Obxectivo, mellorar a mobilidade na contorna do IES Torrente Ballester

A Xunta de Goberno local deu hoxe luz verde á contratación da obra de mellora da mobilidade e seguranza peonil na contorna do IES Torrente Ballestar. O portavoz do Goberno local e concelleiro responsábel de Contratación, Raimundo González, informou que o proxecto sae a licitación por un importe de 241.349,90 euros e que a obra […]

A deputación anuncia unha liña de axudas para que os concellos redacten plans de mobilidade sustentable

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe que a Deputación de Pontevedra subvencionará a redacción de Plans de Mobilidade Sustentable (PMS) a todos os concellos da provincia. O nacionalista destacou que o obxectivo desta liña de axudas provincial é que os municipios conten con ferramentas e documentos estratéxicos que fagan unha diagnose da […]

Pontevedra chega a Corea para recoller o premio das Cittaslow pola súa mobilidade

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores chegou hoxe a Seúl, Corea do Sur, para recibir un novo premio ao modelo de cidade. Nesta ocasión vén da man de Cittaslow, International network of cities where living is easy que celebra na cidade coreana de Jeonju, o World slowness forum & awards 2017, o día […]

Os ‘LOMBOS’ do plan móvese da deputación chegan a Soutomaior

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra está a executar a instalación dunha ducia de pasos de peóns sobreelevados e redutores físicos de velocidade para calmar o tráfico en tres estradas provinciais que pasan polo termo municipal do Concello de Soutomaior. Estes elementos foran solicitados polo goberno local ao abeiro do Plan de Mobilidade […]

Vía libre para as obras para a mellora do cruce da estrada provincial entre Cerquido e Borraliño en Salceda de Caselas

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou hoxe que a Deputación provincial resolverá este venres no Pleno ordinario as alegacións presentadas ás expropiacións do proxecto de mellora da seguranza viaria na EP-2503 entre Cerquido e Borraliño no Concello de Salceda de Caselas.  A Corporación aprobará definitivamente o proxecto, que ten un orzamento de 115.745 […]

Ana Pontón: “Cando cremos nas nosas posibilidades somos quen de pór a andar modelos únicos e avanzados”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou o sábado en Pontevedra que cando os galegos e galegas cren nas súas posibilidades “somos quen de pór en práctica modelos únicos e avanzados” tales como o ‘modelo Pontevedra’ de mobilidade e a compostaxe como sistema de xestión do lixo, que a día de hoxe son claves […]

Estudo de mobilidade da DEPO propón duplicar as áreas peonís do núcleo de Mondariz

O Estudo de Mobilidade e Espazos Públicos de Mondariz, documento encargado pola Deputación de Pontevedra para ordenar o espazo público e o tráfico da vila, propón duplicar as áreas peonís do núcleo urbano e crear un gran salón comercial que permita dinamizar a economía local. O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, explicou que “o […]

O estudo de mobilidade da DEPO propón pechar ao tráfico o Casvo Vello de A Guarda

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, presentou hoxe as conclusións do Estudo de Mobilidade e Espazos Públicos encargado pola Deputación para o núcleo urbano de A Guarda. Este documento -unha folla de ruta a curto, medio e longo prazo para que o Concello poida ordenar o espazo público da vila de forma eficiente- propón […]

A DEPO completa a equipa técnica do Departamento de Mobilidade cun novo director e xefe de servizo

A Deputación de Pontevedra vén de completar a dirección do Departamento de Mobilidade con dúas novas incorporacións que dirixirán tecnicamente o traballo nas infraestruturas viarias provinciais. Dende agora, o novo xefe de servizo de Mobilidade, responsable da área de Planificación e Proxectos, será Francisco Alonso Fernández, mentres que o novo director será Daniel Romay, que traballará […]

Peóns e ciclistas danse a man na Coruña para gañar  espazo aos coches

Por Erik Dobaño Gañar espazo aos coches no asfalto e deixar todo o espazo das beirarrúas para os peóns. Unha proposición simple e suficiente para Roberto Rilo (Bos Aires, 1962), presidente da Asociación Ciclista Crunia e funcionario de profesión, e Luis García Gómez (A Coruña, 1946), representante da Asociación Galega para a Prevención do Glaucoma […]

A Deputación abre a convocatoria para o posto de Dirección do Servizo Provincial de Mobilidade

A Deputación de Pontevedra vén de abrir a convocatoria para cubrir o posto de dirección da área provincial de Mobilidade. Dende hoxe e durante 15 días hábiles os aspirantes poden presentar as súas solicitudes, que deben ir acompañadas dun proxecto de dirección e organización para o servizo. Segundo destaca o deputado Uxío Benítez, a intención […]

Uxío Benítez: “Queremos converter Ponteareas en exemplo de mobilidade sustentable”

O estudo marcará as directrices para investir os fondos europeos Edusi obtidos polo Concello “Queremos converter Ponteareas nun exemplo de mobilidade sustentable”. Así de claro foi hoxe o deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, na presentación do Estudo de Mobilidade que financiará a Deputación e deseñará os criterios de actuación en materia de mobilidade que debe seguir o goberno […]

O Concello celebra o Día Sen Coche con exposicións, charlas e actividades en Príncipe

O Concello de Vigo súmase á celebración do Día Sen Coche con numerosas actividades na rúa do Príncipe, en horario de mañá e tarde, como unha exposición de vehículos eléctricos (coches, bicicletas, vehículos de mobilidade reducida…) que ademais farán un percorrido pola cidade para pechar esta xornada. O alcalde, quen recordou que o seu coche […]

Actividades no “Día Sen Coche” dentro da Semana Europea da Mobilidade

POR UNHA MOBILIDADE INTELIXENTE: UNHA ECONOMÍA FORTE Vigo celebra o dia 22 de setembro o “Día Sen Coche” con decenas de actividades y numerosas charlas, que se desenvolverán na Rúa do Príncipe, dende A Farola ata a Porta do Sol, en horario de 11:30 a 14:00 horas pola mañá e de 16:30 a 19:30 horas […]