🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Normalización Lingüística propón cursos virtuais e presenciais para mellorar a redacción en lingua galega

Mellorar a redacción, ampliar vocabulario e actualizar os coñecementos son os obxectivos do catálogo de cursos cuadrimestrais que organiza a Área de Normalización Lingüística. Co curso a piques de rematar teñen xa perfilada a oferta para o primeiro cuadrimestre do 2017-2018, e continúan apostando por combinar cursos virtuais e outros presenciais, tratando de favorecer a participación e […]

Maniféstate pola lingua. En galego sen limites! #17MQueremosGalego

A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo, anunciou hoxe a convocatoria dunha multitudinaria manifestación para o 17 de maio baixo o lema “en galego sen límites”. A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda. O anuncio foi realizado hoxe polo voceiro […]

Carlos Casares chegará aos fogares na bolsa da compra de Vegalsa-Eroski para festexar as Letras

O autor homenaxeado pola Real Academia Galega (RAG) con motivo deste 17 de maio, Carlos Casares, chegará desde hoxe aos fogares galegos na bolsa da compar de Vegalsa-Eroski para festexar as Letras Galegas. A compañía galega de distribución alimentaria e a Secretaría Xeral de Política Lingüística lanzan por sétimo ano unha campaña especial conmemorativa que […]

O concello de Ourense denega permiso para recoller apoios á ILP a favor do galego nas relacións de consumo

A Mesa pola Normalización Lingüística recibiu do Concello de Ourense a denegación da solicitude de colocación dun posto de recollida de sinaturas para apoiar a campaña da ILP polos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. A resposta remitida polo Concello pon de manifesto o odio ao galego por parte do alcalde, Jesús Vázquez Abade, público e […]

‘Conversas en Empresariais’ afonda no compromiso e no valor da lingua galega na actividade empresarial

O encontro ‘Conversas en Empresariais’ afondou onte á mañá na Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo no compromiso e no valor da lingua galega na actividade empresarial e no uso e promoción da lingua propia de Galicia no sector socioeconómico. O foro de debate clausurouno o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín […]

‘Tic Tac Toc’ e ‘A galiña azul’ fan parada en Boqueixón e en Baiona esta fin de semana no ‘FalaRedes’

O FalaRedes, programa que impulsa a Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, nos concellos que forman parte da súa Rede de Dinamización Lingüística (RDL), fará parada esta fin de semana nos concellos de Baiona e Boqueixón. As dúas localidades acollerán, respectivamente, as actividades ‘A galiña azul’, de Ubú Teatro, e […]

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou en Lugo a campaña “Cárgate de sentido común”

A Mesa presentou onte, día 31 de marzo, na Galería Sargadelos en Lugo,  a nova campaña que se está a desenvolver para impulsar a Iniciativa Lexislativa Popular para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. A ILP naceu con motivo das múltiples queixas que chegan á aplicación A Liña do Galego, queixas que poñen de […]

Política Lingüística desenvolve obradoiros de toponimia nos centros participantes no Proxecto Dragal

O alumnado de primeiro da ESO do IES Marco do Camballón do concello pontevedrés de Vila de Cruces participou a mañá de onte nun dos obradoiros destinado a apoiar o estudantado nas tarefas de pescuda arredor do patrimonio inmaterial galego que se desenvolve no marco da cuarta edición do Proxecto Dragal, un programa interdisciplinario de […]

Lingua de namorar premia a mocidade pola súa creatividade en galego

As Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a de Política Social, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, respectivamente, fan pública hoxe a resolución da quinta edición do certame de declaracións de amor na rede. O xurado –que estivo presidido pola escritora María […]

A discriminación da lingua galega no ensino dispárase coa aplicación da LOMCE

O 29 de setembro de 2016, a CIG-Ensino dirixiuse ao conselleiro de educación para deixar constancia das inmediatas consecuencias da aplicación da LOMCE: incremento da españolización do sistema educativo galego e redución do ensino en galego. Do mesmo xeito, na Mesa Sectorial do 11 de outubro volveu incidir na necesidade de atallar esta situación sen […]

Curso de achegamento á lingua galega, de balde

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza un curso básico de galego. O curso é de balde e terá unha duración de 40 horas. Curso, de 40 horas, práctico e dinámico no que se traballarán os contidos gramaticais, ortográficos, léxicos, etc. O curso é de balde Datas: 17, 18, 24, 25 de outubro; 2, 7, 8, […]

Presente e futuro da cultura galega

Este sábado pola mañá celebrase en Vigo ás nosas letras e a nosa cultura cun debate ao ar libre na Praza de Compostela ás 13:00 (enfronte de Correos).  O debate “Presente e futuro da cultura galega” será moderado por Inma López Silva e tratará de valorar a situación actual da cultura galega e os mellores xeitos de fortalecela.  Intervirán […]