento do 100% e co […]
Traballadoras de Bershka da provincia de Pontevedra, que están en folga indefinida dende o 26 de outubro, trasladaron este luns até a sede de Inditex en Arteixo as súas protestas en demanda da aplicación das melloras laborais pactadas noutras provincias e rematar así coa discriminación que padecen. O persoal desenvolveu unha concentración ás portas da […]
O 100% do cadro de persoal de Bershka da provincia de Pontevedra secundou a primeira xornada da folga indefinida convocada polo comité de empresa (cinco delegadas da CIG) para reclamar a aplicación das melloras laborais pactadas noutras provincias, o que permitiría acabar coa discriminación que padecen as traballadoras/es. Os cinco establecementos da marca do grupo téxtil […]
Traballadoras e traballadores de Stradivarius concentráronse este xoves en protesta pola decisión repentina do Grupo Inditex de pechar a tenda situada no Centro Comercial Catro Camiños. Dende CIG-Servizos denuncian que este peche provocará o empeoramento das condicións laborais das traballadoras da Coruña e deixará sen validez moitos dos acordos alcanzados coa empresa até o de […]
Empregadas/os das tendas de Inditex na provincia de Pontevedra mobilizáronse hoxe en Vigo convocadas pola CIG e CCOO para demandar que se lles apliquen as mesmas condicións laborais pactadas na Coruña, que contemplan toda unha serie de melloras. Dende a federación de Servizos da central nacionalista reclámase un acordo global para todas as tendas do grupo […]
O comité de empresa de Lefties (CIG, CCOO e UGT) concentrouse hoxe ás 12:00 horas, a concentración diante da sede principal de Inditex, en Arteixo, en protesta pola “reiterada actitude de desprezo” da Dirección da empresa polos dereitos das traballadoras e traballadores de Lefties e en demanda de melloras nas condicións laborais que veñen reclamando […]
Comunicado da Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública Amancio Ortega anunciou recentemente a doación de 320 millóns de euros á sanidade pública (17 en Galicia) para adquirir 290 equipos médicos para a sanidade do estado. A pregunta é por que o propietario dunha multinacional realiza unha doación tan altruísta, cando a súa empresa […]
A empresa Bershka, pertencente ao grupo téxtil coruñés Inditex, deu marcha atrás na súa proposta de trasladar 16 traballadoras das dúas tendas que pretende pechar en Vigo a outras zonas tras a convocatoria de folga indefinida presentada polo comité de empresa, integrado por cinco representantes da CIG. Dende a federación de Servizos da central denuncian […]
Empregadas/os das tendas de Inditex na provincia de Pontevedra mobilizáronse a tarde de onte en Vigo para que se lles apliquen as mesmas condicións laborais que veñen de ser pactadas na da Coruña. As centrais convocantes -CIG, CCOO e UGT- reclaman un acordo global en todas as tendas do grupo téxtil en cada unha das […]