A Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Mariña vén de facer un chamamento a todas as veciñas e veciños da comarca para que participen na manifestación convocada para este xoves, 1 de marzo, en rexeitamento á Lei de Saúde do PP. A marcha sairá ás 20h dende o Hospital da Costa e rematará diante […]
O grupo parlamentario En Marea a través da súa voceira de Sanidade, a deputada Eva Solla reclamou esta tarde no Parlamento de Galicia a retirada do anteproxecto da Lei de Saúde de Galicia ao entender que contribuirá á reforzar o desmantelamento e a privatización do sistema sanitario galego, ademais de esixir que se reverta a […]
O voceiro de En Marea, Luís Villares, dirixiu a pregunta ao presidente durante a sesión de control do Parlamento para criticar duramente a reforma da Lei de Saúde “aprobada nunha ponte festiva” e acusou a Feijóo de ser un “presidente separatista que alonxa aos pacientes dos hospitais e en sanidade a distancia mata”, en referencia […]
Por desgraza seguimos a ter motivos para unha nova Marea di a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública. A Trixésima Marea Branca. Nesta ocasión o goberno de Núñez Feijoo, aproveitando unha longa ponte festiva, con nocturnidade e alevosía, unha vella táctica para tratar de ocultar esta infamia o mais posible, aprobou o pasado xoves para a súa remisión ao Parlamento, a reforma que […]
O grupo parlamentario de En Marea denunciou o novo desmantelamento da atención primaria por parte do Goberno galego. Como xa fixeran co Anteproxecto de reforma, en pleno verán, o Consello da Xunta aproba a proposta de reforma da Lei de Saúde na véspera dun festivo, no medio dunha longa ponte, cunha clara intención de que […]
Dentro da rolda de de xuntanzas informativas que está a manter con distintos colectivos, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, reuniuse hoxe cos representantes da Federación galega de municipios e provincias (Fegamp), para aclararlles as súas dúbidas respecto do anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de […]
Este mércores, traballadoras/es da sanidade e usuarios/as volveron mobilizarse no Hospital da Costa e nos centros sanitarios da comarca da Mariña para esixir a retirada do anteproxecto de lei “que pretende borrarnos do mapa como área sanitaria”. Durante as protestas, a xunta de persoal volveu reclamar a capacidade de xestionar dende a comarca tanto os […]
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, reuniuse esta mañá en senllos encontros con alcaldes e representantes municipais da zona de Cee e Verín, para explicar os puntos máis salientables do anteproxecto de Lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia. Almuiña avanzou que a modificación normativa […]
Traballadoras e traballadores da sanidade xunto con veciñas e veciños da comarca, participaron este mediodía nas concentracións convocadas pola Xunta de Persoal en rexeitamento á reforma da Lei de Saúde formulada pola Consellaría que suporá, entre outras cuestións, a supresión da Área Sanitaria da Mariña. As protestas desenvolvéronse ao mediodía na entrada ao Hospital da […]
A CIG-Saúde solicita a retirada inmediata do anteproxecto de Lei presentado onte na mesa sectorial do SERGAS, polo que se suprimen as actuais áreas sanitarias do Barco, A Mariña, Monforte e O Salnés. A central sindical entende que o obxectivo do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da sanidade pública -dando […]