Luís Villares a Feijóo: “O presidente separatista empéñase en alonxar os pacientes dos hospitais esquecendo que en sanidade a distancia mata”

O voceiro de En Marea, Luís Villares, dirixiu a pregunta ao presidente durante a sesión de control do Parlamento para criticar duramente a reforma da Lei de Saúde “aprobada nunha ponte festiva” e acusou a Feijóo de ser un “presidente separatista que alonxa aos pacientes dos hospitais e en sanidade a distancia mata”, en referencia […]

En Marea desminte a escusa do vicepresidente Alfonso Rueda para tentar xustificar o “desplante antolóxico” da Xunta de Galicia ao Eixo Atlántico

O voceiro de En Marea, Luís Villares, desminte á resposta da Xunta de Galicia para tentar xustificar a súa ausencia no Congreso do Eixo Atlántico dicindo que non estaban convidados xa que como aparece no programa e a lista de convidados do Eixo aparecía concretamente a participación na clausura do conselleiro de Política Social, José […]

Luís Villares: “O apoio de Foro Asturias ao Orzamento do Estado vaino pagar o AVE galego”

“Feijóo entrégase gratis ao Goberno do Estado e por iso non negocia mellora algunha para Galicia“. Esta foi a conclusión do voceiro de En Marea, Luís Villares, tras se coñecer o apoio de Foro Asturias aos Orzamentos do Estado para este ano a cambio de que se retrasen as obras do AVE a Galicia hasta […]

En Marea revela na sesión de control o rexistro por parte de Villar Mir da segregación das centrais de Ferroatlántica

A empresa Villar Mir ven de rexistrar hoxe mesmo a segregación das centrais de Ferroatlántica como aparece publicado no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil o que ven a demostra unha de dúas ou que a Xunta de Galicia xa trasladou á empresa a intención de aceptar a solicitude presentada, ou que o que realmente manda […]

En Marea desminte ao grupo Villar Mir e asegura que os 285 millóns de euros de beneficios obtidos por Ferroatlántica avalan a continuidade da actividade

“285 millóns de euros en dez anos é a cifra do espolio, a cifra gañada por Ferroatlántica nos últimos dez anos pola produción hidroeléctrica e que non foi revertida en Galicia” e que foi revelada polo voceiro de En Marea, Luís Villares, e o deputado parlamentario Francisco Casal, na rolda de prensa ofrecida esta mañá […]

En Marea e o BNG rexistran a solicitude de comparecencia urxente do Comité de empresa de Ferroatlántica no Parlamento de Galicia

Os grupos parlamentarios de En Marea e o BNG rexistraron esta mañá no Parlamento de Galicia a solicitude de comparecencia urxente do Comité de Empresa de Ferroatlántica de Cee-Dumbría na Comisión 6ª de  Industria, Enerxía, Comercio e Turismo co obxecto de escoitar a situación que están atravesando os traballadores da factoría, pois descoñecen o futuro das […]

En Marea realizará consulta cidadá sobre moción de censura ao PP no Congreso dos Deputados

O portavoz de En Marea, Luís Villares, e a viceportavoz, Ana Seijas, presentaron esta mañá a consulta cidadá que levará a cabo durante a vindeira semana En Marea sobre a moción de censura presentada no Congreso dos Deputados polo grupo confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea contra o goberno do Partido Popular no Estado. Con […]

En Marea oponse radicalmente a que Augas de Galicia autorice a segregar as centrais de Ferroatlántica

Ferroglobe fixo pública a a súa petición de solicitar a Augas de Galicia que se anule la prohibición de segregar as dúas actividades de Ferrotlántica, a ferroaleación e a produción de enerxía eléctrica. A empresa pretende segregar as actividades para vender as dúas centrais, como vén advertindo En Marea desde hai máis de seis meses. […]

Luís Villares a Feijóo: “É máis difícil atopar unha gardería urbana que eduque en galego ca un dirixente do PP non imputado”

Na semana previa á do Día das Letras Galegas En Marea quixo poñer o foco no abandono  e despreocupación do goberno galego coa lingua e da cultura galegas. Na pregunta ao Presidente o voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, preguntoulle a Feijóo que políticas lingüísticas está executando para que cheguemos a unha realidade na […]

En Marea denuncia a “inaceptable regresión“ do número de falantes en lingua galega e o “auténtico asedio“ á cultura por parte da Xunta de Galicia

O grupo parlamentario de En Marea centrará as súas intervencións no pleno de mañá en denunciar a lamentable situación da lingua e da cultura galega a consecuencia da política de recortes e de total desleixo imposta polo goberno de Alberto Núñez Feijóo. O portavoz Luís Villares explicou que “a situación da lingua e da cultura […]

Luís Villares: “alegrámonos da derrota de Le Pen, pero nos entristece a vitoria de Macron”

O voceiro de En Marea, Luís Villares, valorou o resultado das eleccións presidenciais francesas advertindo que non debería “volver a repetirse que haxa que escoller entre a dereita e a extrema dereita”. Villares sinalou: “alegrámonos da derrota de Le Pen, pero nos entristece a vitoria de Macron”. Para o voceiro de En Marea  a segunda […]

En Marea denuncia a falla de interese da Xunta por sacar a Galicia do primeiro posto en destrución de emprego e precariedade laboral

En Marea preguntou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pola súa valoración da pésima valoración da evolución dos datos do paro de todo o Estado español con 103.000 ocupados menos e 38.000 desempregados máis nas dúas lexislatura do seu executivo. O portavoz de En Marea, Luís Villares, non só fixo referencia aos […]

Villares: “Un númerito son as relacións da Xunta cunha Ferroatlántica co seu director xeral detido por financiar ao PP”

Luís Villares, voceiro de En Marea, considera que cualificar de “numerito” a petición de amparo realizada por En Marea á mesa do Parlamento de Galicia é “unha demostración máis da baixa cualidade democrática que hai en Galicia”. O voceiro parlamentario de En Marea sinalou que xa resulta raro que cando “En Marea plantexa unha petición […]

En Marea pide o amparo da Mesa do Parlamento ante a “violencia institucional“ exercida polo PP contra os grupos da oposición

En Marea rexistrou no día de hoxe unha petición de amparo da Mesa do Parlamento ante a “violencia institucional“ constante do Partido Popular contra os grupos da oposición e especialmente contra En Marea. O portavoz de En Marea, Luís Villares, arrancou a comparecencia antes os medios explicando que a actuación en comisión do grupo parlamentario […]

En Marea solidarízase cos afectados pola explosión en Ferroatlántica

En Marea solidarizouse coas vítimas da explosión ocurrida nun forno de Ferroatlántica e que deixou a tres traballadores feridos e hospitalizados. Luís Villares púxose en contacto cos membros do comité de empresa para transmitir o apoio aos feridos e ás súas familias e para coñecer as causas deste sinistro. Membros do comité de empresa lembraron […]

Luís Villares advirte a Rajoy que non poderá mentir ante o xuíz como fixo Bárcenas

O portavoz de En Marea, Luís Villares, valorou positivamente a decisión da Xustiza de chamar a declarar ao presidente do Partido Popular e presidente do Goberno do Estado, Mariano Rajoy, polo que considerou o “maior caso de corrupción do Estado español, o caso Gürtel. Villares considera que con decisión da un paso máis cara a […]

Luis Villares: “O PP é o partido da desesperanza laboral e das políticas do desemprego“

Galicia sitúase á cabeza en destrución de emprego a nivel Estatal tal e como se recolle nos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados polo Instituto Nacional de Estatística. Unha evolución que implica que os 8 anos de goberno de Núñez Feijóo, deixaron no noso país 103.000 ocupados menos e 38.000 desempregados máis provocando […]

A Coordinadora de En Marea comezará a desenvolver a estrutura organica e territorial do espazo

A Coordinadora de En Marea ofreceu en rolda de prensa o plan de traballo que desenvolverá este órgano de En Marea con carácter inmediato. Luís Villares presentou este plan de traballo que foi detallado polas vicevoceiras da coordinadora, Victoria Esteban e Ana Seijas. O plan pretende darlle corpo tanto á estrutura orgánica como territorial de […]

En Marea participou na asemblea de constitución de Un País en Comú en Barcelona

O voceiro de En Marea, Luís Villares, o voceiro do grupo parlamentario no Congreso, Antón Gómez-Reino e a integrante da coordinadora de En Marea Victoria Esteban trasladáronse este sábado a Barcelona para participar na asemblea fundacional de Un País En Comú, o espazo “dos comúns” liderado por Xavier Domènech e Ada Colau de cara ás […]

A decisión de Feijóo de recurrir á banca privada para financiarse custaralle aos galegos 1.670 millóns de euros

O voceiro parlamentario de En Marea Luís Villares e o deputado Manuel Lago destaparon a mañá de onte en rolda de prensa os custes que terá para as arcas públicas galegas a decisión de Feijóo de non acudir aos mecanismos extraordinarios de financiamento entre 2012 e 2017 e endebedarse coa banca privada: 1.670 millóns de […]

En Galicia hai dúas formas de facer política, a do PP que usa as zonas grises da lei e a da Marea que interpreta a lei para beneficiar a xente

“Nunha poboación golpeada pola crise, causa alarma saber que o seu presidente utiliza a lei para recibir doazóns de empresas que logo son as que contratan co goberno a meirande parte da obra pública”, indicou o portavoz parlamentario Luís Villares na pregunta ao presidente da Xunta en alusión ás declaracións de Feijóo nas que recoñecía […]

En Marea pide a destitución da Valedora do Pobo por incumprimento das súas funcións: “Non presenta o informe do pobo, presenta o informe do gabinete de comunicación do PPdeG”

O voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, pediu esta a mañá de onte destitución da Valedora do Pobo por facer unha evidente deixación de funcións “como se puido comprobar na presentación do informe anual da institución relativo ao ano 2016”. En Marea entende que Milagros Otero non defende os dereitos da cidadanía, como establece […]

Elixida a coordinadora de En Marea con Luís Villares como voceiro

O Consello das Mareas elixiu á súa coordinadora e a quen será o seu o voceiro, Luís Villares. Ademais, a Coordinadora das Mareas constituíu a comisión de garantías, aprobou o documento político como liña básica de acción estratéxico e que recolle os liñas fundamentais do ámbito organizativo. Un documento e unha organización que se consolida […]

Luís Villares: “Paso atrás do Ministerio nos rexistros civís ven a demostrar que propostas de En Marea son as que conveñen ao país“

“O paso atrás do Ministerio no relativo ao rexistros civís ven a demostrar que as propostas políticas de En Marea son as que máis conveñen ao noso país“. Así valorou o portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, a la prórroga de la ´vacatio legis´ para que a entrada en vigor da Lei 20/2011 quede […]

1 2 3 5