Luís Bará: “O Galtrén é a aposta do Bng por un tren de proximidades real”

Pediu “un tren do século XXI con infraestruturas do século XXI” para a liña do Miño e Portugal O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións galegas do 25-S, Luís Bará, mantivo esta mañá un encontro cos representantes dos comités das empresas públicas ADIF e Renfe na estación de Guixar, en Vigo, para coñecer e recoller […]

O BNG aposta por converter as instalacións da antiga ETEA en Teis, nun espazo científico-tecnolóxico dotacional

O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe que Galiza debe contar con centros de alto nivel e excelencia científica como o Campus do Mar de Vigo. Bará destacou que o BNG centrará os esforzos de I+D e innovación naqueles campos e especializacións, que, como o da investigación mariña, máis contribúen […]

Luís Bará: “Galiza precisa un Servizo Galego de Benestar que garanta a protección social”

A parlamentaria Ana Miranda anunciou que o BNG vén de conseguir un encontro coa comisaria de Asuntos Sociais e Emprego da UE. O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe que é preciso que Galiza conte un Servizo Galego de Benestar que garanta a protección social e o benestar dos galegos e as galegas […]

Luís Bará: “O BNG ten proxecto e solvencia para levar adiante a mellor política social: poñer Galiza a producir”

“Non hai mellor política social que a que aposta por poñer o país a producir, por desenvolver todo o seu potencial, por crear riqueza e emprego de calidade e por garantir desde o público servizos para toda a poboación”. Así o dixo hoxe en Redondela o cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, quen […]

Luís Bará: “Rajoy e Feijóo deben condear as ameazas contra os deputados do BNG ou serán cómplices de prácticas paraterroristas”

Lembrou que o goberno do BNG na Deputación “seguirá a eliminar o caciquismo instalado na época de Louzán” porque “non nos van amedrentar”. O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, esixiu hoxe a Mariano Rajoy e a Núñez Feijóo que “fagan unha condena enérxica da campaña mafiosa, de coaccións e de ataques á dignidade que […]

Luis Bará: “Galiza precisa alternativas solventes e o BNG é garantía de experiencia e saber facer”

O candidato do BNG criticou durante a pegada de carteis ás forzas que “din querer derrotar ao PP en Madrid, pero que fan pinza con el en Pontevedra contra o noso modelo de cidade”. “Galiza precisa alternativas solventes e o BNG é garantía de experiencia e saber facer”. Así o asegurou hoxe o candidato do BNG pola provincia […]

Luís Bará: “É preciso un novo modelo de xestión do lixo na Galiza, o BNG aposta pola compostaxe”

O candidato do BNG pola provincia de Pontevedra presentou hoxe en Cangas o Plan Galego de Compostaxe. O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións galegas do 25S, Luís Bará, presentou hoxe en Cangas o Plan Galego de Compostaxe polo que aposta a forza nacionalista para poñer en marcha en Galiza […]

Luís Bará: “Hai que ter unha visión multifuncional do monte galego e investir na ordenación e na boa xestión”

O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra ás eleccións galegas do vindeiro 25S, Luís Bará, asegurou hoxe en Gondomar nun encontro con representantes de comunidades de montes que é preciso ter unha visión multifuncional do monte galego e investir na ordenación e na boa xestión. O nacionalista puxo como exemplo a seguir as actuacións das […]

PLAN RETORNA: a aposta do BNG para recuperar á xente moza con talento

Unha caravana de mocidade percorrerá máis de 40 localidades galegas para expoñer as propostas nacionalistas. “Sodes o motor, sodes a enerxía, sodes a forza, o talento, a creatividade, o atrevemento e a rebeldía. Sodes a xeración protagonista dese futuro que queremos para Galiza”. Así se dirixiu á mocidade galega o cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís […]

Luís Bará: “Se hai unha formación que ten un modelo de mobilidade claro e alterantivo é o BNG

Mellorar a seguranza, mellorar a accesibilidade e priorizar a mobilidade peonil e ciclista, eixos do modelo Denunciar o mal estado e a perigosidade das estradas galegas, todas elas con falta de seguridade viaria e mantemento, con nulos investimentos e unha rede viaria deseñada en función do automóbil e presentar as propostas que defende o BNG para cambiar as prioridades, […]

Luís Bará defende que a memoria histórica forme parte dos contidos dos programas de ensino

“Non se pode construír unha sociedade democrática a partir do esquecemento”, asegurou. O cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, defendeu hoxe en Tui a necesidade de que a memoria histórica forme parte dos contidos dos programas de ensino. O nacionalista destacou que é fundamental, sobre todo, que a xente moza coñeza a realidade para […]

Luís Bará pasa o seu día de reflexión en Vilaboa coa súa familia

O candidato de BNG-Nós, Luís Bará, está a aproveitar a xornada de reflexión de hoxe para pasar un tempo coa súa familia en Vilaboa, onde se celebran as festas de San Xoán de Paredes. A intención do candidato é coller forzas para mañá, que agarda que sexa un día de votación “tranquilo” no que realizará unha visita […]

Luís Bará: “A pesca vai no ADN de Galiza e o BNG é a única forza que a defende en Madrid”

Avogou por que Galiza planifique e xestione directamente os seus portos O candidato de BNG-Nós pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe en Vigo que “a pesca vai no ADN de Galiza e o BNG é a única forza que a defende os intereses particulares do noso sector en Madrid”. Así o indicou o nacionalista logo […]

Luís Bará: “O BNG é garantía de lealdade e fidelidade a Galiza xa que sempre defendemos en Madrid o mesmo que aquí”

A portavoz nacional Ana Pontón salientou que o traballo dos ex deputados/as no Congreso, dende 1996, serviu para que Galiza aparecera no escenario estatal e se visibilizaran os problemas do país. O cabeza de lista do BNG-Nós por Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe en Vigo no transcurso dun acto coa mocidade no que participaron ex deputados e deputadas […]

Luís Bará:”Temos que darlle valor engadido á economía galega apostando por experiencias punteiras en I+D+I

Ana Pontón apelou “aos que lle queren ao país” para pedir o voto do vindeiro Luís Bará, candidato de BNG-Nós pola provincia de Pontevedra ao Congreso fixo hoxe unha aposta pola innovación, polo talento, pola creatividade e pola tecnoloxía e investigación de Galiza para impulsar a riqueza e o emprego no país. “Temos que darlle valor engadido á economía […]

Luís Bará: “Galiza precisa forzas que aposten polos recursos desta terra: o viño, a hora, a planta ornamental.. o BNG é a única garantía”

A portavoz do BNG Ana Pontón destacou que “en Galiza o voto útil é o do BNG porque ten o dobre valor de garantir cambio e defender galiza coas mans libres” “Nesta terra somo potencia no viño, na horta, na planta ornamental… e para desenvolver todas estas potencialidades precisamos forzas galegas que aposten polos recursos de Galiza. O BNG […]

Luís Bará: “Galiza debe coidar das súas potencialidades no sector vitivinícola e só o BNG é unha garantía”

O nacionalista, ao carón do Miño, asegurou que Galiza debe ter unha tarifa eléctrica propia por ser unha grande produtora de enerxía O cabeza de lista do BNG-Nós para o Congreso pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, puxo hoxe o sector do viño como exemplo das potencialidade de Galiza para xerar riqueza e emprego. O nacionalista asegurou que […]

Luís Bará: “A cultura ten que ser un maior dinamizador económico e de creación de emprego para Galiza”

A portavoz nacional Ana Pontón propón a baixada do IVE cultural do 21% ao 4% e cualifica de “navallada ao sector” a política feita polo PP. O cabeza de lista de BNG-Nós pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, asegurou hoxe que a cultura galega é un sector estratéxico polo que hai que apostar para que sexa un […]

Luis Bará: “Galiza ten que asumir competencias financeiras para crear riqueza e emprego”

O candidato de BNG-Nós pola provincia de Pontevedra comprometeuse hoxe en Ponteareas a levar a Madrid a reivindicaicón da conexión do núcleo da vila coa A-52. “Asumir competencias financeiras desde Galiza. Ter o control do aforro galego en investimentos produtivos e crédito no país e asegurar que ese aforro se destina a financiar a actividade económica propia”. Esas foron […]

Luís Bará: “Hai que crear de forma urxente un tren de proximidade que conecte axeitadamente o territorio”

“Hai que poñer en marcha un tren galego que conecte axeitadamente o territorio. O tren de proximidade é un elemento importantísimo para o desenvolvemento das cidades e as súas contornas así como das pequenas vilas. Trátase dunha necesidade urxente”. Así o indicou o cabeza de lista da candidatura do BNG-Nós pola provincia de Pontevedra, Luís Bará, quen na mañá […]

Luís Bará trasládalle ás ANPAs de Vigo o compromiso  firme do BNG para derrogar a LOMCE

O cabeza de lista por Pontevedra de BNG-Nós para as eleccións xerais do próximo 26X, Luís Bará, mantivo esta tarde un encontro con responsábeis da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais (Foanpas). A xuntanza decorreu a partir das 18h nas dependencias do Instituto Municipal de Educación. Na mesma Bará estivo acompañado pola candidata nº5, Marta Dacosta, polo […]