“Combatimos lumes forestais de cuarta e quinta xeración cun SPDCIF do século pasado”

O sector de Autonómica da CIG-Administración vén de facer público un comunicado elaborado polos delegados/as sindicais da central no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) no que denuncian as consecuencias de ter que combatir lumes forestais de quinta xeración “cun dispositivo ancorado nos anos 90 do século pasado”. Dende a representación sindical […]

“A política forestal de Medio Rural vén determinada polo anticiclón das Azores”

A consellaría de Medio Rural anunciaba esta mañá a ampliación dos contratos das/os brigadistas até o 12 de novembro. O anuncio producíase tras da rolda de prensa convocada polos comités provinciais de Seaga para alertar da persistencia da situación de alto risco de incendios por mor das previsións meteorolóxicas e denunciar a improvisación de Medio […]

Miles de persoas toman as rúas de Compostela ao berro unánime de “Lumes, Nunca Máis!”

Arredor de 15.000 persoas percorreron a mañá do domingo as rúas de Compostela para manifestar a súa indignación diante da falta de previsión e nefasta xestión do goberno do Partido Popular durante a catastrófica vaga de lumes que arrasou Galiza o pasado fin de semana. Ao berro de “Nunca Máis” se lle sumou o de […]

Rexorde un 15M convertido en 22O contra os lumes en Galicia con gran presenza en Vigo

No día de onte, na explanada das avenidas, a un costado do centro comercial A Laxe, ás 12:30 horas, un milleiro de persoas déronse concentración ao mais estilo do espíritu do 15M, nesta ocasión, nunha a concentración baixo o lema “Sen Bandeiras, Sen cores! Unidos polo noso!”. O corpo de bombeiros de Vigo convocou a […]

Os comités de Seaga denuncian que houbo falta de previsión para enfrontar a vaga de lumes

Os comités provinciais de SEAGA (Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos S.A.) emitiron esta mañá un comunicado no que aclaran o ocorrido nas últimas xornadas co dispositivo de reforzo do verán do PLADIGA (Plan de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza) no que atinxe ás brigadas de terra contratadas  a través de […]

Persoal da CRTVG pide a dimisión do director xeral e responsábel de Informativos por cobertura lumes

Traballadoras e traballadores dos medios públicos galegos, Radio e Televisión de Galiza, concentráronse esta mañá diante do despacho de Sánchez Izquierdo para denunciar a  cobertura informativa dos lumes que asolaron o país este domingo e demandar a súa dimisión. O Comité Interempresas da CRTVG vén de emitir un comunicado que condena a cobertura informativa que […]