Marea de Vigo apoia a mobilización feminista convocada no Marco

Ante a aprobación dos próximos Orzamentos Xerais do Estado para 2017, as organizacións de mulleres veñen de convocar mobilizacións en todo o Estado para seguir denunciando que estes orzamentos reflicten a inacción contra o terrorismo machista por parte do estado, así como un nulo compromiso coa igualdade. “A realidade das mulleres segue pintándose con altas […]

Marea de Vigo realizou debate sobre ventres de alugueiro no que quedou plasmada a oposición a esta práctica

Entre os temas que saíron e as conclusións que se sacaron, cabe destacar a consideración que maioritariamente se fixo sobre o porqué e os intereses que moven a regulación dos ventres de alugueiro. Isto substánciase e que os intereses veñen sendo económicos; por un lado, dende o punto de vista da utilización da necesidade económica […]

Marea de Vigo valora os dous anos de lexislatura de Caballero como a plasmación dun modelo en retroceso

Entre os asuntos máis salientables para a Marea de Vigo, un punto de inflexión nestes dous anos foi a innecesaria aprobación dun novo Regulamento do Pleno, que, segundo as verbas do concelleiro Xosé Lois Jácome, “veu consagrar a limitación á labor e ao dereito á información da oposición, xunto ao baleirado de contido político dos […]

Marea de Vigo afirma que a Comisión Cidadá de Normalización Lingüistica está preocupado pola situación do galego na cidade olívica

O día 18 de maio, na xuntanza da comisión cidadá de Normalización Lingüística tomáronse tres acordos polos que se van remitir escritos a diferentes entes e institucións. En primeiro lugar, enviarase aos medios de comunicación unha carta solicitando que as entrevistas, notas de prensa e comunicacións que chegan aos medios en lingua galega sexan reproducidos […]

Marea de Vigo amosa total apoio ao sector da estiba e apoia a convocatoria de folga

Hai máis de dous anos da saída da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea , dous anos nos que as persoas representantes do Goberno español, lonxe de traballar conxuntamente co sector cara a acadar solucións, trataron de aproveitar a situación para a introdución de medidas cara a total liberalización do sector, medidas que […]

Marea de Vigo lémbralle a Caballero que para ter o AVE por Cerdedo primeiro hay que quitar ao PP do Goberno

Tal e como xa explicou a propia Senadora de En Marea, Vanesa Angustia, á que a Marea de Vigo apoia no traballo feito sobre esta moción; “En Marea non votou en contra de que se rematen as obras do AVE a Galicia en prazo e forma. O grupo aportou 12 propostas nas súas emendas á […]

Marea de Vigo pide ao Concello que invista na construcción de escolas infantís

A lei Montoro impide ao Concello de Vigo utilizar o superávit para a construción de escolas infantís mais a consignación de recursos no capítulo de investimentos permitiría que se puidesen facer. A escasa existencia de escolas infantís públicas está obrigando á creación de bonos para as familias co obxectivo de que poidan acceder ás escolas […]

Marea de Vigo na defensa do pequeno comercio e de FECOVI

Para a Marea de Vigo, os intereses particulares, partidarios ou conxunturais non deberían de condicionar a situación da federación de comercio vigués, que, á marxe de escoitar as diferentes posturas políticas con respecto aos temas que lles son do seu interese, as súas decisións deben ser soberanas e sen inxerencias tales como o feito de tratar de […]

Marea de Vigo alerta do peche xeneralizado de locais e negocios no Casco Vello Alto

Marea de Vigo considera que finalmente os alugueres excesivos, a falla de campañas de dinamización no comercio e mesmo o pouco dinamismo de visitas na Pinacoteca Municipal están rematando co proceso de rexeneración da zona emprendido fai algún tempo. Xa fai anos que a asociación cultural do Casco Vello Alto identificaba a necesidade de programar […]

Marea de Vigo ve imprescindible poñer en práctica políticas efectivas pola igualdade como resposta á violencia machista

A violencia machista ten a súa máxima expresión nos asasinatos, mais tamén se atopanas nosas vidas de xeito transversal, dende condutas machistas que soportamos diariamente, o uso dos nosos corpos (publicidade machista, explotación sexual, prostitución, ventre de aluguer…) ata no propio eido institucional, no que, para o Grupo Municipal da Marea de Vigo, máis aló […]

Marea de Vigo califica de moi grave adxudicación de concesións públicas á empresarios que non cumpren dereitos dos traballadores/as

Nos pasados días, a empresa que figuraba como primeira na clasificación de ofertas para esta concesión, renunciou á mesma no momento da entrega da documentación solicitada pola Mesa de Contratación, dada a imposibilidade que tiña para entregar dita documentación a causa das débedas de natureza tributaria coas que contaba e a imposibilidade de obter aval […]

Marea de Vigo coas Letras Galegas

Con motivo do Día das Letras Galegas, Marea de Vigo organiza un acto o día 14 para presentar o Manifesto pola Defensa da Lingua e no que debateremos sobre a situación do galego nunha perspectiva histórica e reivindicativa con Marga López Barreiro, concelleira da Marea de Vigo e Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor e ex-director […]

Marea de Vigo considera que os mais de 3 millóns de euros recadados na venda de vivendas deberían empregarse en adquirir máis de titularidade municipal

Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal, considera que “os valores catastrais e os prezos de saída das vivendas de Rosalía de Castro eran altas, polo que co recadado en cada vivenda poderían adquirirse varias repartidas polo conxunto da cidade para artellar un parque de vivenda municipal de emerxencia social, feito que reiteradas veces temos reclamado […]

Marea de Vigo rexistra moción pola eliminación da herba da pampa

A Cortaderia Selloana, coñecida como “Herba da Pampa” é unha das plantas invasoras catalogadas como máis perigosas pola UICN (Unión Internacional Para a Conservación da Natureza). Proveniente da América do Sur, a “Herba da Pampa” ten presenza na nosa cidade desde que, co gallo da construción da AP-9, pasou a formar parte da ornamentación da […]

Marea de Vigo pide aclarar se os autobuses públicos teñen operativa a rampla adaptada

O Grupo Municipal da Marea de Vigo denuncia que vai facer un ano que o Concello anunciou unha instrución especial para regular o acceso das persoas que empregan cadeiras eléctricas tipo “scooter”, instrución anunciada por Abel Caballero como “unha prioridade non só en Vigo senón tamén a nivel do estado, que defendería como presidente da […]

Marea de Vigo súmase ás reivindicacións das centrais sindicais no primeiro de Maio

Os últimos datos de desemprego aportados pola EPA resultan devastadores. A taxa de paro galega xa é do 17,3%, unha das máis altas no conxunto do estado e o dobre que a taxa media en Europa. A isto súmanse os datos sobre temporalidade, que a colocan nun 90% con respecto ao emprego xerado nos últimos […]

Marea de Vigo rexistra moción pola biodiversidade fronte á eucaliptización

Desde os anos 60,  varias zonas de Galiza, Asturias, norte e centro de Portugal, así como o suroeste de Andalucía foron territorios nos que se levaron a cabo repoboacións coa especie exótica eucaliptus, coa finalidade de abastecer as empresas papeleiras coa madeira destas árbores. O que aconteceu e que no que nun principio semellaba ser […]

Marea de Vigo atribúe nova investigación xudicial a práctica habitual de Caballero de asignar postos ao seu gusto

O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, denuncia que “os informes sobre a maior parte das inversións en contratacións, tanto en concesións de obras e servizos como en humanizacións, están feitos por persoal absolutamente descoñecido e sen a correspondencia adecuada na RPT”. Destaca que “asistimos a un rosario de recursos no […]

Marea de Vigo celebrou xornada sobre pobreza, vivenda e xustiza social

A xornada inicouse cunha primeira mesa redonda na que participaron a Concelleira da Marea de Vigo Marga L. Barreiro, o activista Social Antón Bouzas e o sociólogo Santiago Avión, onde se fixo unha radiografía da situación que se está vivindo na nosa cidade, e a resposta que se está dando por parte da institución local. […]

X.L Jácome: “É inaceptable que a Deputación de Pontevedra pague o SMI ás traballadoras do plan de emprego”

Na reunión, o deputado foi informado do funcionamento deste ‘plan de emprego’ na vila de Cangas; onde a Deputación desembolsa 200.000€ mentres que o concello ten que aportar 140.000€ para equiparar os soldos das novas traballadoras coas que xa están contratadas polo concello; para Jácome unha situación indignante, pois “estamos a falar de que unha institución […]

Marea de Vigo pide a paralización do concurso para a contratación da promoción turística de Vigo-Rías Baixas

“Non existe nin a mínima aclaración técnica nos pregos do novo concurso que xustifiquen manter o importe do concurso con menos voos e menos frecuencias semanais” afirma Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal, polo que pide “un novo concurso con garantías conforme non esteamos subvencionando sen control a compañías aéreas que logo non consolidan destinos […]

Marea de Vigo pide máis recursos e atención os museos públicos da cidade

A Marea de Vigo trasladará ao Congreso dos Deputados as eivas existentes no Museo de Arte Contemporáneo, presentando, a través do Grupo Parlamentario de En Marea, unha emenda aos Orzamentos do Estado que contemple unha partida orzamentaria para ampliar a partida económica do MARCO. Marea de Vigo vén tempo denunciando os problemas que neste eido […]

Marea de Vigo pide á Xunta e ao Goberno Municipal seriedade e compromiso en materia de vivenda social

É prioritario proporcionar solucións habitacionais ás familias que se atopen nunha situación de desafiuzamento ou risco de exclusión social por perda da súa vivenda habitual e precisen de intervención pública inmediata. Sendo un feito que a gran maioría dos lanzamentos que se producen na actualidadeson de particulares por falla de pagamentos de aluguer e que […]

O Concello está gastándose 1000€ ao día, pagando á concesionaria de Conservación e Mantemento de Zonas Verdes por un servizo que non se está levando a cabo

Para o Grupo Municipal da Marea de Vigo, a desfeita que se está facendo na xestión da contratación pública no Concello de Vigo está chegando a límites de dubidosa legalidade, cando se están pagando aproximadamente 1000 euros ao día dende o día 1 de abril á empresa concesionaria de Parques e Xardíns para que teñan […]

1 2 3 10