🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Estudan pedirlle responsabilidades penais ao Goberno galego por non ter plans de seguridade en servizos públicos

A Unión Comarcal da CIG de Ourense anunciou que o departamento xurídico da central está a estudar a posibilidade de reclamarlle responsabilidades penais á Xunta ante a ausencia de plans de prevención de riscos e saúde laboral nas Consellarías de Medio Rural e de Medio Ambiente. Dende a central denuncian graves incumprimentos nesta materia tanto […]

Pediran un plan para a restauración das areas forestais queimadas

A Asociación Forestal de Galicia manterá este mércores un encontro na súa sede de Ponteareas coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, para trasladarlle unha proposta de restauración forestal dos montes queimados este ano. O acto incluirá unha visita por montes veciñais afectados polos lumes na comarca de Condado-Paradanta, no sur da provincia de Pontevedra. […]

As axudas pola seca constatan o desprezo da Xunta polo rural e condenan miles de granxas a unha ruína segura

Compareceron diante dos medios de comunicación a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane; Bernardo Estévez, viticultor que ten unha pequena adega no Ribeiro e responsábel do Sector do Viño na organización agraria; e Samuel Formoso, gandeiro da parroquia de Gomareite (Vilar de Barrio) que cría vacas de carne co selo de Tenreira Galega Suprema. […]

“A política forestal de Medio Rural vén determinada polo anticiclón das Azores”

A consellaría de Medio Rural anunciaba esta mañá a ampliación dos contratos das/os brigadistas até o 12 de novembro. O anuncio producíase tras da rolda de prensa convocada polos comités provinciais de Seaga para alertar da persistencia da situación de alto risco de incendios por mor das previsións meteorolóxicas e denunciar a improvisación de Medio […]

Lídia Senra denuncia ante a CE a “insuficiente e ineficaz” política de prevención dos incendios forestais na Galiza

Denuncia ante a Comisión Europea (CE) a “insuficiente e ineficaz” política de prevención de incendios forestais na Galiza. Así o anunciou a propia Senra este martes pola mañá, durante unha rolda de prensa ofrecida en Santiago de Compostela xunto a José Ángel García López, presidente da Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia (ATRIFOGA) […]

O BNG interpelará a Feijóo sobre os plans para o medio rural tras anunciar “vellas medidas non executadas”

O BNG utilizará  sesión de control ao presidente a Xunta para interpelar a Feijóo sobre os plans do Executivo galego para revitalizar o medio rural, despois de que este anunciase por terceira vez as mesmas medidas baixo un novo envoltorio. “O único que quere o señor Feijóo é que nos creamos a súa propaganda que […]

Mini: “O cultivo da pataca na Galiza non é unha tradición, é unha importante axuda económica”

O parlamentario do BNG, Xose Luís Rivas respondeu á conselleira de Medio Ambiente cuns versos do  poema de Gabriel Celaya,  “maldigo la poesía concebida como un lujo cultural por los neutrales que lavándose las manos se desentienden y avaden. Maldigo la poesía de quién non toma partido hasta mancharse…” para poñer de manifesto a  “utilización […]

En Marea esixe que se anule a decisión de acabar co servizo de rexistros da propiedade en dez municipios e que suporá un “estrangulamento do medio rural“

En Marea denunciou a nova acción de estrangulamento do medio rural que pretende levar a cabo o Partido Popular e que suporá a perda de servizos esenciais, condenar a poboación do rural a unha degradación condicións vida afastando servizos. Esta decisión traerá como consecuencia o alongando dos tempos prestación servizos, obrigando a desprazamentos que non […]

O BNG pide á Xunta cursos de formación para dotar as explotacións agrarias de persoal cualificado

O portavoz parlamentario de Agricultura, Xosé Luís Rivas, reclamou ao goberno galego cursos de formación para dotar de persoal cualificado ás explotacións agrarias tanto a nivel de produción como de xestión, porque hoxe é máis certo que nunca “que non calquera se pode adicar ao campo”. “Hai un nicho de traballo en explotacións punteiras que […]

Friol concentra o 6,6% das axudas de Medio Rural para incorporación de mozos e plans de mellora na provincia de Lugo

A Consellería do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, reuniuse hoxe co alcalde de Friol, José Ángel Santos, para valorar varias cuestións relativas ao municipio. Entre os datos destaca a alta porcentaxe de subvencións que recibiu o concello no que se refire ás axudas para a incorporación de mozos e de plans de mellora. De feito, Friol […]

A praga da couza da pataca débese á importación masiva e á política de “brazos cruzados” da Xunta

O portavoz de Agricultura, Xosé Luís Rivas, criticou a política de “brazos cruzados” da Xunta de Galiza en relación á praga da couza guatemalteca que afecta á produción de pataca e que ten en xaque aos produtores de 31 concellos en Ferrolterra e na Mariña lucense. O deputado do Bloque atribuíu a chegada da couza […]

O BNG pide celeridade no pago das indemnizacións polos ataques dos lobos cubrindo todos os danos

O portavoz parlamentario de Agricultura, Xosé Luís Rivas, reclamou á Xunta no Parlamento celeridade no pago das axudas ás explotacións gandeiras que se viron afectadas por ataques de lobo no concello de Vilasantar, que están sendo obxecto de acoso por este animal cun balance de 143 animais mortos só nunha única explotación en catro anos. […]

Mini demanda un plan de limpeza de montes e esixe que o orzamento se execute na súa totalidade

O portavoz de Agricultura, Xosé Luís Rivas, reclamou ao goberno un plan de limpeza de montes “en tempo e forma” para que non volva quedar sen executar o 20% do orzamento presupostado, -15 millóns de euros en 2016-, e non sexan rexeitadas por defecto de forma máis da metade das solicitudes de axudas dun total […]