Ana Pontón propón un pacto de país “para acabar coas políticas forestais pirómanas dos gobernos do PP”

A portavoz nacional, Ana Pontón, propúxolle ao presidente da Xunta un pacto de país para acabar cunha política forestal fracasada que queima Galiza, para poñer en marcha un modelo que substitúa o negocio do lume pola limpeza e posta en valor do monte, ordene o territorio e free o abandono do medio rural. “Efectivamente señor […]

Axuda, colaboración e voluntariado na defensa dos nosos bosques e montes

Sabemos que moitas de vos queredes axudar a paliar os estragos feitos polos incendios. Neste senso, dado que son quen mellor coñece o tema, parécenos apropiado que contactedes cos colectivos ecoloxistas, concellos e Comunidades de Montes da zona cero que están organizando ese traballo, polo que pasámosvos algúns contactos de colaboración directa que esperamos sexan do voso interese. […]

Pontón: “21 millons de euros non chegan para recuperar as zonas afectadas polo lume”

Na súa visita á zona afectada pola vaga de lumes no monte Cepudo de Valadares na contorna de Vigo, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón  afirmou que: “ o decreto de 21 millóns é insuficiente para facer fronte  ao desastre ambiental, social e económico” producido polos incendios  e pediu destinar “unha partida” específica nos […]

Miles de persoas toman as rúas de Compostela ao berro unánime de “Lumes, Nunca Máis!”

Arredor de 15.000 persoas percorreron a mañá do domingo as rúas de Compostela para manifestar a súa indignación diante da falta de previsión e nefasta xestión do goberno do Partido Popular durante a catastrófica vaga de lumes que arrasou Galiza o pasado fin de semana. Ao berro de “Nunca Máis” se lle sumou o de […]

Rexorde un 15M convertido en 22O contra os lumes en Galicia con gran presenza en Vigo

No día de onte, na explanada das avenidas, a un costado do centro comercial A Laxe, ás 12:30 horas, un milleiro de persoas déronse concentración ao mais estilo do espíritu do 15M, nesta ocasión, nunha a concentración baixo o lema “Sen Bandeiras, Sen cores! Unidos polo noso!”. O corpo de bombeiros de Vigo convocou a […]

Unha delegación do BNG visita os concellos afectados polos lumes en Ourense

Unha delegación do BNG visita hoxe diversos concellos da provincia de Ourense, gravemente afectados polos incendios. A delegación representada polos deputados e deputadas das catro provincias,  Noa Presas, Olalla Rodil, Xosé Luís Rivas e Luís Bará visitaran ao longo do día  os concellos de   Baños de Molgas,  A Mezquita e  Viana do Bolo onde manterán […]

Lumes Nunca Máis! e a CIG chama á mobilización contra a Lei de Depredación do PP e contra a vaga de lumes

A CIG chama a participar na manifestación convocada pola ‘Plataforma contra a Lei de Depredación de Galiza’ para o vindeiro domingo día 22 de outubro, con saída ás 12:00 horas da Alameda compostelá. Unha lei aprobada de forma antidemocrática e “golpista” polo PP que baixo o nome de Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas […]

O BNG reclama en Bruxelas que se active o mecanismo europeo de protección civil

A portavoz do BNG en Bruxelas presentou unha iniciativa na Eurocámara para reclamar da Comisión Europea a posta en marcha do Mecanismo Europeo de Protección Civil, -como xa fixo Portugal-, para responder ás necesidades inmediatas derivadas da vaga de lumes,  ademais de reclamar do Executivo comunitario que esixa ao Goberno español o cumprimento da normativa […]

Ana Pontón: “Terrorismo incendiario é manter unha política forestal que converte Galiza nun polvorín”

A portavoz nacional, Ana Pontón, criticou a negativa de Feijóo a explicar a vaga de lumes que provocou catro vítimas mortais e sumiu Galiza nunha situación de emerxencia nacional. Nin o Goberno central nin o galego “estiveron á altura das circunstancias”, nun momento en que milleiros de persoas se sentiron abandonadas en medio das lapas. […]

Miles de persoas saíron ás rúas de toda Galiza para denunciar a incompetencia da Xunta

Miles de persoas participaron nas preto de 40 concentracións convocadas por toda a xeografía galega baixo o lema “Lumes Nunca Máis”. Un berro que volveu tomar as rúas de Norte a Sur do país para manifestar a indignación, carraxe e dor provocada pola vaga de lume que asolou sobre todo as provincias de Pontevedra, Ourense […]

Persoal da CRTVG pide a dimisión do director xeral e responsábel de Informativos por cobertura lumes

Traballadoras e traballadores dos medios públicos galegos, Radio e Televisión de Galiza, concentráronse esta mañá diante do despacho de Sánchez Izquierdo para denunciar a  cobertura informativa dos lumes que asolaron o país este domingo e demandar a súa dimisión. O Comité Interempresas da CRTVG vén de emitir un comunicado que condena a cobertura informativa que […]

Activo un incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Melón, parroquia de Quins

A Consellería do Medio Rural informa dun lume rexistrado no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins, que segundo as primeiras estimacións afecta unhas 20 hectáreas. Este incendio comezou ás 23,00 h. de onte e no seu control traballan 3 axentes, 6 brigadas, 2 motobombas e 1 pa. A Consellería do Medio Rural lembra que […]

11/08 –  A consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9:30 horas

Lumes en “Situación 2” Situación 2 en Soutomaior-Arcade Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Soutomaior, parroquia de Arcade, pola proximidade do lume ao núcleo de Xunqueiriñas. O lume comezou ás 18:02 horas de onte e permanece activo. Este lume uníuse ao rexistrado no concello de Pontevedra, parroquia de Ponte Sampaio. Segundo […]

10/08 – A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19:30 horas

Situación 2 en Soutomaior Segue declarada a “Situación 2” no incendio de Soutomaior, parroquia homónima, por proximidade do lume ao núcleo de San Martiño de Ventosela no concello de Redondela. O lume iniciouse ás 16:01 horas de onte e permanece activo. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas e no seu […]

10/08 – A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13:30 horas

Segue declarada a “Situación 2” no incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Soutomaior, parroquia homónima, por proximidade do lume ao núcleo habitado de San Martiño de Ventosela no concello de Redondela. O lume iniciouse ás 16:01 horas de onte e permanece activo. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas e […]