O BNG levará as demandas de Teis sobre a AP-9 ao Parlamento galego

O deputado do BNG no Parlamento galego, Luís Bará, mantivo esta mañá unha xuntanza coa Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Teis para abordar varias cuestións relativas á autoestrada AP-9. Na xuntanza participaron tamén o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, e mais o responsábel comarca, Manuel Caride. Durante o encontro os representantes do colectivo […]

O BNG pedirá que comparezan os exdirectivos e responsábeis das caixas na comisión de investigación

O deputado nacionalista, Luís Bará avogou por un prazo de entre seis e nove meses para esclarecer a “venda a perda” das caixas galegas e a estafa de produtos financeiros como as preferentes Na comisión de apertura da Comisión de investigación das Caixas, o parlamentario do BNG, Luís Bará avogou por un prazo , dentro […]

Luís Bará dille ao PP que con slogans non se frea deslocalizacion da automocion

Bará a Conde: “Mentres vostede está na autocompracencia do slogan de industria 4.0, Portugal ten unha política de Estado para este sector”. Aposta por unha tarifa eléctrica galega aproveitando os recurso do país para ganar competitividade. O deputado por Pontevedra, Luís Bará, reclamou á Xunta no Parlamento que elabore unha estratexia para combater a deslocalización […]

O BNG reclama que se cumpran os prazos para as oposicións en Galiza

A través dunha pregunta parlamentaria do deputado do BNG, Luís Bará, sobre os atrasos nos procesos selectivos dos corpos xerais da Xunta de Galiza e os problemas detectados nos prazos da súa realización, o director xeral de Función pública cualifico de “normalidade” o acontecido e anunciou  que o proceso da Oferta pública de Emprego para […]

Ana Pontón propón recuperar en 4 anos o investimento público anterior á crise para o sector editorial

A portavoz nacional, Ana Pontón, realizou unha visita á sede de Galaxia onde explicou á dirección da editorial as propostas do BNG a favor do sector do libro, clave en calquera sistema cultural e en Galiza, ademais, clave na normalización da lingua, “pero ameazado pola crise económica, polos cambios de modelo coa transformación dixital e […]

O BNG impulsa no Parlamento unha Lei Galega da Memoria Histórica

O parlamentario do BNG, Luís Bará presentou  hoxe unha proposición non de lei para instar ao goberno galego a desenvolver unha “política pública sobre a memoria histórica”, fundamentada nos Dereitos humanos, a Verdade, a Xustiza e a reparación das vítimas do franquismo en Galiza. Para o deputado, o pasado segue sendo “moi incómodo” para algúns […]

Luís Bará acusa ao PP de querer pasar a historia como o “enterrador da Área Metropolitana de Vigo”

O parlamentario do BNG, Luís Bará acusou hoxe ao Partido popular de sentir “unha obsesión enfermiza” contra determinados gobernos municipais e facer “oposición” dende o propio goberno da Xunta. No ano 2000, explicou o nacionalista, catorce concellos foron o xermolo da Área Metropolitana de Vigo para acadar a “vertebración e  prestación conxunta de servizos a […]

Aprobada a iniciativa do BNG que instará ao Goberno central a cambiar a Lei da Tesourería Municipal

O BNG acadou hoxe un acordo por unanimidade na comisión de Administración  para que o Parlamento galego inste ao Goberno central a demandar do Goberno do Estado a eliminación da obrigatoriedade de habilitación nacional para os tesoureiros e tesoureiras dos concellos de 10.000 habitantes e un segundo punto dedicado aos concellos de entre 10.000 e […]

Luís Bará acusa á Consellaría de Medio Ambiente de utilizar “portas xiratorias”

O nacionalista  comparou  a economía circular enunciada por Beatriz Mato coas portas xiratorias que permiten “circular da Administración pública á empresa privada  a persoas como Fernández de Mesa cun soldo de 150.000 euros”. O deputado do BNG, Luís Bará reiterou que debaixo os slogans e plans  sobre economía circular verde e azul,  sustentable e paisaxe, […]

Contra deslocalización da automoción na Galiza: Tarifa Eléctrica Galega, I+D+i e abaratamento do solo industrial

O BNG expuxo ante os sindicatos da automoción as propostas para combater a deslocalización do sector que, nos últimos anos, está sufrindo unha fuga de empresas e de emprego cara o norte de Portugal. Aposta estratéxica de país polo sector primando o investimento en I+D+i, tarifa eléctrica galega que abarataría os custes ás empresas un […]

O BNG demandará no Parlamento galego o desbloqueo da  Área Metropolitana de Vigo

A fronte nacionalista critica que a “lea partidista” entre PSOE e PP estea a paralizar unha “ferramenta estratéxica” para a vertebración e desenvolvemento territorial. O BNG tomou a iniciativa para urxir no Parlamento galego que desbloquee a posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo (AMV). A través dunha proposición non de lei, o deputado […]

O BNG demanda á Xunta 61 millóns de euros máis de investimentos na cidade de Vigo

O BNG presentou esta mañá en rolda de prensa as emendas parciais relativas a Vigo que formulan aos orzamentos da Xunta para o ano 2017. As emendas nacionalistas demandan ao goberno galego case 61 millóns de euros máis de investimentos para a cidade. O responsábel local do BNG de Vigo, Serafín Otero, xustificou as emendas […]

O BNG cualifica de “decepcionantes” os orzamentos da Xunta por desatender as necesidades de Vigo

O Bloque Nacionalista Galego expresou o seu rexeitamento á proposta de orzamentos da Xunta para o ano 2016, cualificándoos de “decepcionantes” por desatender, en opinión das nacionalistas, “as principais necesidades da cidade de Vigo”. Para o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, as contas elaboradas polo Goberno galego confirman que “para Feijóo Vigo é de […]

O BNG desprega na comarca de Vigo a súa ofensiva social e institucional pola transferencia e rescate da AP9

A fronte nacionalista presentará unha moción nos concellos da bisbarra, realizará repartos informativos en todas as localidades e organizará un encontro aberto sobre o tema en Vigo. Demandan tamén a liberación de peaxes da AG57, a autoestrada do Val Miñor, para que esta poida funcionar como unha verdadeira circunvalación. Acabar coa actual concesión privada que […]

O BNG urxe un acordo que desbloquee a posta en marcha do Campus do Mar

A fronte nacionalista reiterou o seu “apoio decidido” ao Campus do Mar, que xulgan un proxecto “estratéxico” para Vigo e a súa comarca. Demandan un acordo claro entre Xunta, Concello de Vigo e Zona Franca, para superar os últimos atrancos que impiden dar luz verde ao proxecto.  O BNG reiteroulle e á Universidade de Vigo […]

O BNG reclama un plan de reindustrialización para poñer fin á “situación límite” da comarca de Vigo

A fronte nacionalista impulsará iniciativas no Parlamento Galego para apostar na reindustrialización da comarca, apoiando o sector naval e automoción, e combater a precariedade laboral. O deputado Luís Bará e a deputada Montse Prado, mantiveron esta mañá un encontro coa Executiva Comarcal da CIG de Vigo. Na xuntanza participaron tamén o responsábel local do BNG, […]

O BNG pide a Fomento que reactive o proxecto da saída sur do tren en Vigo para eliminar as vías do centro de O Porriño

O BNG reclamou hoxe a execución do proxecto da saída sur do tren en Vigo como solución ao paso do tren polo centro da vila de O Porriño. O portavoz do BNG en O Porriño, Pedro Pereira; o responsable local de Vigo, Serafín Otero; e o deputado electo Luís Bará, instaron ao Ministerio de Fomento a reactivar o […]

O BNG demanda políticas de apoio para o sector da pesca conxelada de cara a segurar a súa posición de liderado

Unha representación do BNG, encabezada por Luis Bará e Montse Prado, realizou esta mañá unha visita a Conxemar para coñecer de preto as necesidade do sector “Vemos a necesidade de desenvolver políticas de apio a este sector, e ao sector industrial en xeral, para que sexa máis competitivo, porque é un sector cun gran potencial […]

Luís Bará: “Demos os primeiros pasos para que o BNG sexa protagonista na política galega”

“A consolidación do PP é demérito das forzas que tiñan a obriga de dar unha alternativa polas súas liortas e incapacidade” “Están postas as bases para o crecemento do BNG en Galiza”. Así de claro o manifestou hoxe o deputado electo do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, ao facer balance dos resultados das eleccións galegas. Segundo […]

Luís Bará: “O sector da Biotecnoloxía ten moito que darlle a Galiza”

O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, visitou hoxe a empresa biotecnolóxica Biofabri, e salientou que “o sector da biotecnoloxía ten moito que darlle a Galiza”. Bará subliñou que “dende o goberno galego é preciso facer políticas de apoio a todo o que ten que ver co mundo da innovación e da biotecnoloxía, xa que […]

Luís Bará: “O Bng ve o monte galego como un recurso multifuncional”

O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións galegas do vindeiro 25S, Luís Bará, asegurou hoxe en Crecente que o BNG ve o monte galego como un recurso multifuncional que debe ser aproveitado. Bará insistiu que o goberno galego debe investir na ordenación e na boa xestión, así como apostar por modelos de aproveitamento […]

Luís Bará: “O 25-S aínda hai partido: A remontada do BNG é a chave para derrotar ao PP”

“Mentres o BNG soña cun banco público galego e cun banco de terras o PP ten pesadelos cos bancos dos tribunais pola Gurtel e a súa corrupción”, asegurou “A remontada do BNG é a chave para derrotar ao PP. O 25-S aínda hai partido”. Así de rotundo o dixo hoxe o cabeza de lista do BNG por Pontevedra, […]

Luís Bará: “O rural é un sector estratéxico para recuperar a economía galega: haino que poner a producir”

“O BNG é unha aposta galega de calidade que ten demostrada a súa valía e saber facer nos gobernos nos que estivo”. O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe en Tomiño que o rural galego é un sector estratéxico na recuperación económica de Galiza e apostou por levar adiante políticas de desenvolvemento para […]

Luís Bará: “No BNG somos un produto 100% galego: a nosa razón de ser é defender a Galiza”

O cabeza de lista pola provincia de Pontevedra criticou a falta de acordo das forzas de esquerda en Madrid para chegar a un goberno alternativo a Rajoy e dixo que “aquí non vai ser por nós”. “No BNG somos un produto 100% galego: A nosa razón de ser é defender a Galiza”. Así o indicou hoxe o cabeza […]