🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Os Gardacostas requisan máis de 1,5 toneladas de peixe e marisco e 458 útiles en diversos controis nos últimos días Escoitar

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 1,5 toneladas de peixe e marisco en diversos controis realizados nos últimos días e 458 útiles, entre eles dúas embarcacións e unha furgoneta. Tamén se aprehenderon de 16.900 metros de artes de enmalle. A ría de Arousa foi a zona […]

Unha aplicación móbil permitirá mellorar a xestión da explotación da navalla na ría de Vigo

A navalla é un marisco bivalvo que, aínda que no pasado apenas tiña valor, na actualidade tense convertido nun recurso de alto valor comercial. Os cambios no modelo extractivo fan preciso avanzar no coñecemento sobre o seu ciclo reprodutivo e a súa variabilidade espacial para mellorar a xestión e facer deste sector un modelo sustentable. […]

Os gardacostas requisan máis de 600 útiles de pesca e 1.600 metros de artes de enmalle en diversos controis nos últimos días

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 600 útiles de pesca en diversos controis realizados nos últimos días. Tamén se aprehenderon de 1.600 metros de aparellos de enmalle e ademais comisaron máis de 2.200 quilos de peixe e marisco. A maioría dos útiles foron requisados na ría […]

Os Gardacostas requisan máis de 360 quilos de peixe e marisco e de 400 útiles de pesca en distintos controis realizados nos últimos días

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 360 quilos de distintas especies de peixe e marisco e máis de 400 útiles de pesca en diferentes controis realizados na última semana. Tamén se aprehenderon de 500 metros de artes de enmalle. Na ría de Vigo os axentes realizaron […]

Galicia bateu en 2016 o récord histórico de facturación nas vendas de peixe e marisco

Logo de coñecer o informe sobre a venda de produtos pesqueiros presentado hoxe pola Consellería do Mar no Consello, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a competitividade do sector pesqueiro galego, cun récord histórico de facturación nas vendas de peixe e marisco en 2016 nas lonxas galegas. Durante a rolda de prensa, Feijóo […]