O equipo de liga EBA do C.B. Seis do Nadal-Coia regresa a Navia para recibir ao Santo Domingo Betanzos

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia xogará esta fin de semana no pavillón de Navia a terceira xornada da Liga EBA da presente tempada 16/17, segunda xornada da competición que xogará como conxunto local. O encontro será o domingo día 23 de outubro do 2016 ás 18:30 horas no pavillón de Navia ante […]

Iago González renova co C. B. Seis do Nadal – Coia

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia segue sumando pezas para completar a plantilla do equipo de Liga EBA da presente tempada 2016/2017. Nesta ocasión súmase ao proxecto Iago González, xogador que se incorporaba á entidade a pasada tempada e que foi un dos xogadores partícipes do Ascenso conseguido na Fase Final disputada en […]

David Bernárdez, nova renovación para o equipo de Liga EBA do C.B. Seis do Nadal – Coia

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia continúa traballando nas renovacións dos xogadores que xa militaban no conxunto vigués na pasada tempada 2015/2016, tempada na que se conseguiu o ascenso a Liga EBA. Desde un primeiro momento a renovación dos xogadores da pasada campaña foi o obxectivo da entidade para esta nova aventura. David […]

Pablo González convértese na primeira incorporación do equipo de liga EBA do C.B. Seis do Nadal – Coia

Pablo González convértese na primeira incorporación para o equipo de Liga EBA do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia da presente tempada 2016/2017, primeira tempada na historia da entidade que se competirá en dita competición. Pablo González, nado no ano 1989 e alero de 1,96 metros de altura, incorpórase ao Club Baloncesto Seis do […]

Sergio González dirixirá ao equipo de liga EBA, C.B. Seis do Nadal – Coia

Sergio González, Director Deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia desde a tempada 2007/2008 e adestrador no club desde a campaña 2003/2004, compartirá nesta nova tempada 2016/2017 a súa labor de xestión deportiva, da entidade con maior número de licenzas da comunidade galega, coa dirección do equipo de Liga EBA. Como adestrador de […]

Cristian García, nova renovación do C.B. Seis do Nadal – Coia

Cristian García convértese na nova renovación do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia para o equipo que competirá na Liga EBA por primeira vez na historia da entidade e despois do Ascenso conseguido a pasada tempada 2015/2016. Cristian García, nado no ano 1993 e alero de 1,85 m., formouse como xogador de baloncesto no […]

Fernando Mouriño convértese na nova renovación do equipo de Liga EBA do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia

Na mesma xornada na que a Federación Española de Baloncesto confirmaba ao Seis do Nadal como novo equipo da Liga EBA, o equipo facía pública a renovación de Fernando Mouriño. O alero nado no ano 1980, especialista no lanzamento e máis concretamente no tiro de tres, comezou a xogar con quince anos en Celanova, vila […]

Óscar García formará parte do equipo de liga EBA do C. B. Seis do Nadal – Coia

Óscar García fomará parte do equipo de Liga EBA do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, entidade que competirá por primeira vez na súa historia en dita categoría. Óscar García cumprirá a súa décimo primeira tempada no Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia. Incorporouse ás Escolas Deportivas do club na tempada 2006/2007 en […]

Alexandre Pérez xogará no C.B. Seis do Nadal – Coia de Liga EBA

O xogador nado no ano 1990 cumprirá a súa décimo séptima tempada como xogador do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia. Alexandre comezou a súa formación na entidade na tempada 1996/1997 na categoría benxamín e, salvo en categoría júnior e no primeiro ano de categoría sénior, estivo ligado aos equipos do Seis do Nadal. […]