🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O ilustrador vigués Ramón Trigo impartirá en Xullo o obradoiro infantil “Como construír un libro” na libraría “Libros para sonar”

O ilustrador vigués Ramón Trigo vai impartir un obradoiro infantil, dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos, sobre “Como construír un libro”. Realizarase en LIBROS PARA SOÑAR os días 6, 7 e 8 de xullo en horario de 11:00 a 13:00 horas, cunha pausa para que os rapaces e rapazas participantes tomen cadansúa merenda, que […]

A libraría Libros para soñar celebra o seu 15º aniversario neste día do libro

A libraría infantil LIBROS PARA SOÑAR, do Casco Vello vigués, cumprirá 15 anos coincidindo co Día do Libro, este xoves. Como é tradición, na propia data do 23 de abril, as compras de libros terán un 10% de desconto. A celebración do 15º aniversario realizarase o venres, no marco da sesión de contacontos habitual, a partir das 18:30 […]

En abril, novo curso de contacontos impartido por Bea Campos

– A narradora Beatriz Campos impartirá en Abril un novo curso de contacontos para adultos. Tralo éxito das sesións formativas realizadas en marzo e ante a demanda acumulada, a actriz e narradora Beatriz Campos vai impartir un novo curso de contacontos para adultos neste vindeiro mes. Celebrarase os días 7, 8, 9 e 10 de abril de […]