Esgotadas as invitacións para o concerto de Paco Nogueiras que presenta “RADIO BULEBULE” en libros para soñar

A libraría LIBROS PARA SOÑAR, no Casco Vello de Vigo, acollerá mañá venres a partir das 18:30 horas, o concerto de presentación do novo libro-cd-dvd de Paco Nogueiras, “Radio BULEBULE”, publicado por KALANDRAKA, con ilustracións de David Pintor e videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo. O espectáculo é de balde, se ben as invitacións para […]

Libros para soñar: exposición e feira do libro de Vigo

LIBROS PARA SOÑAR participa esta semana na Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Porta do Sol do 29 de xuño ata o 8 de xullo. Na caseta número 4 da libraría especializada en literatura infantil e xuvenil haberá unha ampla variedade de propostas para público de todas as idades: dende os novos […]

Cé Orquesta Pantasma presenta as cancións de “Fíos do querer”

O artista vigués César Freiría, promotor do proxecto musical Cé Orquesta Pantasma, será o invitado especial na sesión de contacontos de LIBROS PARA SOÑAR, onde mañá venres presentará as cancións do seu libro-disco para bebés “Fíos do querer”, editado por Miudiño. Excepcionalmente, a actividade celebrarase ás 17:30 horas. Consistirá nun encontro interactivo onde os nenos […]

Libros Para Soñar celebrar o seu aniversario cunha sesión de contacontos

LIBROS PARA SOÑAR celebra o seu aniversario neste 23 de abril, Día do Libro, e con tal motivo, adiantará a celebración a este día venres 21 para facela coincidir coa súa habitual sesión de contacontos, ás 18:30 horas. Nesta ocasión especial recibirá a visita do ilustrador vigués Federico Fernández, que debuxará personaxes dos seus libros, entre […]

Contos protagonizados por personaxes femininos en Libros para soñar

LIBROS PARA SOÑAR súmase á celebración do Día Internacional da Muller cunha sesión de contacontos, mañá venres a partir das 18:30 horas, que vai xirar arredor das historias protagonizadas por figuras femininas: reivindicar a personalidade propia, o carácter audaz e aventureiro diante do descoñecido, a curiosidade ou o desexo de desconectar de cando en vez […]

Sesión de contacontos de entroido entre disfraces en Libros para Soñar

O brillo das telas, o colorido das perrucas, a variedade de variñas máxicas, espadas, gorros e coroas vai crear unha atmosfera moi especial na sesión de contacontos de LIBROS PARA SOÑAR, mañá venres a partir das 18:30 horas. Con motivo do Entroido, os nenos e nenas que o desexen poderán acudir á libraría ataviados cos […]

Pesdelán imparte este venres un obradoiro de danzas do entroido en todo o mundo

O grupo Pesdelán visitará LIBROS PARA SOÑAR este venres 17 de febreiro, a partir das 18:30 horas, para impartir un obradoiro de danzas do Entroido que se representan en moitos países do mundo. A actividade, que forma parte do seu novo traballo musical, titulado “Entroidanzas”, ten carácter dinámico, participativo e didáctico, e está dirixida tanto […]

Libros para soñar estrea o programa de febreiro dedicado aos contos tradicionais

“Os catro amigos” será un dos contos tradicionais que centrarán a sesión de mañá venres en LIBROS PARA SOÑAR, estreando o novo programa de actividades de animación á lectura para este mes de febreiro. A partir das 18:30 horas, a familia formada por Xaime Rivas, Marga e Xoel participará nunha sesión de contacontos que vai […]

“Libros para soñar” retoma a súa actividade para público infantil

Trala paréntese do Nadal, LIBROS PARA SOÑAR reanuda mañá venres a súa programación habitual de animación á lectura para público infantil, cunha sesión de contacontos a partir das 18:30 horas na que o fío condutor serán os contos tradicionais protagonizados por osos. Así, “Os tres osos”, adaptado por Xosé Ballesteros, ilustrado por Miguel Tanco e […]

O músico Paco Nogueiras en LIBROS PARA SOÑAR

O músico Paco Nogueiras será o invitado especial de LIBROS PARA SOÑAR mañá venres, na primeira sesión de contacontos deste mes de decembro, a partir das 18:30 horas. O artífice das cancións do libro-disco “Brinca Vai!” interpretará pezas tan coñecidas desta obra publicada por KALANDRAKA, como “Cos pés na terra”. Ademais das cancións, tamén contará […]

“A árbore da escola”, este venres en LIBROS PARA SOÑAR

LIBROS PARA SOÑAR presentará mañá venres, a partir das 18:30 horas, o libro “A árbore da escola”, do escritor, comunicador ambiental e ornitólogo coruñés Antonio Sandoval. Trátase dun álbum infantil, ilustrado polo Premio Nacional Emilio Urberuaga, que conta a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando no patio do colexio grazas ao […]

Libros Para Soñar homenaxea a Gloria Fuertes

A obra de Gloria Fuertes (Madrid, 1917-1998) será o fío condutor da sesión de animación á lectura de mañá venres a partir das 18:30 horas, en LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo 1, Vigo), con motivo da publicación de “Poemas de La Oca Loca”. Este libro, editado por KALANDRAKA, reúne 25 composicións da poeta dos nenos, nunha […]

Libros para Soñar festexa o Día das Librerías recibindo os autores gregos gañadores do IX Premio Internacional Compostela

O álbum “Unha última carta”, de Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, vén de ser publicado por KALANDRAKA nas cinco linguas peninsulares Coincidindo co Día das Librarías, LIBROS PARA SOÑAR recibe este venres ás 18:30 horas os autores gregos Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, gañadores do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado coa obra “Unha […]

A narradora Beatriz Campos imparte este mes un curso de Contacontos para adultos

A actriz e narradora Beatriz Campos impartirá un curso de contacontos para adultos do 24 ao 27 deste mes de outubro. Celebrarase na libraría LIBROS PARA SOÑAR do Casco Vello vigués e xa está aberto o periodo de inscrición, con prazas limitadas. “A arte de contar contos” realizarase en horario de 17:00 a 20:00 horas e está dirixido […]

Feira do Libro de Vigo: sinaturas na caseta de Libros para Soñar

LIBROS PARA SOÑAR contará coa caseta número 7 na Feira do Libro, que abrirá mañá ao público na Porta do Sol, ata o 10 de xullo. Ademais das propostas que ofrece o programa da feira nesta fin de semana, a caseta de LIBROS PARA SOÑAR recibirá a visita de Paco Nogueiras, intérprete da música e das cancións […]

Taller infantil en LIBROS PARA SOÑAR impartido por Ramón Trigo

O ilustrador vigués Ramón Trigo vai impartir un obradoiro infantil co lema “Animalario”, dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos. Realizarase en LIBROS PARA SOÑAR os días 12, 13 e 14 de xullo en horario de 11:00 a 13:00 horas, cunha pausa para que os rapaces e rapazas participantes tomen cadansúa merenda, previamente preparada na […]

O poeta Antonio Rubio visita esta semana Libros para Soñar para participar nos contacontos e ofrecer unha sesión formativa

O poeta Antonio Rubio, autor da colección “Do berce á lúa” para pre-lectores, de libros para público infantil como “Almanaque musical”, “Cores”, “Números”, e adaptacións de contos tradicionais como “A merliña” e “O poliño da abeleira”, publicados por KALANDRAKA, visitará esta semana LIBROSPARA SOÑAR. A primeira cita será este mércores, con dúas actividades: ás 17:30 horas participará na […]

Olalla González e Marc Taeger presentan “Garavanciño” en vésperas do Día da Nai

A mestra, adaptadora de contos e narradora Olalla González e o ilustrador e deseñador Marc Taeger serán os invitados da sesión especial de contacontos que, en vésperas do Día da Nai, vai celebrar LIBROS PARA SOÑAR, mañá venres ás 18:30 horas. Nesta recta final do mes do libro e da lectura, Olalla González e Marc Taeger van presentar […]

Libros para Soñar celebra este venres os seus 16 anos

LIBROS PARA SOÑAR cumpre 16 anos neste 23 de abril, Día do Libro, e con tal motivo, adiantará a celebración ao venres 22 para facela coincidir coa súa habitual sesión de contacontos, ás 18:30 horas. Nesta ocasión especial recibirá a visita do ilustrador vigués -afincado en Pontevedra- Kiko Da Silva e do intérprete de zanfona Xaime Corral, […]

Libros para soñar retoma mañá venres as sesións de contacontos na véspera do Día Internacional da Literatura infantil e xuvenil

Tras reabrir recentemente as súas portas, LIBROS PARA SOÑAR retomará mañá venres, a partir das 18:30 horas, a súa programación habitual de actividades de animación á lectura para público infantil. Na véspera do Día do Libro Infantil e Xuvenil, que se conmemora o sábado 2 de abril en homenaxe ao escritor Hans Christian Andersen polo aniversario do seu […]

Susa Herrera actuará en Libros para soñar presentando as súas novas cancións

A profesora Susa Herrera será a invitada especial da libraría LIBROS PARA SOÑAR na presentación do seu novo libro-disco “En Cabárceno se sigue cantando”. A actuación, dirixida a público infantil a partir de 6 anos, será mañá mércores ás 18:00 horas, con entrada libre ata completar aforo. “En Cabárceno se sigue cantando” é o segundo volume dunha […]

O músico Paco Nogueiras faille unha homenaxe a Xosé Neira Vilas

Na sesión de mañá en Libros para Soñar interpretará varias cancións do seu poemario “Cantarolas”  LIBROS PARA SOÑAR acollerá mañá venres, a partir das 18:30 horas, un acto de homenaxe ao escritor Xosé Neira Vilas, falecido o pasado 27 de novembro. O músico galego Paco Nogueiras será o condutor desta sesión especial de contacontos, na que falará […]

Cantos e contos no Nadal: actividades de LIBROS PARA SOÑAR en decembro

“Cantos e contos no Nadal” é o lema da programación deste mes, que inclúe unha homenaxe a Xosé Neira Vilas e a presentación dun libro despregable de autores vigueses  “Imos cazar un oso”, un clásico da literatura infantil de Michael Rosen e Helen Oxenbury, é a obra na que se inspira a sesión de contacontos deste venres, […]

Taller de arte en Libros para Soñar

LIBROS PARA SOÑAR dedicará a sesión de mañá venres, a partir das 18:30 horas, a contar relatos relacionados coa arte. “O artista que pintou un cabalo azul”, de Eric Carle, e “O soño de Matías”, de Leo Lionni, publicados por KALANDRAKA, serán dous dos títulos destacados. Os seus autores son prestixiosos artistas plásticos que enfocaron o seu talento á […]