🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Miguel de MEL sae do cárcere e conta a súa experiencia en primeira persoa

O pasado mércores, Miguel Martínez, o primeiro detido e encarcerado pola vaga de incendios de outubro e membro fundador do Movemento Ecoloxista da Limia, saíu da cárcere de Pereiro de Aguiar. Durante as 5 semanas que estivo en prisión incondicional, a súa familia, amizades e máis de 20 colectivos ecoloxistas denunciaron publicamente o trato desproporcionado […]

Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de San Mamede

A Consellería do Medio Rural informa dun lume rexistrado no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de San Mamede, que permanece estabilizado desde as 17,21 h. desta tarde. O incendio comezou ás 13,05 h. e, segundo as últimas etimacións, afecta unha superficie dunhas 50 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 5 axentes, 14 brigadas, […]

O lume que comezaba onte na parroquia de Garabás, Concello de Maside quedou extinguido

O lume que comezaba onte ás 13,26 horas na parroquia de Garabás, Concello de Maside, quedou extinguido ás 14,07 horas de hoxe. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 41,2 hectáreas, das cales 36,2 son de arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción participaron un técnico, oito axentes, 28 brigadas, […]

Estabilizado o lume no concello pontevedrés de Lalín

A Consellería do Medio Rural informou ás 20h que a situación do lume no concello pontevedrés de Lalín, parroquia de Lebozán, tras comezar ás 14,56 h. deste mediodía esta nestes mesmos momentos atopase estabilizado. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 31 hectáreas. Nel traballan 3 axentes, 17 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 10 helicópteros […]

#UltimaHora do incendio forestal no municipio ourensán de Maside, parroquia de Garabás

Desde diversos puntos da comarca do Carballiño e mesmo desde a capital ourensá é perfectamente visible un incendio que nos datos recadados ás 17:14 xa queimou máis de 38 hectáreas. No seu control participan 1 técnico, 4 axentes, 20 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 13 helicópteros e 4 avións, informou a Consellería do Medio Rural. […]

Un novo incendio forestal fai estragos no municipio ourensán de Maside, parroquia de Garabás

A Consellería do Medio Rural informa dun lume activo rexistrado no concello ourensán de Maside, parroquia de Garabás. Este incendio comezou ás 13,26 h. deste mediodía e segundo novas estimacións afecta unha superficie de 38 hectáreas. No seu control participan 1 técnico, 4 axentes, 20 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 13 helicópteros e 4 avións, […]

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,30 horas de hoxe

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,30 h. de hoxe. Verín-Vilamaior Continúa desactivada a Situación 2 no lume do concello ourensán de Verín, parroquia de Vilamaior, ao non haber perigo para os núcleos de poboación da zona afectada. Este incendio comezaba ás 16,30 h. do […]

Declarada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo no municipio ourensán de Verín, parroquia de Vilamaior

A Consellería do Medio Rural vén de declarar como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Verín, parroquia de Vilamaior do Val. Esta situación operativa de emerxencia declárase por proximidade do lume ao núcleo de Queirugás. Este incendio comezou ás 16,30 horas e, segundo as primeiras estimacións, afecta […]

Controlado o incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Melón, parroquia de Quins

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio rexistrado no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins, permanece controlado desde as 21,42 h. de onte. Segundo as últimas estimacións, este lume afectou unha superficie de 150 hectáreas, das cales 100 corresponden a monte raso e as 50 restantes a arborado. Este incendio comezou […]

Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Soutadoiro

A Consellería do Medio Rural informa de que desde as 20:45 horas de onte están estabilizados todos os focos do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Soutadoiro. Este lume iniciouse ás 10:20 horas desta mañá, rexistrándose diferentes focos simultáneos que, segundo as últimas estimacións provisionais, afectaron en conxunto unhas […]

Extinguido o lume en Carballeda de Valdeorras

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14.30 horas de hoxe. Activo Cervantes Permanece activo o incendio forestal iniciado ás 01:45 horas desta madrugada no concello lugués de Cervantes, parroquia de Vilaspasantes, con cinco focos que en total suman arredor de 40 hectáreas, segundo estimacións provisionais. […]

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Soutadoiro

A Consellería do Medio Rural informou as 17:15horas sobre o incendio forestal de Carballeda de Valdeorras que seguia activo arestora na parroquia de Soutadoiro. O lume iniciouse ás 10:20 horas desta mañá e localízase en diferentes focos que, segundo estimacións provisionais, superan en conxunto as 20 hectáreas. Nos traballos de control participan 1 técnico, 4 […]

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Cervantes, parroquia de Cereixedo

A Consellería do Medio Rural informa do control do incendio forestal rexistrado no concello lugués de Cervantes, parroquia de Cereixedo. O lume, que se iniciou ás 03,01 h. da madrugada, quedou controlado ás 13,30 h. e segundo estimacións provisionais afectou unha superficie de arredor 20 hectáreas de monte raso. Nos traballos de control participaron 3 […]

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Placín Escoitar

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Manzaneda, parroquia de Placín. O lume iniciouse ás 15:05 horas de onte domingo e quedou extinguido ás 23:00 horas. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 125 hectáreas de monte raso. Nos traballos de extinción participaron 3 […]

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Pereira

A superficie afectada é de 35 hectáreas de monte raso, segundo últimas estimacións. A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Entrimo, na parroquia da Pereira. O lume entrou por Portugal e afectou ao parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. O lume iniciouse ás 18:15 horas da […]

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Candeda

A Consellería do Medio Rural informa do control do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, na parroquia da Candeda. O lume iniciouse ás 13:20 horas de onte e quedou controlado ás 21:37 horas. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 80 hectáreas de monte raso. Nos traballos de extinción […]