🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Bará pide suprir a peaxe Redondela-Vigo e propón un “Plan Chapela” para solucionar os problemas derivados da ampliación de Rande

O deputado por Pontevedra Luís Bará denunciou que a AP9 “é a historia dun saqueo legalizado e favorecido por gobernos do Estado de todas as cores, coa privatización a prezo de amigo do PP, precisamente sendo conselleiro de Infraestruturas o señor Feijóo, quen actuou con submisión e vasalaxe traizoando a este Parlamento co veto vergoñento […]

Bará acada o compromiso do PP para resolver os residuos de LINDANO no concello do O Porriño

O deputado por Pontevedra, Luis Bará acadou hoxe o compromiso do grupo parlamentar do Partido popular na comisión de Medio Ambiente  para iniciar as medidas necesarias  contra os riscos á saúde dos solos contaminantes  por  lindano no concello do Porriño. O nacionalista lembrou  que  o estudo realizado no ano 1999 confirmou a localización de solos […]

Aprobada a proposta do BNG para manter os postos de traballo de MADEIRAS IGLESIAS S.L

O deputado por Pontevedra, Luís Bará defendeu hoxe unha proposición non de lei que contou co apoio unánime  da Cámara galega polo que: “O Parlamento de Galiza insta ao goberno galego a facer xestións ante a propiedade de Maderas Iglesias S.A coa finalidade de  procurar a viabilidade e a continuidade da empresa , velar polos […]

Luís Bará denuncia “falta de transparencia” nos contratos de transporte público

O deputado do BNG, Luís Bará denuncia “falta de  transparencia” nos contratos de transporte público adxudicados pola Xunta e pide no Parlamento galego  a documentación  relativa aos  gastos de licitación, empresas adxudicatarias, prezo das adxudicación así como información dos   recursos, tanto materiais como humanos pra cumprir os horarios, servizos e liñas. O parlamentario do BNG […]

Aprobada no Parlamento unha iniciativa do BNG para garantir unha condicións dignas de traballo en Rande

O Parlamento aprobou en comisión a proposta do BNG pola que se reclama a intervención do Goberno galego para que, no seo da comisión bilateral da AP9 Xunta e Ministerio de Fomento, se adopten as medidas para garantir condicións de traballo dignas nas obras de ampliación da Ponte de Rande. Esa petición inclúe xornadas laborais […]

O BNG pretendía sacar adiante un acordo do Parlamento para reclamar ao Goberno galego un plan de usos integral para a Illa de San Simón que, entre outras cuestións, permitise declarar este espazo de tan alto significado histórico como Illa da Memoria. Pero o PP tombou unha por unha todas as propostas defendidas polo deputado […]

O BNG pide que o Parlamento condene o ataque homofóbo no que participou a alcaldesa de Forcarei

O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará pide, a través de diversas iniciativas, que o Parlamento galego declare a súa enérxica condena contra as vexacións e humillacións homófobas sufridas por un mozo  no transcurso dunha cea na que participaba a alcaldesa, Belén Cachafeiro, acompañada da  súa secretaria particular e persoal municipal. O parlamentario explica […]

Bará pide á Xunta que retire o plan de transporte e negocie unha proposta cos sectores implicados

O portavoz parlamentario de Infraestruturas, Luís Bará, volveu reclamar á Xunta a retirada do polémico plan de transportes “que está causando un rexeitamento case unánime entre todos os sectores afectados e que xa ten provocado grandes prexuízos á cidadanía, deixando a milleiros de escolares sen poder acudir ao seu centro educativo e a miles de […]

O BNG pide sancionar á concesionaria da AP-9 polos continuos atascos e o mal funcionamento

O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará reclamou hoxe, a través dunha proposición non de lei, abrir un expediente sancionador á empresa concesionaria da AP-9 polo mal funcionamento do servizo e os continuos atascos e retencións. Ademais, entre as medidas da iniciativa nacionalista tamén figuraban: Aprobar un protocolo de actuación para levantar as barreiras […]

O goberno da Xunta tenta repetir con ELNOSA o mesmo que fixo con ENCE, cambiando a lei se é necesario

O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará acusou hoxe ao goberno galego de “facer leis para beneficiar intereses privados en contra do interese público beneficiando a empresas contaminantes” e condenadas por delitos ecolóxicos, en alusión ao complexo de ENCE nas marismas de Lourizán. O deputado acusou aos conselleiros de Medio Ambiente, Beatriz Mato, de […]

Luís Bará pide non pagar as radiais madrileñas se non se rescata AP-9

O deputado por Pontevedra, Luís Bará lamentou que, unha vez máis, o Partido popular rexeitara a proposta do BNG para impedir que os galegos e galegas paguemos as radiais madrileñas e destinar eses fondos a rescatar a AP-9. O deputado explicou que os orzamentos do Estado de  2017 son “un axuste de contas con Galiza” […]

Luís Bará critica o veto do PP para blindar por lei o hospital único de Montecelo, Pontevedra

O BNG fixo un recoñecemento a todo o pobo de Pontevedra, aos concellos da comarca, aos profesionais da sanidade e ao Goberno municipal porque, en palabras do deputado Luís Bará, son os protagonistas do “logro colectivo” que permitirá ter o Hospital único de Montecelo e  “pagar a débeda histórica” coa área sanitaria de Pontevedra en […]

Luís Bará pide á Xunta dialogo co comité do 112 e compensacións ao persoal polo traslado

O deputado do BNG, Luís Bará reclamou onte, a través dunha proposición non de lei, que Xunta e comité de empresa do CIAE 112 iniciarán unha negociación para ampliar a formación do persoal na xestión informática, compensar economicamente ao persoal do 112 pola diminución  de ingresos derivada do traslado ás novas instalacións e asumir responsabilidades […]

O BNG logra o apoio do Parlamento para a urbanización da AP-9 no treito de acceso a Vigo

O portavoz nacionalista na Comisión de Ordenación Territorial, Luís Bará, acadou o apoio de todos os grupos da Cámara para  reclamar ao Goberno central a execución das medidas necesarias para converter en vía urbana o treito de acceso da AP9 a Vigo así como para a supresión da peaxe de desde Redondela e Vigo pola […]

O BNG leva ao Parlamento galego a conversión en vía urbana da AP-9 desde as Torres de Padín

“Recollemos unha demanda veciñal e social unánime que é fundamental para o barrio de Teis”. Desta maneira, presentou esta mañá o deputado nacionalista, Luís Bará, a proposición non de lei que levará ao Parlamento galego a conversión en vía urbana do tramo de AP-9 que atravesa a cidade de Vigo. Bará mantivo un encontro con […]

O BNG levará ao Parlamento a problemática de seguridade viaria de  Cesantes

O deputado nacionalista Luís Bará visitou o entorno do colexio, para presentar unha bataría de medidas, co fin de garantir unha accesibilidade máis segura. Recibíu información de membros da ANPA, da AA.VV., ademáis do Obradoiro de Estudios Locais Fernando Monroy. Durante a visita o deputado nacionalista coñeceu de primeira man a situación de inseguridade que […]

O BNG pide un servizo de transporte regular entre val miñor e o CUVI dentro do transporte metropolitano da Xunta de Galiza

O BNG reclamou hoxe no Parlamento, a través dunha proposición non de lei defendida polo deputado nacionalista, Luís Bará, implantar un servizo de transporte regular entre o Val Miñor e o Campus Universitario de Vigo, inserido no Transporte Metropolitano da Xunta de Galiza. O grupo maioritario do Partido popular impediu que a proposta do BNG […]

Luís Bará reclama unha solución aos puntos negros e falta de seguranza no Camiño Portugués

O parlamentario do BNG, Luís Bará, a través dunha pregunta parlamentaria ao Goberno, denunciou as deficiencias  de accesibilidade e seguranza viaria  no Camiño de Santiago e concretamente no tramo portugués. O parlamentario lembrou que o camiño portugués no  ano 2016 rexistrou  máis de 52.000 [email protected] situando esta ruta como a das máis utilizada despois do […]

O PP en contra do “plan integral” do BNG para evitar o impacto das obras da AP-9 en Chapela

A proposición non de Lei defendida polo deputado do BNG, Luís Bará para  poñer en marcha un plan integral na parroquia de Chapela co fin de minimizar o impacto das obras de ampliación da AP-9, foi rexeitada polo Partido popular. O parlamentario do BNG explicou que, a proximidade das obras afecta gravemente ao desenvolvemento dos […]

Presentación en Vigo do libro Non des a esquecemento,  de Luís Bará Torres

A obra presta especial atención á represión na área de Vigo e arredor da illa de San Simón. O libro é unha compilación dos artigos publicados no blog Non des a esquecemento ao longo de case tres anos, desde comezos de 2014 a setembro de 2016. Mais sobre todo é a resposta a unha necesidade vital: […]

Luís Bará, presenta en Chapela diversas iniciativas a debater no Parlamento

Foto: arquivo Na tarde do mércores, o deputado nacionalista presentou a coleitivos parroquiais de Chapela un paquete de medidas que van ser debatidas no Parlamento Galego na vindeira semana. “Trátase dunha Proposición non de Lei que busca poñer en marcha diversas medidas para que o entorno da Avenida de Redondela, sexa recuperado para os veciños […]

O PP en contra da Lei Galega de Memoria Histórica para facer xustiza ás vítimas da Ditadura

O parlamentario do BNG, Luís Bará defendeu  hoxe a proposición non de lei para instar ao goberno galego a desenvolver unha “política pública sobre a memoria histórica”, fundamentada nos Dereitos humanos, a Verdade, a Xustiza e a reparación das vítimas do franquismo en Galiza. En resposta ao portavoz  popular Aurelio Centeno, Luís Bará manifestou que […]

Luís Bará: “Se non se actúa contra a deslocalización o sur de Pontevedra será un deserto industrial”

O parlamentario nacionalista, Luís Bará iniciou a defensa da moción para potenciar o sector da automoción,  amosando o  apoio do BNG aos traballadores e traballadoras de PESCANOVA que manteñen unha  folga  por un convenio laboral  xusto. Na súa intervención, o deputado lembrou que os pequenos cambios no discurso triunfalista do conselleiro de Industria débense as […]

O deputado do BNG, Luís Bará rexistra diversas iniciativas parlamentaria sobre o impacto das obras de ampliación da AP-9 e da Ponte de Rande sobre a parroquia de Chapela, no concello de Redondela. O parlamentario salienta que a proximidade das obras está a afectar gravemente ao desenvolvemento dos centros escolares e a súa normal actividade […]

O BNG levará as demandas de Teis sobre a AP-9 ao Parlamento galego

O deputado do BNG no Parlamento galego, Luís Bará, mantivo esta mañá unha xuntanza coa Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Teis para abordar varias cuestións relativas á autoestrada AP-9. Na xuntanza participaron tamén o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, e mais o responsábel comarca, Manuel Caride. Durante o encontro os representantes do colectivo […]

O BNG pedirá que comparezan os exdirectivos e responsábeis das caixas na comisión de investigación

O deputado nacionalista, Luís Bará avogou por un prazo de entre seis e nove meses para esclarecer a “venda a perda” das caixas galegas e a estafa de produtos financeiros como as preferentes Na comisión de apertura da Comisión de investigación das Caixas, o parlamentario do BNG, Luís Bará avogou por un prazo , dentro […]

Luís Bará dille ao PP que con slogans non se frea deslocalizacion da automocion

Bará a Conde: “Mentres vostede está na autocompracencia do slogan de industria 4.0, Portugal ten unha política de Estado para este sector”. Aposta por unha tarifa eléctrica galega aproveitando os recurso do país para ganar competitividade. O deputado por Pontevedra, Luís Bará, reclamou á Xunta no Parlamento que elabore unha estratexia para combater a deslocalización […]

O BNG reclama que se cumpran os prazos para as oposicións en Galiza

A través dunha pregunta parlamentaria do deputado do BNG, Luís Bará, sobre os atrasos nos procesos selectivos dos corpos xerais da Xunta de Galiza e os problemas detectados nos prazos da súa realización, o director xeral de Función pública cualifico de “normalidade” o acontecido e anunciou  que o proceso da Oferta pública de Emprego para […]

Ana Pontón propón recuperar en 4 anos o investimento público anterior á crise para o sector editorial

A portavoz nacional, Ana Pontón, realizou unha visita á sede de Galaxia onde explicou á dirección da editorial as propostas do BNG a favor do sector do libro, clave en calquera sistema cultural e en Galiza, ademais, clave na normalización da lingua, “pero ameazado pola crise económica, polos cambios de modelo coa transformación dixital e […]

O BNG impulsa no Parlamento unha Lei Galega da Memoria Histórica

O parlamentario do BNG, Luís Bará presentou  hoxe unha proposición non de lei para instar ao goberno galego a desenvolver unha “política pública sobre a memoria histórica”, fundamentada nos Dereitos humanos, a Verdade, a Xustiza e a reparación das vítimas do franquismo en Galiza. Para o deputado, o pasado segue sendo “moi incómodo” para algúns […]

Luís Bará acusa ao PP de querer pasar a historia como o “enterrador da Área Metropolitana de Vigo”

O parlamentario do BNG, Luís Bará acusou hoxe ao Partido popular de sentir “unha obsesión enfermiza” contra determinados gobernos municipais e facer “oposición” dende o propio goberno da Xunta. No ano 2000, explicou o nacionalista, catorce concellos foron o xermolo da Área Metropolitana de Vigo para acadar a “vertebración e  prestación conxunta de servizos a […]

Aprobada a iniciativa do BNG que instará ao Goberno central a cambiar a Lei da Tesourería Municipal

O BNG acadou hoxe un acordo por unanimidade na comisión de Administración  para que o Parlamento galego inste ao Goberno central a demandar do Goberno do Estado a eliminación da obrigatoriedade de habilitación nacional para os tesoureiros e tesoureiras dos concellos de 10.000 habitantes e un segundo punto dedicado aos concellos de entre 10.000 e […]

Luís Bará acusa á Consellaría de Medio Ambiente de utilizar “portas xiratorias”

O nacionalista  comparou  a economía circular enunciada por Beatriz Mato coas portas xiratorias que permiten “circular da Administración pública á empresa privada  a persoas como Fernández de Mesa cun soldo de 150.000 euros”. O deputado do BNG, Luís Bará reiterou que debaixo os slogans e plans  sobre economía circular verde e azul,  sustentable e paisaxe, […]

Contra deslocalización da automoción na Galiza: Tarifa Eléctrica Galega, I+D+i e abaratamento do solo industrial

O BNG expuxo ante os sindicatos da automoción as propostas para combater a deslocalización do sector que, nos últimos anos, está sufrindo unha fuga de empresas e de emprego cara o norte de Portugal. Aposta estratéxica de país polo sector primando o investimento en I+D+i, tarifa eléctrica galega que abarataría os custes ás empresas un […]

O BNG demandará no Parlamento galego o desbloqueo da  Área Metropolitana de Vigo

A fronte nacionalista critica que a “lea partidista” entre PSOE e PP estea a paralizar unha “ferramenta estratéxica” para a vertebración e desenvolvemento territorial. O BNG tomou a iniciativa para urxir no Parlamento galego que desbloquee a posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo (AMV). A través dunha proposición non de lei, o deputado […]

O BNG demanda á Xunta 61 millóns de euros máis de investimentos na cidade de Vigo

O BNG presentou esta mañá en rolda de prensa as emendas parciais relativas a Vigo que formulan aos orzamentos da Xunta para o ano 2017. As emendas nacionalistas demandan ao goberno galego case 61 millóns de euros máis de investimentos para a cidade. O responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, xustificou as emendas […]

O BNG cualifica de “decepcionantes” os orzamentos da Xunta por desatender as necesidades de Vigo

O Bloque Nacionalista Galego expresou o seu rexeitamento á proposta de orzamentos da Xunta para o ano 2016, cualificándoos de “decepcionantes” por desatender, en opinión das nacionalistas, “as principais necesidades da cidade de Vigo”. Para o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, as contas elaboradas polo Goberno galego confirman que “para Feijóo Vigo é de […]

A fronte nacionalista presentará unha moción nos concellos da bisbarra, realizará repartos informativos en todas as localidades e organizará un encontro aberto sobre o tema en Vigo. Demandan tamén a liberación de peaxes da AG57, a autoestrada do Val Miñor, para que esta poida funcionar como unha verdadeira circunvalación. Acabar coa actual concesión privada que […]

O BNG urxe un acordo que desbloquee a posta en marcha do Campus do Mar

A fronte nacionalista reiterou o seu “apoio decidido” ao Campus do Mar, que xulgan un proxecto “estratéxico” para Vigo e a súa comarca. Demandan un acordo claro entre Xunta, Concello de Vigo e Zona Franca, para superar os últimos atrancos que impiden dar luz verde ao proxecto.  O BNG reiteroulle e á Universidade de Vigo […]

O BNG reclama un plan de reindustrialización para poñer fin á “situación límite” da comarca de Vigo

A fronte nacionalista impulsará iniciativas no Parlamento Galego para apostar na reindustrialización da comarca, apoiando o sector naval e automoción, e combater a precariedade laboral. O deputado Luís Bará e a deputada Montse Prado, mantiveron esta mañá un encontro coa Executiva Comarcal da CIG de Vigo. Na xuntanza participaron tamén o responsábel local do BNG, […]