Xornada contra a mina de Touro-O Pino, este sábado, para debater sobre un problema que é de todos/as

Persoas implicadas de forma moi activa na loita contra a minaría en diferentes lugares de Galiza daranse cita este sábado, 13 de xaneiro, no Pino, para intercambiar experiencias, poñer en común puntos de vista e debater sobre os efectos deste tipo de explotacións. O evento, organizado pola eurodeputada Lídia Senra, está concibido ademais para arroupar á plataforma […]

Feijóo ten que defender os intereses de Galiza, non os da multinacional que quere abrir a mina de Touro

O BNG activa unha estratexia de oposición, denuncia, mobilización e información social contra a reapertura da mina de Touro a través dos concelleiros e das concelleiras dos municipios afectados por este proxecto de megaminería espoliadora e contaminante, que afecta aos concellos de Touro e O Pino, pero tamén ten efectos directos nos concellos limítrofes e […]

A mina de Touro é un risco para o río Ulla, para tecido produtivo local e para a saúde das persoas

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas demandou hoxe, a través dunha proposición non de lei, “denegar a reapertura da actividade mineira nos concellos de Touro e O Pino presentada pola empresa Cobre San Rafael S.L polo impacto negativo sobre a economía  e  o río Ulla”. Nesta liña, o deputado afirmou que non pode ser […]

Lídia Senra denuncia na UE o proxecto mineiro de Erimsa que elimina postos de traballo na comarca de Ordes

A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar no Parlamento Europeo o proxecto mineiro de extracción de seixo que pretende levar a cabo a empresa norueguesa Erimsa na comarca de Ordes e que afectaría na súa maior parte e na fase inicial a Xanceda, no concello de Mesía. Concretamente, Senra […]