Xornada contra a mina de Touro-O Pino, este sábado, para debater sobre un problema que é de todos/as

Persoas implicadas de forma moi activa na loita contra a minaría en diferentes lugares de Galiza daranse cita este sábado, 13 de xaneiro, no Pino, para intercambiar experiencias, poñer en común puntos de vista e debater sobre os efectos deste tipo de explotacións. O evento, organizado pola eurodeputada Lídia Senra, está concibido ademais para arroupar á plataforma […]

O comité de empresa da Planta de Tratamento de Residuos de Lousame rexeita a instalación dun macrovertedoiro

O Comité de Empresa da Planta de Tratamento de Residuos de Lousame e Recollida Viaria da Mancomunidade do Barbanza vén de manifestar a súa “máis rotunda oposición” á instalación dun macrovertedoiro de residuos industriais no concello de Lousame, e máis concretamente do lado das instalacións da súa planta. Xunto a iso, considera necesario realizar unha […]

Verdegaia non vai permitir a construción dun vertedoiro en Lousame

O vertedoiro proxectado para Lousame non se adapta á normativa de xestión de residuos, contén numerosas imprecisións e erros, e supón un risco grave para a saúde da poboación próxima e un grave perigo de contaminación do ambiente incluíndo os acuíferos dos que se abastece a Vila de Noia e a propia Ría de Muros-Noia en […]

En Marea amosa o apoio aos veciños e vecinas contra o vertedoiro de Lousame

En Marea xunto con representantes das mareas do Barbanza, do Partido da Terra de Lousame e da Plataforma contra o Novo vertedoiro de Residuos Ambientais de Lousame ofreceron esta tarde unha rolda de prensa para demandar unha nova política de xestión de residuos por parte da Xunta de Galicia. O portavoz de En Marea, Luís Villares, […]