As empresas pontevedresas destacan o éxito comercial da misión a México

O alcalde mantivo esta mañá un encontro cos empresarios que participaron na misión institucional e comercial a Cidade de Mexico a finais do mes de agosto para facer balance e confirmar os bos resultados empresariais que a misión tivo nas empresas locais. De feito, algún deles xa anunciou a intención de volver a participar noutra […]

“Amamos os coches pero cada un no seu sitio”, subliña Lores

“Non estamos contra os coches… é máis, aos pontevedreses nos gustan os coches, temos un altísimo índice de motorización. Son un invento estupendo pero temos que situalos onde non fagan daño as nosas cidades. Amamos os coches pero cada un no seu sitio”. Así puntualizaba o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, ante as preguntas dun […]

Tres pontevedras en México?

Un senador mexicano lanzou a idea de seleccionar tres espazos urbanos en calquera lugar do país para facer réplicas do modelo Pontevedra de xestión da mobilidade. Foi Francisco de Palma Búrquez, presidente da Comisión de Desenvolvemento Urbano do Senado da República de México, quen convidou ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores a expoñer o modelo […]

Pontevedra sona a doce en León (Guanajuato)

“Doce para os nosos ouvidos”. Con esta frase engaiolante resumiu o primeiro síndico da cidade de León (1,8 millóns de habitantes) o modelo de Pontevedra tras escoitar as primeiras palabras do alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores nunha xuntanza na que participaron os técnicos de desenvolvemento urbano e varios concelleiros. Foi unha sesión en paralelo […]

Xornada formativa sobre o comercio exterior da man da Embaixada de México

O Concello de Pontevedra organiza unha segunda xornada formativa para abordar as transaccións económicas co exterior, en concreto, con México, no marco da misión institucional-comercial que o Concello está a promover para finais de agosto a Cidade de México, e para o que xa están confirmadas dez empresas e entidades públicas. Esta segunda xornada formativa […]

Dez empresas confirmaron a súa participación na delegación comercial a México

O Concello de Pontevedra confirmou hoxe as dez primeiras empresas e entidades que formarán parte da delegación comercial que Pontevedra trasladará á Cidade de México a finais de agosto para participar en Expopymes CDMX 2017. Os seus representantes tiveron un almorzo de traballo co alcalde e a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías no […]

México coñecerá polo miúdo un modelo urbano que xera un modelo de convivencia exemplar

Avanzan os preparativos da viaxe a Mèxico. O alcalde Miguel Fernández Lores e a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, recibiron e mantiveron unha reunión de traballo co secretario técnico da Comisión de Desenvolvemento Urbano e Ordenación Territorial do Senado de México, Fernando Cota Acuña, que aproveita a súa estancia privada en Pontevedra para […]