Corral acusa á Xunta de falar de igualdade mentres permite o acoso laboral a mulleres

A CIG conmemorou este 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, cunha mobilización en solidariedade con Nélida Pisco, condutora de Autobuses de Calo, que leva máis de oito anos padecendo acoso laboral por parte da empresa. A manifestación rematou cunha concentración diante da Secretaría Xeral de Igualdade, á que a secretaria das Mulleres da […]

Margarida Corral: “As mulleres non queríamos igualarnos en precariedade”

A secretaría das Mulleres da CIG presentou este venres o Informe sobre a situación laboral das Mulleres en 2016 baixo o título “Igualdade, para que?”, no que se constata que as mulleres que foron quen de saír do desemprego “fixérono en condicións precarias, en ocupacións flexíbeis e informais, con contratos a tempo parcial ou temporais, […]

Marga Corral: “Temos que artellar respostas colectivas ás múltiples violencias que sufrimos as mulleres”

A Secretaría da Muller da CIG conmemora este ano o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres, cunha campaña que xirará arredor do lema “Combatendo a violencia machista” e que compila todas as accións que vén desenvolvendo na última década para “reducir, concienciar e combater a violencia machista”. Así o explicou […]

Lánzase unha campaña de alerta diante da inminente abordaxe da flotilla de Mulleres Rumbo a Gaza

Convocaranse concentracións, xa confirmadas, en Ourense, A Coruña, Compostela, Vigo e Ferrol, no día en que interveña o exército israelí. Mulleres representantes de diversas organizacións que participan na campaña “Rompamos o bloqueo. Mulleres Rumbo a Gaza” compareceron este luns en rolda de prensa para manifestar a súa solidariedade e pedir protección ao estado español e […]