En Marea presenta iniciativas para a adecuación dos coeficientes redutores dos mariñeiros de alta mar

 A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, presentou este martes xunto á portavoz estatal de MODEPEN (Movemento galego pola defensa das pensións públicas), Victoria Portas, as iniciativas rexistradas por En Marea no Congreso, relativas á adecuación dos coeficientes reductores aos mariñeiros. “Esiximos do Goberno unha áxil e rápida solución á adaptación dos coeficientes […]

O BNG denuncia no parlamento continuos recortes de cota de pesca que afoga á flota galega

A deputada do BNG, Montse Prado preguntou hoxe  ao Goberno polas continúas reducións da cota de pescada e os plans para a súa recuperación. Prado   denunciou que nunha  década,  este recurso non recuperou a súa actividade. O ano pasado,explicou,  a rebaixa foi do 15% e neste ano a caída será do 22%. Estes datos, dixo […]

Un total de 15 portos de titularidade autonómica acadan o distintivo bandeira azul 2017

Un total de 18 portos galegos dos que 15 dependen da Consellería do Mar e os outros tres de Autoridades Portuarias, conseguiron este ano o distintivo Bandeira Azul que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC, e que recoñece a calidade das instalacións e servizos dos peiraos deportivos, entre outros. No caso […]

A Xunta apela a seguir traballando ante a UE para evitar a perda de toneladas que quedaron sen pescar polos estados membro nos últimos anos Escoitar

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, apelou o mércores en Vigo a seguir traballando ante a Unión Europea para evitar que queden cotas sen pescar polos Estados membro, como aconteceu no período 2008-2014, no que máis dun millón de toneladas quedaron sen consumir, segundo os datos que manexa a Xunta e que foron feitos públicos […]

Galicia defende erixirse como puntal na loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe en Vigo na inauguración do taller Cumprimento das normas de captura do atún nas organizacións rexionais de pesca. Alí demostrou a vontade de Galicia para “contribuír e ser puntal na loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada”. O obxectivo, subliñou, é “conservar o noso […]

Os Gardacostas requisan 432 nasas e máis de 100 quilos de peixe e marisco na ría de Pontevedra no que levamos de mes

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron 432 nasas e 104 quilos de peixe e marisco en diversos operativos contra o furtivismo realizados no que levamos de mes na ría de Pontevedra. Tamén se aprehenderon de 3.000 metros de aparellos de enmalle. Os inspectores de Gardacostas incautaron 102 nasas […]

Rosa Quintana apela ao traballo conxunto cos profesionais do mar a través da cogobernanza para axilizar a relación sector-administración

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, compareceu esta mañá no Pleno do Parlamento, para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento ata 2020. Alí apelou ao traballo conxunto cos profesionais do mar a través da cogobernanza para axilizar a relación sector-administración e por seguir unha liña de traballo baseada na competitividade, na sustentabilidade […]

Madrid recoñece o erro nos coeficientes redutores da idade de xubilación dos mariñeiros e di que revisará “caso por caso”

A FGAMT-CIG de Pontevedra revelou hoxe que o Goberno central vén de recoñecer a existencia de erros na modificación dos coeficientes redutores da idade de xubilación da xente do mar e que se comprometeu a revisar “caso por caso”. Dende a central agardan que nun prazo máximo de tres meses se solucione unha problemática que […]

ECONOMÍA, SANIDADE e MAR, temas centrais do encontro de En Marea coa cidadanía de Moaña

As candidatas de En Marea pola provincia de Pontevedra participaron esta tarde nun mitin en Moaña no que a economía, a sanidade e a situación dos sectores primarios, especialmente o mar, foron os focos principais de atención. O encontro celebrouse no colexio público Reibón e contou coa participación dos candidatos Mariano Abalo, a número tres, […]