🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Da comezo a campaña “de volta a casa quero ser libre, non valente”

Dende a Marcha Mundial das Mulleres, poñemos en marcha esta campaña, xa difundida nas redes, pola que reinvindicamos e denunciamos a situación de violencia a que estamos expostas as mulleres. Estamos fartas de ceder espazos, mudar percorridos e ser educadas no medo. O asesinato de Diana Quer e outros moitos na Galiza son o desenlace horrible de outras moitas […]

Solidariedade coas mulleres kurdas

Conmemoramos neste acto o asasinato de tres activistas kurdas en París. O de 9 de xaneiro de 2013 foron asasinadas no centro de información do Kurdistán de París: Sakine Cansiz, cofundadora do Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), Fidan Dogan, membro do Congreso Nacional do Kurdistán, e Leyla Soylemez, activista kurda. Todos os indicios indican […]

Un maltratador nunca é un bo pai!! – Manifestación 9-09

Dende a Marcha Mundial das Mulleres veñen facer explícito o seu apoio a Juana Rivas e a todas as mulleres que se atopan nesta terrible situación de indefensión. A decisión de Juana é moi valente, mais ela non pretendía ser unha heroína, só quería protexer aos seus fillos dun pai que a fixo vivir nun […]

A Marcha Mundial das Mulleres apoian o día do orgullo LGTBIQ

Un ano mais, dende a Marcha Mundial das Mulleres veñen a comunicar o seu apoio ao día do orgullo LGTBIQ. Sempre é preciso a reivindicación deste día, pero agora debemos facelo se cabe, con maior intensidade, xa que, no noso entorno, asistimos nestes anos a un aumento de agresións e LGTBIQ fobia. Queren denunciar, que baixo un manto de maior visibilidade […]

O feminismo galego convoca concentracións nas cidades galegas en repulsa á violencia machista

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este mércores 22 de febreiro, ás 20:00 horas, en repulsa ao asasinato de María José Mateo García, en Redondela. Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega […]

Vigo solidarizouse coas mulleres Kurdas asasinadas

A Marcha Mundial das Mulleres, organización feminista e anticapitalista, concentrouse no dia de onte diante das escaleiras do museo de arte contemporánea Marco de Vigo, unha concentración protesta e en solidariedade coas militantes kurdas asasinadas nos últimos anos mentras loitaban pola liberdade do seu pobo.   A data escolleuse en relación aos asasinatos do 9 de xaneiro […]

Solidarizásense coas mulleres Kurdas asasinadas en Vigo

A Marcha Mundial das Mulleres, organización feminista e anticapitalista, convoca para hoxe 9 de xaneiro ás 20:00h diante do Marco en Vigo, unha concentración en solidariedade ás militantes kurdas asasinadas nos últimos anos mentras loitaban pola liberdade do seu pobo. A data escolleuse en relación aos asasinatos do 9 de xaneiro de 2013 no centro de […]

Vigo mostrou a súa indignación polos asasinatos de Ana e Elena

A concentración en Vigo arrincaba pasadas as 20 horas baixo o frío do ambiente, a medida que os minutos da concentración respirábase indignación e rabia sobre os últimos asasinatos acontecidos na Galiza, era o sentir na concentración diante do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, un acto convocado pola Plataforma Feminista Galega, Marcha mundial das […]