Esgotadas as invitacións para o concerto de Paco Nogueiras que presenta “RADIO BULEBULE” en libros para soñar

A libraría LIBROS PARA SOÑAR, no Casco Vello de Vigo, acollerá mañá venres a partir das 18:30 horas, o concerto de presentación do novo libro-cd-dvd de Paco Nogueiras, “Radio BULEBULE”, publicado por KALANDRAKA, con ilustracións de David Pintor e videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo. O espectáculo é de balde, se ben as invitacións para […]

O ilustrador vigués Ramón Trigo imparte a próxima semana o obradoiro infatil “Un libro Enrollado” en libros para soñar

O artista vigués Ramón Trigo vai impartir un obradoiro infantil de ilustración co lema “Un libro enrollado”, dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos. Realizarase en LIBROS PARA SOÑAR os días 10, 11, e 12 deste mes de xullo en horario de 11:00 a 13:00 horas, cunha pausa para que os rapaces […]

Libros para soñar: exposición e feira do libro de Vigo

LIBROS PARA SOÑAR participa esta semana na Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Porta do Sol do 29 de xuño ata o 8 de xullo. Na caseta número 4 da libraría especializada en literatura infantil e xuvenil haberá unha ampla variedade de propostas para público de todas as idades: dende os novos […]

O sector editorial galego explora novas vías para a internacionalización na Feira do Libro de Boloña

O sector editorial galego participa desde hoxe e ata o 6 de abril na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia, un encontro profesional de referencia que reúne os principais axentes do sector. Faino co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria, en coordinación coa Asociación Galega de Editoras (AGE), que […]

Sesión de contacontos de entroido entre disfraces en Libros para Soñar

O brillo das telas, o colorido das perrucas, a variedade de variñas máxicas, espadas, gorros e coroas vai crear unha atmosfera moi especial na sesión de contacontos de LIBROS PARA SOÑAR, mañá venres a partir das 18:30 horas. Con motivo do Entroido, os nenos e nenas que o desexen poderán acudir á libraría ataviados cos […]

Xosé Ballesteros presenta “Os tres porquiños” en Libros Para Soñar

O AUTOR XOSÉ BALLESTEROS PRESENTA ‘OS TRES PORQUIÑOS’ MAÑÁ EN LIBROS PARA SOÑAR LIBROS PARA SOÑAR recibirá este venres, a partir das 18:30 horas, a visita do autor Xosé Ballesteros, que presentará “Os tres porquiños”, do que KALANDRAKA acaba de publicar unha adaptación súa ilustrada polo artista italiano Marco Somà. Deste coñecido conto popular destacan […]

Libros para soñar estrea o programa de febreiro dedicado aos contos tradicionais

“Os catro amigos” será un dos contos tradicionais que centrarán a sesión de mañá venres en LIBROS PARA SOÑAR, estreando o novo programa de actividades de animación á lectura para este mes de febreiro. A partir das 18:30 horas, a familia formada por Xaime Rivas, Marga e Xoel participará nunha sesión de contacontos que vai […]

“Libros para soñar” retoma a súa actividade para público infantil

Trala paréntese do Nadal, LIBROS PARA SOÑAR reanuda mañá venres a súa programación habitual de animación á lectura para público infantil, cunha sesión de contacontos a partir das 18:30 horas na que o fío condutor serán os contos tradicionais protagonizados por osos. Así, “Os tres osos”, adaptado por Xosé Ballesteros, ilustrado por Miguel Tanco e […]

Libros Para Soñar homenaxea a Gloria Fuertes

A obra de Gloria Fuertes (Madrid, 1917-1998) será o fío condutor da sesión de animación á lectura de mañá venres a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo 1, Vigo), con motivo da publicación de “Poemas de La Oca Loca”. Este libro, editado por KALANDRAKA, reúne 25 composicións da poeta dos nenos, nunha […]

Libros para Soñar festexa o Día das Librerías recibindo os autores gregos gañadores do IX Premio Internacional Compostela

O álbum “Unha última carta”, de Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, vén de ser publicado por KALANDRAKA nas cinco linguas peninsulares Coincidindo co Día das Librarías, LIBROS PARA SOÑAR recibe este venres ás 18:30 horas os autores gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, gañadores do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado coa obra “Unha […]

A narradora Beatriz Campos imparte este mes un curso de Contacontos para adultos

A actriz e narradora Beatriz Campos impartirá un curso de contacontos para adultos do 24 ao 27 deste mes de outubro. Celebrarase na libraría LIBROS PARA SOÑAR do Casco Vello vigués e xa está aberto o periodo de inscrición, con prazas limitadas. “A arte de contar contos” realizarase en horario de 17:00 a 20:00 horas e está dirixido […]

Taller infantil en LIBROS PARA SOÑAR impartido por Ramón Trigo

O ilustrador vigués Ramón Trigo vai impartir un obradoiro infantil co lema “Animalario”, dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos. Realizarase en LIBROS PARA SOÑAR os días 12, 13 e 14 de xullo en horario de 11:00 a 13:00 horas, cunha pausa para que os rapaces e rapazas participantes tomen cadansúa merenda, previamente preparada na […]

Olalla González e Marc Taeger presentan “Garavanciño” en vésperas do Día da Nai

A mestra, adaptadora de contos e narradora Olalla González e o ilustrador e deseñador Marc Taeger serán os invitados da sesión especial de contacontos que, en vésperas do Día da Nai, vai celebrar LIBROS PARA SOÑAR, mañá venres ás 18:30 horas. Nesta recta final do mes do libro e da lectura, Olalla González e Marc Taeger van presentar […]

Libros para Soñar celebra este venres os seus 16 anos

LIBROS PARA SOÑAR cumpre 16 anos neste 23 de abril, Día do Libro, e con tal motivo, adiantará a celebración ao venres 22 para facela coincidir coa súa habitual sesión de contacontos, ás 18:30 horas. Nesta ocasión especial recibirá a visita do ilustrador vigués -afincado en Pontevedra- Kiko Da Silva e do intérprete de zanfona Xaime Corral, […]

Clausura da exposición de BALEA en El Halcón Milenario

O espazo artístico ‘El Halcón Milenario’ (Rúa Cervantes, 18) de Vigo vai celebrar este venres 18 de marzo, ás 20:30 horas, a clausura da exposición sobre o proceso creativo de “Balea”, un libro despregable dos ilustradores vigueses Federico Fernández e Germán González, publicado por KALANDRAKA. A mostra completouse cun obradoiro de ilustración para público infantil. […]

Exposición de BALEA en El Halcón Milenario, Vigo

O espazo artístico ‘El Halcón Milenario’ (Rúa Cervantes, 18) de Vigo vai inaugurar este venres 11 de marzo, ás 20:30 horas, unha completa e ampla exposición do proceso creativo de “Balea”, un libro despregable dos ilustradores vigueses Federico Fernández e Germán González, publicado por KALANDRAKA. Na mostra -que se poderá visitar o día da inauguración, o sábado 12 […]

A mestra Xulia Fernández impartirá o venres en “Libros para Soñar” unha charla para adultos sobre a xestión das emocións

A habitual sesión de animación á lectura dos venres na libraría LIBROS PARA SOÑAR do Casco Vello vigués modificarase esta semana para acoller unha actividade dirixida especificamente a nais e a pais, así como a público adulto en xeral. A mestra Xulia Fernández impartirá un obradoiro a partir das 18:30 horas, co lema “Emocionándonos”. Trátase dunha charla sobre […]

Contacontos para bebés, ás 17:30h en Libros para soñar

“Paxariña de papel“, un dos títulos da colección Do berce á lúa para pre-lectores, de Antonio Rubio e Óscar Villán, formará parte do repertorio da sesión especial de contacontos para bebés que se vai celebrar mañá mércores, a partir das 17:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. A entrada, ata completar aforo, é de balde. Os paxaros, e en especial os pitiños, […]

Curso de contacontos en novembro, con Beatriz Campos

Tralo curso de contacontos para adultos impartido pola actriz e narradora Beatriz Campos neste mes de outubro, LIBROS PARA SOÑAR volve convocar unha nova edición desta actividade formativa para o vindeiro mes de novembro, dende o luns día 16 ao xoves 19 en horario de 10:30 a 13:30 horas. Está dirixido a educadores e docentes, bibliotecarios, mediadores de […]

Comeza a nova tempada de actividades en LIBROS PARA SOÑAR

Libros para soñar retoma a súa programación para público infantil presentando o libro “A Escada Vermella” LIBROS PARA SOÑAR vai inaugurar mañá a nova tempada de actividades cunha sesión de contacontos para público infantil e familiar na que, a partir das 18:30h, se presentará o álbum “A escada vermella”, do ilustrador Fernando Pérez Hernando. Trátase dunha fábula […]

O ilustrador vigués Ramón Trigo impartirá en Xullo o obradoiro infantil “Como construír un libro” na libraría “Libros para sonar”

O ilustrador vigués Ramón Trigo vai impartir un obradoiro infantil, dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos, sobre “Como construír un libro”. Realizarase en LIBROS PARA SOÑAR os días 6, 7 e 8 de xullo en horario de 11:00 a 13:00 horas, cunha pausa para que os rapaces e rapazas participantes tomen cadansúa merenda, que […]

Libros para soñar adiántase ao día das Letras Galegas coa visita este venres do artista vigués Ramón Trigo

As actividades deste mes de maio contarán coa participación de varios colectivos da cidade O artista vigués Ramón Trigo será o invitado especial da sesión de animación á lectura que celebrará este venres, a partir das 18:30 horas, na libraría LIBROS PARA SOÑAR, co lema “As nosas letras, os nosos contos”. Adiantándose ao Día das Letras Galegas, que […]

En abril, novo curso de contacontos impartido por Bea Campos

– A narradora Beatriz Campos impartirá en Abril un novo curso de contacontos para adultos. Tralo éxito das sesións formativas realizadas en marzo e ante a demanda acumulada, a actriz e narradora Beatriz Campos vai impartir un novo curso de contacontos para adultos neste vindeiro mes. Celebrarase os días 7, 8, 9 e 10 de abril de […]

Os osos protagonizan as sesións de Contacontos de Libros para Soñar

– Marzo é o mes dos osos en LIBROS PARA SOÑAR. A sesión de contacontos de mañá venres ás 18:30 horas, co lema “Osos, osos e máis osos”, será o punto de partida dun amplo repertorio de relatos protagonizados por un animal co que os nenos e nenas están moi familiarizados. Dende clásicos como “Imos […]